A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AXENCIA DE LEGALIDADE URBANISTICA NA MARIÑA
Soio con facer un percorrido cos ollos abertos dende Ribadeo ata O Vicedo, un deduce polo que ve, que o urbanismo que se esta a levar a cavo e antiestético, desmedido, fora de lugar e cunha elevada falta de control do mesmo por parte das autoridades competentes. Non é nada novo, as causas son diversas e van dende que os concellos da bisbarra carecen dos medios técnicos e humanos axeitados para realizala sua labor, pasando por estar demasiado presionados polos propietarios das leiras donde se edifica e polos promotores inmobiliarios, falase, un non ten datos e segue a creer que todo o mundo e inocente mentras non demostre o contrario, como en calquera película americana que se precie, de casos de tráfico de influencias, entrega de dádivas e sobornos, en xeral unha mecánica basada nunha falsa creencia dos nosos políticos locais, ou mais ben excusa cara a galeria de que así se financian as arcas municipais, icluso, pola boca pequena, os nosos alcaldes presumen arreo delo, cando a realidade é que o urbanismo salvaxe non beneficia mais que a promotores e políticos corruptos, deixando unhas migallas os propietarios das leiras e a os contados obreiros da zona que teñen un contrato temporal.
O “runrún” de que aquí tamén temos tomate e moito, e a estas alturas case que se coñece a maioría, o curioso é que este feito que non coñece cores políticos e salpica por igual a dereita como a esquerda, ten o seu orixe na impunidade do pasado, onde a creencia de que o crecemento urbanístico era sinónimo de benestar fose a bendición necesaria para xustificar os maiores desmáns. Lembro eu a algún político que decía que a el lle daba igual que tiraran a igrexa románica de Santa Maria si no sitio fixeran unha fabrica de tornillos.

A Xunta de Galicia por fin despertou do seu sono no fogar de Breogan e conscente do grave problema que supón esta incapacide dos gobernos locais para xestionar o urbanismo, xa o anterior goberno do PP propuxo a constitución dunha Axencia de Legalidade Urbanística na que os gobernos locais poidesen xestionar as decisión técnicas sobre urbanismo. Este organismo por fin remata de poñerse en marcha fai unhos dias e din os papeis que xa son 31 concellos, os que se apuntaron ó carro, descoñezo si temos algun do norte galego, pero eso significa case un 10% da totalidade dos de Galicia.

Os concellos da Mariña, despois da nefasta experiencia do pasado, deberian sin retraso adherirse a esta axencia e delegar as funcions de inspección, supervisión e sanción, non é de recibo seguir sufrindo o urbanismo salvaxe que temos ate agora como si non tivera solución. O urbanismo salvaxe, a prevaricación e a corrupción teñen unha solución, a necesaria exigencia dos gobernados da aplicación estricta das leis.

Os gobernos locais que son protagonistas ou herdeiros dunha situación caótica, teñen que coller o toro polos cornos e afrontala como reclaman as xente de ben que ademais son veciños administrados, cambiando as maneiras e aplicando estrictamente a lei, e quizais unha das ferramentas fundamentais sexa esta Axencia de Legalidade Urbanística, dotada de medios técnicos e humans, alonxada das presións localistas e das tentacións corruptoras. Os gobernos locais teñen que apartarse da presión de promotores e de tentacións varias e variopintas, e a única maneira creible é delegando estas na Axencia da Xunta, o contrario non amosaría outra cousa que intencións oscuras e cesión ás presións partidistas, en ningún caso non van en beneficio dos veciños da vila como lamentablemente comprobamos no pasado.
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-11-2007 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Se trata de un instrumento de control, vigilancia y sanción ante cualquier irregularidad urbanística que se encargará de "protexer" el territo#blgtk08#rio y el litoral, y servirá para "reforzar" la autoridad de los municipios.Si es asi es cierto, se necesita por este norte como agua de mayo.
Comentario por alcoa (23-11-2007 12:06)
2
Esto solo pone en evidencia que no se puede uno fiar en los ayuntamientos. El problema no son los ciudadanos, el problema suela ser los ayuntamientios por lentos, ineficaces y a veces comprometidas por intereses especu#blgtk08#lativos. Seamos pues realistas, no traten de pintarlo de otra manera. La clase politica no esta libre de pecado. El poder corrumpe y veremos que sucede??????

La ley si se debe de cumplr sin excepciones.
Comentario por Hanibal (23-11-2007 12:08)
3 A Axencia únese a outras medidas da xunta (como a Lei de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, aprobada o maio pasado e que só afecta ao 1% do solo urbaniz#blgtk08#ábel de Galiza), para preservar os valores paisaxísticos e a riqueza natural galega (sobre todo na costa), mentres non sexa aprobado o, aínda máis amplo e específico, Plan de Ordenación do Litoral.
Comentario por Sociata (23-11-2007 12:10)
4 Si, si que estes mandamais da zoa perden a chave das noces asi por a cara, a Axencia de Protección da Legalida#blgtk08#de Urbanística terá potestade para requirir a anulación de licencias urbanísticas contrarias á normativa, ...,
Comentario por xose (23-11-2007 12:14)
5 O malo e que esta axencia ten carácter voluntario e os Concellos que o desexen, debe#blgtk08#rán asinar un convenio coa CPTOPT, pòr o que seguiremos como estamos, manga por ...
Comentario por cansindono (23-11-2007 12:17)
6 lo de al lado de la iglesia de Covas es una más de las cazicadas que se#blgtk08# vienen ralizando en elta localidad por parte del ... Boom urbanístico
Comentario por zz (23-11-2007 19:53)
7 O urbanismo na costa galega: #blgtk08#«Isto é peor que o Prestige»,
Comentario por Cangas (23-11-2007 19:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal