A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

¿CAMBIOS NA MARIÑA PARA O 2008?
¿Cantos desexos que un se fai o dia 31 de decembro se realizaran no ano seguinte? Cada fin de ano e comenzo do seguinte, todo fillo de veciño procura planificar o futuro, buscando seguir un roteiro lóxico e realista.
Todos queremos as mesmas cousas. As persoas cantan e berran nas festas e nas ruas "Adeus Ano Vello, Feliz Ano Novo, que todo se realize no ano que vai nacer. Moito diñeiro no bolso, saúde para dar e vender". Dende logo eso é importantísimo. Con diñeiro no bolso, nesta recesión, a maioria dos problemas de todo mariñan que se precie estarian resoltos. A saúde , é fundamental. Pero ter diñeiro, non todas as veces, pero bastantes ten que ver tamen coa boa saude.
E certo tamén que non todos nos plantexamos unha restructuracion rixida do novo ano, pero polo menos debemos saber que obxetivos queremos atingir no ano, senon ficamos "correndo atrás do vento" sen chegar a lugar algún. As previsións optimistas duns e pesimistas doutros para o ano 2008, na área económica. ¿Serán ou non seran? ¿Deixaran de venderse pisos a madrileños e similares? E por outra ¿Alcanzaremos a soñada paz ? E as elecións de Marzo, ¿van mudar algunha cousa?
As preguntas ó respecto da nosa terra e do mundo son infinitas, pero dunha vez temos que caer do burro. Non podemos mudar o mundo, soio esta nas nosas mans poder influenciar as persoas do noso redor e facer o "noso mundiño" un pouco mellor com moitas dificultades e zancadillas.
Ano novo, vida nova pero toda mudanza requere sacrifícios. Quizais vostede precise deixar un vício ou costume que está perxudicando a sua saúde física e a emocional da sua família. Quizais precise ollar mais para os outros e menos para o seu ombigo, para aprender a ser agradable cos demais. Quizaies queira deixar ese traballo que ten sido un peso na sua vida e correr atrás de unha carreira nova. Non sei eu. Pero vostede si que o sabe!
Pero a bon seguro que algunhas das mudanzas que a nosa bisbarra espera con necesidade para encarar un futuro mellor, tampouco este ano veñen nas alforxas dos reises magos. ¿Quere A mariña ser unha comarca competitiva e con futuro o próximo ano? Pois para elo é preciso que as comunicacións por estrada entre A Espiñeira e Castelo e de Castelo a Ferrol se poñan a andar e fiquen nun prazo maximo de tres anos, tamén é preciso un tren que seña tal, e non un de xoguete como o de agora que nos una radialmente co resto do pais e co norte, tanto para viaxeiros como para mercadurias, e como ven non falo de AVES sinon dun tren, que se construan dunha vez por todas este ano os polígonos industriais de Ribadeo e Viveiro, que se mellore adecuadamente e non con remendos como agora, a carretera de A Gañidoira, que se amplie e dote adecuadamente tanto de tecnoloxia como de persoal o hospital, que se acerque a administración os administrados non soio de boquilla si non de certo como no caso do PAC de Foz, que dunha vez por todas lles caia enrriba o palomo do Espiritu Santo ós nosos políticos da bisbarra e gobernen e se diexen de fotos e comunicados nos papeis, que conten co pobo, cos sectores que o configuran, pequena industria, comercio, turismo, territorio que creen comisións, patronatos ou como queiran chamarlle , pero non para figurar senon para planificar, pois si eles son unhos mediocres con axuda ainda poden mellorar. E sobre todo e hora que os partidos políticos faigan unha liquidación de existencias caducas e ineficaces e poñan a gobernar a xente con miolos que reclame e esixa todo o antes dito. Si esto e outras cousas se levasen a cavo outro galo nos cantaria no ano 2008, pero, sintoi polo meu pesimismo nestas datas, moito me creo que as cosas seguiran igual ou parecido. Que teñan um feliz ano novo e unha vida moito mellor!

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2007 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Feliz 2008, Regal. Que este ano entrante te manteña nese ton crítico contra este desgoberno socialista.
Por certo, en ViveiroDebate utilizante coma fonte por un artigo teu sobre a concelleira de torismo. Parece que últimamente estades en muy boa sintonía... cecáis porque estes gobernantes tan medio#blgtk08#cres que temos, xa non enganan a ninguén. Todo o mundo coincide no mesmo... temos uns políticos que son un desastre, incluidos os concelleiros do PP, que teñen un portavoz que o caladiño número un. Non di nada o tipo co que está caendo. Din que non sabe por onde anda, e cada día que pasa parece máis certo.
Comentario por rosa (31-12-2007 18:36)
2 Ánimo Regal, que xa vemos que os teus artigos solo benefician a dereita reaccionaria e montuna, veña, dalle#blgtk08# caña á esquerda que o seu poder pende dun fío,e así podes manterte no candeleiro criticando por criticar.
Comentario por REBELDE (03-01-2008 02:08)
3 O tema da Marinha e a sua deficiente comunicaçom, a sua inminente desestruturaçom com os cámbios económicos que se avizinham...complexo #blgtk08#tema, mas acho que as três principais forças políticas tenhem mais ou menos as mesmas posturas a respeito disto como doutras questons...
Comentario por tangaranho (03-01-2008 13:46)
4 nfraestructuras de comunicación como las carreteras o ferrocarriles y, por supuesto, tecnológicas como la informática o #blgtk08#las aplicadas a los procesos de transformación de nuestros productos para aprovechar en origen los incrementos de valor.
Comentario por Elias (04-01-2008 20:45)
5 La sección sindical de UGT de Feve en Lugo explicó los motivos de la convocatoria, por la «actitud prepotente de la nueva dirección de la empresa, del Ministerio de Fomento». Las quejas son claras: «Denunciamos el deterioro constante del servicio ferroviario con el cierre unilateral de estaciones y despachos de billetes, lo que conlleva limitación y eliminación de servicios tan importantes como información, venta y renovación de títulos de transporte; cier#blgtk08#re de salas de espera, servicios higiénicos y pérdida de calidad e imagen, que se traduce en pérdida de usuarios y falta de captación de otros».

Las críticas se centran en la implantación del «agente único» en los trenes, que a juicio del comité implicará un deterioro aún mayor en las prestaciones del tren: «Además de la carencia del servicio al viajero a bordo, provoca un riesgo inherente en la seguridad en la circulación», manifiesta UGT.
Comentario por FEVE-UGT (04-01-2008 20:48)
6 Hay textos de izquierdistas que a uno le recuerdan que entre ellos tam#blgtk08#bién hay personas sensatas. A Regal ¿Cuánto tardarán en excomulgarle?
Comentario por bicho (04-01-2008 20:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal