A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NIN MEDIO ABENTE NIN ENTEIRO
A ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, a mesma que presuposta deceas de millóns de euros para paseos marítimos na bisbarra, reuneuse o pasado Novembro co novo Presidente da Federación de Concellos e Provincias, Pedro Castro, alcalde de alcaldes de todo o territorio do estado e tamén de Getafe, para pedirlle unha maior implicación dos concellos na loita contra o cambio climatico.
O Ministerio de Medio Ambente pideu ós concellos que reduciran o número de días en que teñen encendido o alumado especial de Nadal, suxeriu que non se empezara antes do 15 de Nadal, coa finalidade de rebaixar o consumo enerxético e as emisóns de gases de efecto invernadero responsables do cambio climático.
A ministra Narbona destacou a importancia de que esa implicación vaia "más alá" da Rede Española de Cidades polo Clima promovida no seno da FEMP e da que forman parte xa 130 concellos entre eles Burela.
Ante a proximidade do Nadal , unha época de "derroche enerxético", pideu que os concellos deran "unha sinal" e que reduciran o número de días de alumado especial. También fixo un chamamento ós cidadáns para que moderen o consumo de calefacción e para que non traten de conseguir temperaturas en locais públicos, e fogares "por enriba do desexable".
Calcula o Ministerio que este Nadal gastarán os concellos en alumado navideño 30 millóns de kilovatios/hora, segundo datos del Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE). Este alumado provocará aemisión á atmósfera de 10 millóns de kilos de dióxido de carbono (CO2), principal gas de” efecto invernadero.”
Dende logo, neste norte galego os nosos alcaldes, e os seus-as concelleiras de medio ambente que non están ou non saben na súa maioría, a pesares de que a excepción confirma a regra, ou non len os papeis ou como parece que lle pasa a maioría dos nosos rapaces de 15 anos son uns “analfabetos funcionais” e non entenden o que len, aquí da o mesmo o que diga a ministra e o que dicte o sentidiño común, ainda que a ministra sexa do mesmo partido e ideoloxia do alcalde, os outros ó mellor non fan caso por levarlle a contraria ,encendese o alumado no mes ne Novembro, como no caso de Viveiro e a gastar enerxia que son dous días e un deles cae en domingo.
Esta forma de gobernar dos nosos rexidores tense, polo menos que considerar contradictoria xa que por unha parte poñense en marcha iniciativas de "estética verde", mentras na práctica siguese profundizando en unha "cultura de derroche claramente insostible".
O peor do asunto e que si comparamos os derroches que se fan en enerxía nos nosos concellos, miles de luces alumando rúas e corredoiras perante toda a noite, gasto sin control ni por medio de sensores ou outras técnicas, alumados festivos e navideños, calefaccións a todo trapo en locais oficiais, colexios e outras instalacóns , co que consomen de media os fogares, que por moito que nos esforcemos en aforrar enexía e consumo non serve de nada si os nosos gobernantes opasanse as directrices polo forro das súas partes.
Xa sei que un grau non fai graneiro, pero axuda ó compañeiro e débese advertir a quen nos administra os nosos cartos que este derroche enerxético pasará factura en forma de cambio climático, chuvia ácida, residuos nucleares e contaminación.
Di o Ministerio do asunto que o alumado eléctrico das luces navideñas estará cuberto en orredor dun 50% por centrales térmicas,e arredor dun 20% por plantas nucleares, soio o 30% restante procederá de alternativas ecolóxicas, como os molinillos da Gañidoira e centrais fluviais.
Por certo eu recomendarialle a Señora Narbona que mandara unha cartiña ós nosos alcaldes na que lles comunicara que logo que non fan nin puñetero caso co do alumado ela vai cortar o grifo dos paseos marítimos e similares….quizaves asi funcione o asunto.

Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-12-2007 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Tí o dis moi ben:"...poñense en marcha iniciativas de "estética verde"". A iso é ao que se adica o Ministerio de Medioambiente desde que están os socialistas gobernando España e a Srª Narbona de ministra.

A enerxía é indispensábel para o desenrolo dos pobos. Está ben a chamada ao aforro enerxético, pero iso non é dabondo para solucionalos problemas de contaminación. A xente quere enerxía limpa e barata para poder enchufar multitude de cachibaches, ter luz, calor en inverno. Se o único que se pode aportar é "consuman menos", "apaguen as luces", pasen frío... aviaos imos¿Para qué nos sirven eses políticos que din unha cousa e fan outra?

Hai que afrontar con seriedade, rigor e responsabilidade as fontes de enerxía. Centrales nucleares que dan traballo e enerxía limpa e abundante. Os parques eólicos, non perxudican a ninguén, todo o contrario, pero por eiquí temos iluminados que queren voltarnos a idade das cavernas. En Alemaña e dinamarca, países moito máis avanzados que nos en tódolos sensos, apóstase pola enerxía eólica. Ambos teñen parques no mar, que non son estéticamente tan impactantes coma se q#blgtk08#uere facer ver polos guardiáns do fermoso que logo a cagan coma cos galpóns do Porto Deportivo, e producen moita enerxía limpa e barata.
En Galicia os "xeños" do BNG non os queren nas nosas costas... porque están en contra do progreso (fai anos estaban encontra das autopistas, dos trens de alta velocidade e en xeral de todo o que signifique avance e progreso).
O drama enerxético de España é que todo é palabrería e propaganda, e a esquerda esta pancartera do slogan e o discurso de ecoloxista de landrover e Coronel Tapioca, non afrontan o tema con responsabilidade e rigor. ¿pra qué, se un so defende o medioambiente pra gañar votos? ¿Se tan preocupados están, porqué España empeora desde que gobernana eles, en canto á emisión de gases contaminantes á atmósfera? Moita labia e pouco traballo responsábel.
A os socialistas, comunistas e nacionalistas o nadal impórtalles un carallo, por iso o millor é apagar as luces das rúas, mentras eles malgastan enerxía doutros xeitos máis preocupantes.

Alfonso, se serio e non te deixes levar pola demagoxía barata desta retroesquerda que so fala pra a galería.
Comentario por Daniel (11-12-2007 12:52)
2 Que gasten que mais ten, non pensan pagar nin a quen puxo as luces nin o reibo de barras, e todolos xeitos cando paguen será dentro de 3 ou catro anos i o millor xa non están éstes. En canto o medio ambiente creo que lles resbala bastante a todolos politiquíños en xeral, está moi be#blgtk08#n para sacar a foto pero a hora da verdad importanlles dous carallos que os nosos rios esteñan sin troitas ou que se vertan o mar toneladas de residuos sin control, eso si. que o SEPRONA NON TE COLLA CAGANDO NO MONTE QUE CHE METEN TRESMIL EURIÑOS ASÍ NOS VAI.

saudos
Comentario por marroqui (11-12-2007 13:23)
3 ACHÉGASE O NADAL, de xeito que algunhas outras cuestións perden algo da súa forza ante a proximidade das festas. E se alguén o dubida, o BNG de Mondoñedo amosou onte a importancia destas datas e a súa preocupación pola súa brillantez, pois presentou un rogo no que reclama a instalación do alumado de Nadal.

Pode ocorrer que no pleno _que terá lugar, se non hai cambios, o xoves_ se debata o asunto cando as luces xa estean acesas e o espírito do Nadal sexa visible nas rúas e prazas de Mondoñedo _que nalgúns casos, como a praza da catedral, teñen pola noi#blgtk08#te un encanto especial_; pero aínda así debería tomar nota o goberno e non deixar para o final algunhas cuestións realmente importantes.

Esperando que o debate, como corresponde ó Nadal, se resolva de maneira pacífica, a un gustaríalle que os políticos de Mondoñedo se preocupasen máis por esas rúas e prazas nas que aínda falta o alumado de Nadal. Por exemplo, ¿non se decata ninguén de que a cidade está máis pensada para os coches que para os cidadáns? ¿Non cren o goberno e a oposición que tanto automóbil dificulta o paso de Papá Noël e dos Reis Magos?
Comentario por Xose Maria (11-12-2007 15:07)
4 Quero lembrar outra vez que Burela ingresou na Rede Española de Cidades polo Clima, ingreso aprobado polo pleno do Concello a petición da concellala de medio ambente que presentou unha moción municipal sobre cambio climático á dirixida á promoción das políticas#blgtk08# de desenrolo sostible e ó impulso de políticas locais de loita contra o cambio climático que contribúan á reducción de emisións de gases de efecto invernadoiro e ó cumprimento do Protocolo de Quioto. E a pesares de eso tamen encenderon as luceciñas antes do 15.
Comentario por Bureles (11-12-2007 15:10)
5 eu o unico que sei e que a alguns gobernantes o unico que lles interesa e sahir na prensa pra contarnos que o concello paga o alumeado do pobo e das aldeas pra que vexan que gasta#blgtk08# mais ca os outros, e o fay mellor pro casco historico, sen preocuparse do indece de cancro na mariña de lugo, encanto o aforro da calefaciom xa se fai, pois co precio do gasoil.
Comentario por xose (11-12-2007 22:02)
6 falta o comentsrio do msrroqui,se#blgtk08#mpre en ultimo termo, que curioso
Comentario por augacrara (12-12-2007 12:47)
7 Os folletos turísticos nalgúns paises do norte europeo incluen fotos de parques eólicos no mar e nos campos.
En Galicia, poñemo#blgtk08#s nas fotos turísticas as térmicas de Meirama e Das Pontes... porque os parques eólicos estropéanlle as vistas a algúns intelixentes.
Comentario por rosa (13-12-2007 18:28)
8 Tanto de dereitas como de esquerdas a unica politica que ent#blgtk08#enden e poñer luceciñas e encher de chapapote as corredoiras
Comentario por Foz (15-12-2007 15:38)
9 Hoxe ven na Voz de Galicia que nos vai aumentar a dependencia enerxética ata un 83% .
Vamos a ver unha cousa, a que carallo se espera para facer centrales nucleares, e a enerxia menos contaminante de todas y a que maior rendimento enerxético ofrece, Os ecoloxistas ante berra#blgtk08#ban de poñer parques eólicos, agora xa os temos e berran que rompen coa nosa fermosa paisaxe, Fainos falla enerxia para poder progresar, estamoslle a coprar enerxía a Francia producida por centrales nucleares por que seguir pintando o indio fagamolas nos e deixemonos de caralladas.
Comentario por marroqui (17-12-2007 10:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal