A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

¿FELICES POR DECRETO?
¿FELICES POR DECRETO?
O Nadal na nosa bisbarra encerra múltiples tradicións que, por costume, asumimos ano tras ano sin preguntarnos, moitas veces, que significado teñen no conxunto de celebracións que marcan estas datas.
Adornamos todo aquello que teñamos a man, lucecitas de cores,o nacemento, a árbore ou a estrela; a chegada de Papá Noel, os Santos Inocentes, a celebración do Fin de Ano ou a visita dos Reis Magos.
O certo é que tamén, neste caso olvidamos o noso para enseguida coller costumes do alleo , nesta franxa galega do Cantabrico existian antes de todo isto tradicións destas datas como a do tizón, cachopo ou cepo de nadal, así como as relacionadas coa gastronomía .
I é que o Nadal galego ancestral, insertado na tradición cristiá desde o século IV, ten tamén unha palpable relación agraria, cando o labrego ou o mariñeiro –debido ó mal tempo e ós días curtos- concentra o seu esforzo en traballos artesanais dentro da casa ou en labores como a matanza do porco. Avós, fillos, netos… reúnense a carón do lume onde, según os contos, tamén se congregaban as ánimas dos antepasados mortos na Noiteboa. Costumes que, xunto cos cantos, os donativos…, conforman as tradicións nadaleiras que hoxe pouco se conservan.
A pesar de todo o dito dende aquí echazo a falsa creencia de que en Nadal hai que ser felices por narices. Cos anos as nosas persoas queridas, bisabos, abos, tios van esmorecendo no recordo e no Nadal para mín supoñen unha regresión á infancia , e iso acarreame tristura e melancolía que me proporcionan momentos de absoluta soedade. Ainda que esteña rodeado dos meus ,anque na rúa o ambiente invite o lecer anque as tendas esteñan a rebosar ,anque cenas e comiolas sucédanse de maneira irracional, a mín revéntame o Nadal.
Renego do Nadal polo seu componente consumista e por esa obligación de ter que estar ledos, ser bos, y máis felices que nunca. Só pensar que hai que divertirse por decreto fai que o meu estado de animo caia en picado. A nostalxia invádeme e comenzo a ter unha vision negativa de cousas que me rodean, Si vou pola rua e vexo a xente cargada de bolsas deprimome e so quero encerrarme en min mesmo. O único que me apetece e seguir coa miña vida normal, quedar coa xente que Quero e sair ou convivir con eles como calquier día del ano, como soio facer habitualmente. E sobre todo , sobre todo, o que más deseo e que o reloxio corra e se leve o que queda de Nadal dunha vez.
Confeso que son outro a partir do 7 de Xaneiro, dia de San Xulian o santo con escopeta que era o patron do recuncho donde nacin.
Ademais esta a obligación dos regalos: reventame ter que mercar algo por mercar,sin saber a veces nin o que vas a regalar....coas tendas a rebosar,coas ruas cheas de xentes que soio ese dia che sorrin e dicen cusas como feliz Nadal, feliz ano e cousas similares colas interminables para que che envolvan cousas quetremes non van a gustar. Pero ,¡ hai que regalar.! Estresame moito , estresame tanto que todo soio deixalo para o final ....e o final e que anque renego do Nadal acabo facendo 0 que fai todo o mundo, faigo CEAS, como turrón, e faigo regalos a tutiplé. E SOBRE TODO, ENCÁNTAME QUE ME REGALEN
Pero, a pesar das miñas contradicions, que son moitas e moi variadas negome a ter que ser feliz por decreto.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-12-2007 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Encántame este tempo do ano, xa desde sempre. Teño un mogollón de recordos moi ledos e entrañables.#blgtk08# Si, gústame, non o poido remediar, pero… non creo no Nadal, polo menos o que se nos quere vender.
Comentario por VALIN (29-12-2007 11:28)
2 O Nadal está perdendo as súas datas de celebración, cada ano atopas máis cedo nos supermercados os turróns, polvoróns, mantecados e demais doces. De feito este ano, xa a finais de outubro, o que me queda máis preto mudaba de#blgtk08# sitio aos cruasáns, palmeritas e demais larpeiradas para colocar no seu sitio os doces típicos de Nadal. Non me puiden resistir e merquei turrón de chocolate, pero daí non paso: o turrón, turrón, para Noiteboa, coma sempre.
Comentario por DENDE CORUÑA (29-12-2007 11:29)
3 Todos coma posesos consumindo, empurrandose...., pero o que máis me abrallou foi que había un bebé na súa cadeira chorando coma un poseso porque tiña unha caixa enriba del mentres a súa irmá duns 3 ou 4 anos intentaba quitarlla para alivialo. Eu #blgtk08#pergunteille a nena se quería que a axudara e ela dixo que si, polo que lle quitei a caixa de enriba do neno, o cal deixo automaticamente de chorar ao non sentir o peso da mesma. Pergunteille á nena polos seus pais e me dixo que viñan nun intre.
Comentario por bilisco (29-12-2007 11:31)
4 Eu non sei cara onde vai a humanidade, o que sei é que non che me gusta nada o que contas...unha vergoña mái#blgtk08#s.

Unha razón máis para detestar o nadal,(e non tiña poucas xa)

Saúdos
Comentario por A CORUXADA (29-12-2007 11:31)
5 o único q me gusta no na#blgtk08#dal son os festivos....
Comentario por A (29-12-2007 11:34)
6 Pues a mí lo que me jode es tener que pagar impuestos, y eso SÍ que hay que hacerlo por decreto, te guste o no. Será que como buen liberal y amante del individualismo desconfío del Estad#blgtk08#o (Estado, Junta de Galicia, Ayuntamiento etc.)

Como sé que a tí eso de pagar al fisco te gusta, Alfonsito, ¿te importaría pagarlos por mí? A lo mejor eso te haría feliz.
Comentario por Liberto (31-12-2007 21:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal