A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ANO NOVO VIDA NOVA
Ano novo din que vida nova, o conto é se a vida que din nova é mellor cá que se quedou atrais, non sempre o novo é mellor có vello, tamén é certo que de cando en cando e bo cambiar anque non sexa mais que pola novidade, por eso cada trescentos e pico de dias coas súas correspondentes noites mudamos de ano, a pesar de que un dos refráns máis socorridos di aquello tan noxento de que “máis vale malo coñecido ca bo por coñecer”, pois non e asi, eu cambiaria a cousa e diria que e millorr coñecer o novo, ó que se lle pode aplicar o de que “todo mundo é inocente mentras non se demostre o contrario” ca aguantar o malo coñecido, craro que o devandito refrán ten tradición retranqueira na politica local da nosa bisbarra.
Tampouco esta vez nos tocou o gordo de Nadal, o asunto económico desta bisbarra, que salvo algunhas pequenas cousas, xira entorno á construcción esta temblando e pendente dunha corda de equilibrista, e como as desgracias nunca veñen soias ala pola esquerda do mapa, en terras de Ferrol Terra e Arteixo , empezan a sair nos papeis certas tramas urbanisticas montadas entre politicos e técnicos de moitos concellos deste pais. Mugardos e agora Arteixo, pero máis de ducia e media de concellos parecen estar tras da orella da fiscalia especializada en delitos urbanísticos e o seu fiscal xefe Antonio Roma .Ó parecer algúns deste norde de Lugo o que lles deu por chamar A Mariña , cazicadas e trampas, como as bruxas por aquí "habelas hainas".
O certo é que os rumores no noso eran de fai bastentes anos e moi soadas as extranas maniobras urbanísticas. É evidente que cando existe un certo grupo de cidadáns fartos, e que continuamente están denunciando ilegalidades manifestas, no fondo é que algo deso hai de certo, Obras paralizadas decretos a punto de ser firmados por dependencias da Xunta anunciando o derribo de varias alturas en edificios, denuncias de urbanismo da Xunta na Audiencia, e outras lindezas.
Dice un bo amigo meu que cando nos paramos a analizar o urbanismo do norte de Galicia existen varios tipos de alcaldes responsables do desaguisado:Alcalde- pillaban, Alcalde- promotor, e Alcalde- cego, de todos eles temos e tivemos exemplos na nosa bisbarra, calquer tipo deses son igual de responsables das desfeitas urbanisticas que sofrimos. Uns deixan facer e firman coa deita e recollen co esquerda o mesmo tempo, outros adicanse ou adicaronse directamente ó negocio e votando a favor das suas obras sin que lles caese a cara de vergoña, e os ultimos están cegos, non recollen nada pero deixan facer, a estes últimos un tenlles, quizais maior inquina.
Outro tema tan importante como o dos politicos é a mezcla entre tecnicos municipais e empresas, despachos e estudos profesionais, tecnicos municipaisl que se adica a levar as obras de constructores locais ou comarcais , entramados familiares, sociedades e estudios de arquitectura vinculadas a funcionarios do concello que acaban recibindo a dedo encargos de proxectos recomendados polo Concello.

A verdade é que toda este tipo de entramados son habituais o que pasa é que ate agora se fixo a vista gorda pero a presión social vai demandando que esto remate, son entramados na liña do que se destapou en Mugardos, a dedución de que esto constitue un patrón noutros concellos creo que xa non vai sorprender a ninguen. Agardemos que estas actuacions da fiscalia non se queden en meros golpes de efecto, e sirvan para deter dunha vez esta espiral de delincuencia organizada entre politicos e ladrillo.

Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-01-2008 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Non poido estar máis da cordo contigo, Regal. Parece que unha vez quitaches a camiseta do PSOE, voltas a selo mesmo... o que quer dicir, que voltas a aplicalo sentido común. Noutrora defendías o indefendíbel.
Hai que dicir que esa foto pertence a unha obra que é unha vergoña. Iso non o fai nin Aja. Olliño, que creo que vai traer cola esa obra e outras que están ao cae#blgtk08#r, e parece ser que Roel non vai sair moi ben parado. ¿Paréceche normal que habendo arquitecto municipal e aparelladores, Roel teña contratado un arquitecto externo pra informare as licenzas urbanísticas que se están a outorgar, moitas delas ainda por silenzo administrativo? Regal, hai que tirar da manta que estes van sair moito pior parados que os outros, e senón ao tempo.
Comentario por Ivan (08-01-2008 16:26)
2 Hoxe na Mariña estamos vivindo unha encrucillada. Dunha parte, temos o camiño que nos ofrece o clan do formigón, formada por boa parte das elites gobernantes e as grandes empresas inmobiliarias e construtoras, que pretenden converter á Mariña nun solar ocupado por edificios e urbanizacións. Doutra, temos o camiño dun desenvolvemento que respecte, coide e trate con intelixencia o noso territorio, as nosas paisaxes tradicionais, os nosos valores culturais e sociais, os nosos recursos naturais, a nosa biodiversidade e a nosa calidade de vida.


Para todos os que estamos hoxe aquí lendo esta web a elección é clara: urxe un xiro de 180º no modelo de desenvolvemento que se pretende impoñer no noso territorio. Véndenos un crecemento baseado no ladrillo e que resulta canceríxeno por desmesurado. Está ao servizo do enriquecemento rápido dunha minoría e plagado de abundantes operacións corruptas e irregularidades, como se demostra co longo listado de casos que están sendo investigados nos tribunais e na Fiscalía.

Esta explosión urbanística ameaza o corazón mesmo do Estado de Dereito, do funcionamento democrático e da liberdade, porque se está realizando á marxe dos cidadáns, intentando acalar as voces críticas, anulando o debate e anulando ao máximo os mecanismos de control e participación democráticos. Que isto é moito máis que un risco hipotético, demóstrano o abuso de figuras como o Plan xeral de Ordenación Municipal (PXOM)que en periodo de realizacion ou carecendo de el, deixa cidadáns indefensos.


Con todo, pese ao desigual do balance, os cidadáns deste norte de Lugo estamos dicindo alto e claro ao goberno da Xunta de Galicia, aos alcaldes e concelleiros, ás grandes empresas inmobiliarias e a todos os profetas que falan no nome do progreso, , que non imos permitir que se nos roube o noso territorio, nin o noso patrimonio ambiental, nin as paisaxes nos que crecemos e que constitúen unha parte esencial de nós mesmos, nin os elementos culturais e sociais que so#blgtk08#n inseparables da nosa identidade persoal e colectiva e da nosa forma de entender e gozar unha verdadeira calidade de vida.


E hora xa de loitar contra este monocultivo do Formigón ,: Denunciando ante a cidadanía os numerosos casos de corrupción e irregularidades.

Entre todos, podemos conquerir que fronte ao tsunami urbanístico que abordela a bisbarra, estea crecendo unha imparable marea de resistencia cidadá, que os profetas do ladrillo non se esperaban.


Hoxe dicimos unha vez máis que na costa de Lugo non hai sitio para os especuladores nin para os gobernos Municipaes que aplanan o camiño ás escavadoras, destruíndo paisaxes, espazos naturais e patrimonios culturais mantidos desde séculos.
Os nosos concellos en vez de adicarse a defender os intereses xerais de todos os cidadáns, dedícase a exercer de avogado e oficina de vendas das empresas promotoras e inmobiliarias.

Desde aquí lanzamos unha mensaxe os concellos deste norte gallego en xeral e a os seus alcaldes coa a súa demagoxia, dicímoslles que os cidadáns non imos consentir o seu desprezo polo territorio, polo patrimonio ambiental, cultural e social e polos intereses xerais de todos os veciños , e a súa servidume ao club do ladrillo e do enriquecemento rápido.

Aos concelleiros, dicímoslles que imos tomar boa nota de quen está defendendo un modelo de desenvolvemento razoable e baseado na conservación intelixente dos recursos, e quen está vendendo o seu municipio e as súas xentes ao mellor postor, por un prato de lentellas.

E finalmente dicímoslles ás empresas inmobiliarias, construtoras e promotoras, que quen han de debuxar e decidir que futuro e que tipo de desenvolvemento queremos, non son elas, senón todos os cidadáns a través de procesos democráticos. Aquí non caben empresas que ameazan a cidadáns e institucións para obrigalos a dobregarse aos seus intereses, como intentaron moitas empresas . Vostedes sobran nesta terra.

Comentario por VECIÑOS CABREADOS (09-01-2008 11:06)
3 Sintoe moito Ivan, pero eu non son ningun virachaquetas, o que pasa e que non estades acostumados a que un, anque sexa do que sexa diga as verdades ou como decia#blgtk08# meu abó cante as corenta en bastos a amigos e a enemigos....Por certo Aja facia esto e moito mais......e o prototipo de un dos alcaldes tipo do articuliño......
Comentario por Otero Regal (09-01-2008 11:09)
4 ¿quen é o responsable politico desta obra?
Roel di que foi Aja,#blgtk08# que todo xa estaba amañado, e Aja, que foi Roel, ¿qen me aclara isto?
Comentario por carlos (09-01-2008 18:21)
5 A dos meses de las próximas elecciones , los grandes partidos, PP PSOE y BLOQUE, sufren un import#blgtk08#ante deterioro en su imagen pública a cuenta de la gestión urbanística de sus dirigentes locales .
Comentario por Alcoa (10-01-2008 07:51)
6 La concesión de permisos para obras en terrenos no urbanizables es una#blgtk08# de las prácticas más habituales en el urbanismo corrupto de A MARIÑA.
Comentario por Barreiros (10-01-2008 07:59)
7 O rresponsábel político desa obra foi e é Roel, xa que contradicindo informes dos técnicos que non permitían esa edificación xa que patrimonio non a autorizaba, íl deu licencia. O Bunito é que dese mamotreto de dificio no se autorizara por parte de Patrimonio nin o derrubo das edificacións anteriores.
Se queres informarte b#blgtk08#en do que pasou, con ducomentación e todo, recoméndoche este enlace:
http://viveirodebate.blogspot.com/2007/03/desastre-urbanstico-bipartitoo-algo.html

ou estoutro:
http://viveirodebate.blogspot.com/2007/09/great-pretender.html

Ahí parece que esta a verdade con pelos e sinais.
Comentario por Ricardo (10-01-2008 16:19)
8 Cando mirei esta foto púxenme a pensar, e eu que non son experto non comprendo como na vila de covas á que hoxe lle toca, poden pasar estas cousas. Alá polo ano 1998, aquel edificio do cuartel que tanto deu que falar por meterse na carretera que ata foi motivo de comparsa no carnaval, non se amaña; se nón que tempo adiante tiran a casa do lado e fan outro á mesma altura. Claro, ese xa non ten crítica. Logo, as xentes falan, falan e falan, pero na curva de Granxas fan un e con tan pouca vergoña deixan a farola dentro, supoño que pra mofarse do pobo; pero, eu non entendo tampouco como se pode deixar facer máis adiante o tellado a un edificio que logo , despois de estar un ano parado hai que tiralo (o tellado e máis un piso) e é moi posible que teña que pagar o pobo. ¿Onde estaban as autoridades? ou ¿seria a mala pata de que nun mal momento pasou a finca colindante á Igrexa ou Patrimonio? Eu non entendo, pero... digo eu: ¿tiraríase igual se as dueñas vivisen 6 anos máis?
En canto ó edificio da foto, pregúntome eu: porque non protestan os representantes da igrexa que son os máis afectados, e si non podían cobrar algo por acceder ó solar do antigo cem#blgtk08#iterio onde repousan os antepasados de Covas, por depositar escombro e material para esa mesma obra estorbando, enlamando e estropeando os accesos á Igrexa dos veciños que asisten ós cultos??
Tamén, en canto ó tema do urbanismo, pregúntome como é que fai un tempo querían tirar a caseta do río de Loiba (Pazo da Raia), por estar cerca do paseo marítimo; pero logo, deixan facer 4 chalés maxestuosos con piscina á mesma distancia da costa.E un pouco antes, a 400 metros dalí,un propietario de hotel cerra a propiedade encima do mar sen deixar paso ó libre andar da xente usuaria do "libre" disfrute dos bens públicos. Mentres que os propietarios qu e hai entre hotel e caseta teñen os palés de bloque postos nos solares, pois non poden cerrar inda deixando a mesma distancia ou algo máis ca estes dous e tendo incluso as súas vivendas afectadas? Debe ser que eu non entendo moito, pero supoño que todo esto deben ser cousas de Deus porque o que ten padriño xa se sabe o que lle pasa... Xa que despois de moita parola, e máis parola inda non vin outra cousa ca mentres uns se poñen dacordo outros contan os cartos e cando se acabe este choio, a "otra cosa, mariposa".
Comentario por un pouco dado (14-01-2008 21:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal