A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FALANDO DO LUME
Arde galiza polos catro costados...os esforzos non son de abondos...nunca son sufecentes....quizabes o enfoque este equibocado...quizabes o asunto non e adicar xente e cartos a esgallo a apagar os lumes.
O asunto esta mal torcido dende o empezo....os montes galegos deixaron de cumprir a funcion que tiveron perante seculos, xa non e necesaria a sua leña, os seu molime, os toxos, e o mundo labrego brila pola sua ausencia, si quedan....cando quedan son catro e a caixa e adicanse a ganderia, catro prados , pienso de milo trasxenico de os USA e o demais comedia e subencios da Europa....ese e o problema...as coudsas cando perden a funcion utilitaria desaparecen, como a artesania utilitaria, como as festas.................¿Que facemos logo? POis a solucion dende logo e ben dificil..si eu tuvera a soluccion a bon seguro que era o conselleiro en vede de Canal............Quizabes teriamos que ir pensando nunha repoboacion do mundo agrario, quizabes en planificar queimas controladas como fan no Canada...,dende logo o de agora e todo menos acertado.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-08-2006 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal