A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

COMERCIANTES DA MARIÑA

Os foros de debate que se están a celebrar no Casino de Viveiro, debatiron a semana pasada encol do comercio na bisbarra.A pesares de que fun un dos ponentes do mesmo quedaronme algunhas cousas no tinteiro e tamén sucedeu no mesmo unha intervención da concellala do sector en Viveiro que merece unha reflexión.
O sector da distribución comercial desenvolve un papel fundamental na economía
da bisbarra, tanto no que respecta á súa participación na creación de riqueza como no tocante ó
número de empregos que xera..
No aspecto negativo da situación do sector merece destacar que nos atopamos ante uns propietarios do comercio que ou non se atopan preparados ou non teñen a suficiente actitude para se enfrontaren ós cambios que se están a producir na sociedade en xeral e no comercio en particular. Esta conclusión vese corroborada polo que a maioría ten como meta
no exercicio da súa actividade profesional, que é fundamentalmente a de manterse, menos da metade opina que quere seguir medrando, esta particularidade está moi ligada á cultura predominante nos máis xoves, os fillos dos comerciantes tenden a querer ser funcionarios e a non seguir co negocio dos pais.
Como sucede en outros eidos da nosa economia social, aquí tamen se votan as culpas ós de fóra xa que consideran que as maiores preocupacións proveñen do contorno externo ó establecemento: A atracción das medianas e grandes grandes superficies de venda, a competencia e a presión fiscal, por a outra banda o que non ten menor importancias, como pode se-la formación do persoal, as dificultades para o investimento na mellora do establecemento…
Sen ánimo de ser críticos co noso comerciante pero seria moi convinte como en outro tipo de empresa, facer un riguroso estudo de mercado antes de poñer un negocio, formarse no mesmo, e para os xa establecidos estudiar constantemente o contorno no cal se desenvolve a súa actividade, co obxectivo de analiza-las ameazas e as oportunidades que del se desprenden.
Ó comerciante mariñan quizaves lle falta na xestión do seu negocio unha visión máis a fondo das modificacións do seu contorno para adaptarse a el. Así, por exemplo, ante a proliferación das medianas superficies, os comerciantes dispoñen de diferentes estratexias que poden pór en práctica para obter algunha vantaxe competitiva , como poden se-la especialización, unha localización adecuada do establecemento, a asociación con outros establecementos comerciais entre outras.
Como dixen antes , parece como se o comerciante culpase de tódolos seus males a aqueles factores alleos á súa xestión, cando existen unha chea deles que en gran medida dependen de si mesmo e que cunha axeitada planificación poderían converterse nun punto forte do seu negocio, como poden ser unha maior planificación e racionalizacion na xestión do negocio, un maior investimento na adecuación do negocio ás necesidades dos consumidores, un mellor trato, así como unha maior prestación de servicios ós clientes, E para os novos emprendedores unha planificación previa do negocio a montar, e un estudo pormenorizado de todo o que teña que ver con o novo negocio, os seus resgos e as suas virtudes.
Por a outra parte no mencionado foro voltou a poñerse de manifesto o divorcio entre os nosos politicos e o sector, entre o público, donde por certo non se atopaba naide da nova directiva da Asociación do Casco Historico, a pesares de que o seu xerente era un dos ponentes, si estaba a concellala de Comercio: Olga Maria Mendez Carro, que na sua intervención mostrou un desprecio (esa foi a sensación que se percibiu das suas puntualizacions, quedándosnos todos moi abraiados)polo sector digno de mencionar nun libro deses de recordos xa que ante a critica de desatención do sector do comercio por parte do concello, , falta de aparcamento, suciedade nas ruas, ocultación do que se pensa facer no vello malecón de Viveiro, saiu dicindo que as ruas estaban moi limpas xa que se valdeaban tódolos dias, que as “cagadas de cans podian limpalas os comerciantes, que o comercio de Viveiro estaba mal atendido, con malas caras, e peor educación para ficar a sua intervención cunha especie de refrán en donde se facia referencia ó mel as formigas e algo mais que traducido viña a decir que a os comerciantes mellor lles era lamer a man que poñerse feros, pideu mais asociacións de comercantes e votou a decir que o concello non tiña por que axudar a un sector que xenera mais de medio millar de empregos no concello. Pouco ten que comentar as palabras da concelleira, volto a decir aquello de “Que deus nos colla confesados.
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2007 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 A concelleria de Comercio, turismo e non sei cantas cousas máis ten sobradamente acreditado que non vale para o posto onde a puxeron... o pior non é xa que siga eí dando vergoña allea, o pior é que quen a puxo eí a defende porque o que lle interesa non é ter unha concelleira competente, senon unha tipa que se#blgtk08#ña máis mediócre que il pra que non lle faia sombra. Esta é a triste realidade de Viveiro, cando a mediocridade máis descarada manda, de ela a baixo todos iguais ou piores.

Viveiro, viveiriño a retroesquerda ocupa o poder e a cidade afúndese a velocidade do raio con nos dentro...¡manda carallo!
Comentario por rosa (22-12-2007 10:36)
2 tarde piac#blgtk08#hes regal
Comentario por un mais (22-12-2007 23:40)
3 Tampouco e para tanto ou xa esquencestes os anos de Aja e os seus chanchullos, estes non son a gloria#blgtk08# pero os outros chegaran a dar noxo.
Como di Regal, quizabes e que non merecemos outra cousa.
Comentario por Toribio (23-12-2007 08:00)
4 Noxo, noxo, damos agora ¡Cajuen dióla!
Un tipo de alcalde que non respeta ás persoas, xa que a única política que sqabe facer é a do insulto e a da acusación infundada e gratuita coma xa demostrou o Tribunal Supremo de España. Roel está sendo unha desgracia para o pobo.... o dicía a xente que votou ao PP e xa o din tamén os nazionalistas... ago#blgtk08#ra algúns que votaron comunista e socialista tamén están a darse conta do que temos.
Fixaivos na prensa de ontes, arremetendo contra o casco histórico e dando ideas de facer un consello económico e social... eche o paradigma, Roel palabrería, fume e sobre todo atacar aos mais.
¡Teñen razón, oh! ¡Probe Viveiro! ¡Estés comunistas afúndeno!
Comentario por Xoel (23-12-2007 10:14)
5 A concejala dixo o que moitos viveirenses pensamos dende vai moito tempo, e tivo valor para facelo anque vos resulte políticamente incorrecto.
Que época aquela, cando os comerciantes eran os señoritos do pobo, enchían de compradores os seus locais ata o punto de botalos fóra e decirlles que foran a tomar un café ou pasear pola travesía e se lles apetecía que voltasen máis tarde, e logo de facer as compras, víante polas ruas e nin hola che decían.
Que tempos aqueles, cando un clasismo decimonónico irradiaba nos comercios viveirenses, e estabas nun establecemento e logo entraba un con sombreiro - hola señor Bonifacio, como está usted, - María, atiende primero al señor Bonifacio que lleva prisa, e ti quedabas para o último.
Agora #blgtk08#por fortuna, todo o mundo pode ir ata os grandes almacéns e alí compras tres pantalóns por un que compras en Viveiro, porque o comerciante de Viveiro prefire vender un solo, anque tire os outros dous xa saca bastante tajada por un que lle vendeu a un pobre infeliz.
E sin falar dos salarios que gañan os dependentes, nas horas de traballo, nas irregularidades…
E as comisións, están formadas polos concejales que elixiu o pobo mediante sufraxio e dende logo, non se elixiu a asociación casco histórico, e si eso fora aceptado entendería que o concello estaría impulsando o corporativismo, ademais da discriminación doutras asociacións tanto ou máis numerosas ca esta.
Os comerciantes cuspiron forte e alto, e agora estalles a caer.
Comentario por REBELDE (23-12-2007 18:02)
6 Dende logo señor Regal, non sei como se arregla para ter a semellantes foreiros no seu blog, uns co disculpa de que o rio anda turbo, poñen a o goberno de esquerdas a parir ou a caer de un burro, e non e que non teñan algunha razon, que a teñen, pero depaso deixan caer o bon que eran eles e o seu caudi#blgtk08#llo AJÁ, que fixo unha boa buchaca nos 20 anos que atou e desatou o que quixo, outros como o chamado REBELDE, cheira a tolemia e a inorancia, ou e que mirou moitas peliculas ou e tonto do cú, pois eso menuda parroquia e a que ten vostede, mirandoe asi foralle mellor seguir no seminario e facerse cura.
Comentario por Serbando (23-12-2007 19:49)
7 Señor Servando, vostede si que ten grandes argum#blgtk08#entos, estamos abraiados de tan impoluta verba.
Comentario por REBELDE (24-12-2007 02:59)
8 Doulle toda a razón do mundo a Rebelde, pero teño que decirlle que non vaia moitos anos atrais no tema do trato ó cliente porque nese aspecto todo segue #blgtk08#igual, ou pasan de tí ou non teñen mais educación, e pobre daquel que entre nun sitio e non leve nada porque che chaman catrocentas coa boquiña pechada.
Comentario por carlos (24-12-2007 15:51)
9 Paréceme que tanto Rebelde coma Servando, vai anos que non mercan en Viveiro, cecais sexan funcionarios e teñan a tarxeta do corte injles y as tardes libres pra ir mercanren a Coruña,(e ollo que cada un merca onde lle peta que quede craro) eu tamen merco na Coruña e porsuposto tamen merco en Viveiro e non vexo esas gangas de tres pantalons polo prezo dun as prendas de marcas determinadas custan o mesmo na Koru que na calle da #blgtk08#baixo, ahora claro si vades mercar os pantalos que fan nenos en Korea gañando 2 euros o dia para gloria do Sr amancio Ortega a cousa cambea i a calidade do producto non e a mesma. En canto a cara de cocho dalguns dos nosos comerciantes, eso ai de todo, incluso no ambulatoria ai funcionarios con cara de cocho, anque a sra. concelleira pense que so pasa no comercio, como caras de cocho atopas e todolos sitios ata nos cortellos.
Comentario por marroqui (27-12-2007 11:36)
10 En relación a la noticia publicada en La Voz de Galicia (Edición de A Mariña) el pasado sábado 22 de Diciembre de 2007, me gustaría aclarar públicamente mi argumento de "la creación de una comisión mixta para abordar los asuntos relacionadas con el diseño de ciudad y su desarrollo económico". Por cierto tema este que también comentó uno de mis compañeros de mesa (Alfonso Otero Regal).

Considero una auténtica pena que determinadas personas claramente mal intencionadas traten de confundir o mal informar al Sr Alcalde acerca de mi intervención en dicho debate.
Me reafirmo en considerar necesaria una comisión, Patronato o Consejo Económico y Social en el que conjuntamente se aborden por todas las instituciones, asociaciones, organizaciones públicas y privadas, etc del concello de Viveiro los problemas tanto a largo como a corto plazo que se puedan presentar en el desarrollo de nuestro ayuntamiento.

Este sin duda es el aspecto en el que han claramente mal informado al Sr Alcalde, ya que en mi intervención dejé bien claro que en dicha comisión deberían estar presentes t#blgtk08#odas las organizaciones tanto públicas como privadas que tuviesen algún interés en participar o tuviesen argumentos o ideas que presentar. En ningún momento utilicé los términos "status paralelo", "relaciones bilaterales", ni argumento similar.
Evidentemente considero que es el Excmo Concello de Viveiro quien ha de dirigir, coordinar y orientar dicho grupo de trabajo, ya que es quien ostenta la representación del Pueblo de Viveiro y por lo tanto es el encargado de dirigir los trabajos que han de conducir a que en un futuro vivamos en un Viveiro mejor.

Por otra parte me gustaría explicar que sí es cierto que lamenté la descoordinación existente entre asociaciones, colectivos, concello, etc, pero no es menos cierto que en mi argumento resalté la parte de culpa que todos y repito todos tenemos. En muchas ocasiones esta falta de coordinación nos lleva a una falta de criterio a la hora de intentar realizar un trabajo más provechoso. No estoy con esto culpando a nadie, sino haciendo una autocrítica de la parte de esta culpa que todos, entre los que me incluyo, tenemos.

Comentario por Simón Arrizado López (27-12-2007 18:49)
11 eu propoño poñer un buzon de queixas e suxerencias,donde a xente poida poñer as aventuras e desventuras que lle pasan cos listos do comercio#blgtk08# de viveiro, en vez das pantallas informativas que non funcionan e que foron pagadas por todos os viveirenses, ou amañar a calle do medio.
Comentario por xose (31-12-2007 10:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal