A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONTRA O OPTIMISMO NON TEMOS VACINA

Cada dia falta menos para as elecións de marzo do 2008, e os partidos políticos espértanos cada maña con promesas de todo tipo e cor.
Moitas veces e moitas xentes deixanse convencer por esas promesas e non paran a pensar si son factibles e o que significa realmente as consecuencias desas promesas, si nos benefician ou non, por eso do sermón de hoxe animo ó lector a reflexionar con cautela sobre elo e sobre todo, si estas son factibles oU son simplemente un farol electoral.
Bueno, empezamos polo que din os diarios esta semán, o PP promete unha rebaixa do IRPF, que eximiría as persoas cunha renda inferior a 16.000 € anuais que non pagarían o imposto. O PP en particular e a dereita en xeral e bastante aficionado a facer este tipo de promesas, pero ó meu entender un pouquiño absurdas.
Pero vaiamos a modiño, paso a paso, seguro que algunha vez escoitaron falar do Imposto Sobre Transmisións Patrimoniais, que e o que se paga cando un compra ou vende unha leira ou calquer tipo de propiedade. Tamen o PP propón suprimilo, cuosa que está bén…… pero paremonos a pensar a quen benefiacia realmente a supresión deste imposto, de seguro que ós empresarios e ós especuladores…clientes a bon seguro, salvo raras excepcións que son partidarios da dereita e dos seus representantes.. Unha persoa ou familia normal, do monton que ten unha casa e unha leira ou duas para plantar patacas e leitugas, si o vende ou o deixa en herdanza o que lle toca pagar e insignificante .
Pasamos a segunda parte, que e o mais interesante o do IRPF, que seguro algún dos lectores pensou que o beneficiaria a bon seguro, pois non é certo, si gaña o PP, e o aplica, que esa e outra historia, xa o decia un tal Xesus de Nazaret, “Benaventurados os crédulos que pronto veran a Deus”. En principio debemos ter en conta que teñen que cobrar menos de 16.000 € ao ano sin descontos, o sexa eses cartiños que cada mes lle sacan da nomina. Non ten nada que ver co que cobra no sobre ou polo banco, que e o soldo neto, xa aplicadas as retencions do IRPF, nestre intre combidoos a facer as contas do que cobran anualmente en bruto e veran que moitos de vostedes non seran beneficiados “O meu gozo nun pozo”. Por outro lado ainda que o Rajoy chegue a Moncloa na primavera e moi improbable que esta cacareada reforma , ao menos a corto plazo, dado que supoñeria unha baixada de recaudación do Estado que podería interferir na boa marcha da economía.
Xa sei que vivimos no sur de Europa e por aquí a nadie lle gusta pagar impostos pero tamén temos que ser conscientes dos servicios que recibimos a cambio, que son moitos e teñen un costo moi elevado. Por eso temos que ser todos os que contribuiamos a pagalos, según as nosas capacidades económicas .
Cando un era un cativo de aldea pensaba que era Franco quen fabricaba os cartos, creia que por eso a uns dáballes pesetas arreo e a outros , como a meus pais deixabaos na miseria, o parecer son ainda moitos quenes pensan o mesmo, non é asi, os cartos, simplemente cambian de mao, os políticos deben administralos, non sempre o fan ben, é certo, pero para pagar e recibir o tratamento semanal que lle estan a facer a meu pai no hospital de Burela, perto de 1000 euros semanais, son necesarios os impostos, o mesmo para que teñamos carreteras e cominicacións, luz publica , atención social….e moitas mais cousas , por todo elo, cada vez que escoito a algun mentireiro decir que vai baixar os impostos engado, alo vai a mitade da sanidade publica, a necesaria estrada, o alcantarillado e moitas maís cousas, amigos no nos engañen, o publico e ben fermoso.

Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-12-2007 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 Pois tes toda a razón do mundo... e se#blgtk08# os baixa xa os subirá por outro lado
Comentario por Edu (01-12-2007 14:42)
2 E clara contradición coas declaracións de destacados dirixentes do PP ta#blgtk08#nto locais como Estatais, nas que afirman que o "PP baixa os impostos".
Comentario por Estrada (01-12-2007 20:03)
3 AcusO aos populares de esconder tras o anuncio de baixar os impostos a eliminación do modelo público de Prestacións Sociais, Pens#blgtk08#ións, Sanidade e Educación e substituílo por un modelo mixto público-privado, que reduciría o público ao ámbito da beneficencia
Comentario por cALIXTO (01-12-2007 20:05)
4 Os impostos non son de esquerdas nin de dereitas, senón#blgtk08# que a cuestión realmente importante é querer baixalos"
Comentario por O Señoritu (01-12-2007 20:07)
5 Non vos enterades. xa o dixo Rajoy: a solución é baixarlles os impo#blgtk08#stos ás rendas máis altas para que merquen a súa terceira vivenda
Comentario por elianinha (01-12-2007 20:08)
6 suprimir o IRPF non é baixar os impostos, enteirádevos! ... Si la medida#blgtk08# la hubiera hecho ZP en vez de Rajoy no habría tanta gente criticándola
Comentario por Pepiño (01-12-2007 20:09)
7 MENOS IMPOSTOS, MAIS EMPREGO, MAIORES SOLDOS, UNHNA NEGRA #blgtk08#PARA QUE TE DE AIRE E TRANSPARENCIA Prometeo Núñez Feijóo
Comentario por Anonimo (01-12-2007 20:11)
8 Aínda que o PP e o PSOE presentan as eleccións como presidenciais, a xente no#blgtk08#n escolle entre Rajoy ou Zapatero. A xente o que fai é escoller os deputados.
Comentario por Xeral (01-12-2007 20:12)
9 Ti di o que queiras, que a realidade estropéache todos estes prexuizos que tes co reformismo liberal. A economía nunca foi millor en España que cando gobernou o PP. Agora os socialistas xa falan de que o superavit e bon e que baixar os impostos é progresista, cando antes de que chegara o PP ao poder sostiñan todo o contrario.
Cos socialistas os impostos suben, o despilfarro tamén e os cartos de todos non chegan nin para sostela SEguridade Social. Hata se descontrola o IPC que é o imposto máis inxusto que temos os que coma min gañamos poucos cartos a fin de mes (Claro que ise non é o teu problema, ¿non Si?)
Co PP gobernando a SS acada un espectacular fon#blgtk08#do de reserva que asegura a súa viavilidade. Esa é a realidade e todo o demáis son prexuizos infundados pra ver se botas unha man para que volvan a gañar os teus, por certo, son os teus de simpatía que non da túa forma de proceder.

En viveiro, gobernan os Social-comunistas e xa subiron os impostos, que non a calidade dos servicios municipais. Vas polo concello e é unha vergoña... o Alcalde está sempre mising e aínda que che dean cita a maioría das veces non está... din que anda por ahí facendo alta política, mentras ten abandoado a súa sorte a este viveiriño. Eiquí non se resolve, so se dan excusas e se ataca aos adversarios... e se suben os impostos.
Comentario por Arcadio (02-12-2007 01:39)
10 Arcadio.....din seique que non existe mais cewgo que o que non quere ver...nin xordo que o que non quere oir....todos os indices economicos din que estes casi tres anos foron os mellores economicamente dende fai decadas....a seguridade social ten nestres momentos catro veces mais reservas que cando votamos a Aznar do galilleiro da Moncloa.....¿ganas pouco? poois si traballaras 12 horas como eu seguro que me gañabas en veneficios.........e por certo...que manias tedes os de dereitas que entrades#blgtk08# aqui en poñer sempre a miña persoa como exemplo.....pero si nin siquera me coñecedes fisicamente..mais ala das fotiños do periodico....ah...non teño "dos meus" e si os tivera...esta craro que non me calaria ante o seu mal goberno....como mostra existen varios votons...lee hoxe o articulo do Progreso....coido que vosoutros ainda seguides adorando a algun "chorizo" que anda mendigando un posto para as proximas elecions.....dice a cantiga "si tu viras o que eu vin....domingo vindo da misa.......
Comentario por Otero Regal (02-12-2007 09:31)
11 ¿En qué cambeou Zapatero a política económica do PP? en Nada. ¿Qué medidas tomou para darlle o impulso necesario para afrontar novos retos da economía globalizada? ningunha. Recolleu a sembra do PP e non#blgtk08# sembrou nada para o futuro, esta é a realidade Regal... e non intentes manipulala. Ti traballa e gaña canto queiras, pero respeta aos que temos soldos máis humildes e a inflacción afúndenos aínda máis.
Comentario por arcadio (02-12-2007 18:29)
12 Vamos a ver unha cousa, a economía pode ser que vaia moi ben para o goberno pero o cidadán de a pé (non de A P ALIANZA POPULAR NON PENSES MAL SITO) estmolas pasando putas, chego a casa e miña nai xubilada dimo todolos días "50 euros non teñen a nada no supermercado está moi ben que o estado teña bos números pero os ciudadans tamen os eos que ter e todo o que sexa rebaixar impostos pareceme ben ¿Sabes canto costa encher o depósito dun c#blgtk08#oche? (non de un cochito coma o teu non mo tomes a mal) sabes canto costa un ñlitro de aceite un kilo de chicharros , un kilo de tomates. etc
na pequena empresa todos traballamos mais de 8 e de 9 e de dez horas, que fodan cos impostos os bancos as electricas e as petroleras que ganan miles de millóns e que se deixen de tocar o carallo os "pringaos" de turno.

BAIXADA DE IMPOSTOS SI GRACIAS.

SAUDOS SITO
Comentario por MARROQUI (07-12-2007 17:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal