A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

POR AQUÍ SEGUIMOS EMIGRANDO
Somos dos máis pobres da Unión Europea, estamos a cola en tódolos índices de benestar social e seguimos emigrando cara a Canarias, Barcelona, Madrid, Euskadi, Inglaterra e onde podamos labrarnos un futuro.
O mundo da rede e unha autentica revolución, podia contarlles a cantidade de historias que atopei por medio dela, da miña páxina, do bloc ou do correo, descubrín parentes na Arxentina, Cuba, solucionei algun problema de documentación e de herdanzas na bisbarra e outras moitas cousas como as orixes dun apelido ou si quedaba algun parente de vellos emigrados. Hoxe trascribolles parte dun correo que ademais procede dun lector veranego destes artigos : “ Eu son Antonio Fernández Glez. Todos os vraos vou ver a sua tenda e leo o que escribe no Progreso. Son de A Pontenova e estou casado cunha rapaza de Alfoz.
Estou desterrado en Madrid, son un de esos tantos das ultimas xeracións (nacin no 71) que non podian atopar traballo na nosa terra. Por invitación dos gobernantes galegos vivo en Madrid dende fai 12 anos. A verdade é que me fan falla pontes coa nosa cultura e un deles pode ser unha obra como a que lle propoño. Tamén gustariame que escribise algun artigo que fale de todo iso que lle estou contando. Somos moitos, moitísimos os galegos, mariñanos tamén, que estamos fora de Galiza por non ter nin siquera unha soia oportunidade de comenzar a traballar na nosa terra. Eu son profesor e no meu instituto hai un compañeiro da comarca de Betanzos. Gracias a él falo galego nos recreos e consolámonos mutuamente. Todos os anos veñen rapaces novos de Galiza cunha interinidade ou pequena sustitución. Somos legión. O goberno autonómico (agora que hai ) debera facer algo por agruparnos e traernos de volta. O capital human perdido e incontabel para Galiza e para nós, ós que estamos fóra a nivel de emocións a perda e grandísima. Por favor faga un artigo e faga que me chegue o orixinal.”
Xa decia castelao que as pragas de Galicia eran: o caciquismo, a inxustiza, a pobreza, a usura e a emigración. Ademais falando desta, definia ó galego como “En Galiza non se protesta, non se reclama, emigrase.”
Ahora que se fala tanto dos xenes, do ADN e outras lerias, pois quizabes ese e o espiritu do galego, coller o petate e irse fora a buscar unha forma mellor de vivir, tamén existe unha forma positiva de ver a emigración, o contacto con outras culturas e outras xentes enseñanos, e resulta positivo si un dia voltamos a nosa aterra, o exemplo mais notable na nosa bisbarra e, dende logo, a labor dos emigrantes de principios do século XX facendo escolas e dotandoas de mestres en cada recuncho deste norte galego, eles descubriran alen dos mares a importancia da cultura, da educación e da concienciación.
O fenómeno da emigración constitúe un importante episodio na historia da bisbarra norte de Galiza . Este proceso foi determinante cualitativa e cuantitativamente dende a segunda metade do século XIX e segue hoxe en día. Boa parte dos mellores homes destas terras, os que destacan no plano físico ou no intelectual, emigraron cara América en principio, centroeuropa despois e a outras partes da península tamén, Barcelona onde foi o meu destino de emigrante, Euskadi, Lisboa , Oporto, e Madrid, e por último as Canarias. As razóns, as mesmas que as de outros galegos: incapacidade para prosperar cos beneficios que daba a terra, a carencia de recursos económicos, infraestructura industrial que ten como orixe a falta dunha autentica sociedade burguesa que creara futuro mais alo do comercio. e o peor de todo, o que eu califico como autentica maldición dos Galegos “O NON QUERERNOS A NOSOUTROS MESMOS E Ó NOSO”...
Pero o peor, e o presente, cada ano, miles de rapaces, unhos moi preparados, outros menos, collen os bártulos e ben por avión ou por autovia e tren lento, ficane da terra, o peor que lle pode parar a un país e regalar o sudor dos seus veciños gastado en preparar as xeneracións maís novas e outras terras e outras xentes son as que sacan os beneficios deses esforzos.
Pero a realidade segue sendo terca, segue erre que erre e as estadisticas dinos que a xeración mellor preparada de galegos segue a emigrar irremediablemente, esperemos, polo menos, que como fixemos alguns volten a terra, mais tempran que tarde, que decía o poeta e aquí desenrrolen o que adeprenderon e practicaron fora, é posible, e se non veñan a Xunqueira, convidoos, e que dentro de nada Galicia este chea de industrias racionais, que aprobeiten os nosos recursos, dandolles un valor engadido, que non contaminen, que esten integradas na paisaxe, e que nos convirtan en outra Irlanda, pode ser posible, e entonces o que berraban os nosos devanceiros GALIZA, COMO EN IRLANDA, LEVANTATE E ANDA,teña razón de ser.


Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-11-2007 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 seguimos emigrando, los puestos de trabajo de alta #blgtk08#cualificacion en Galicia son para los niños pijos.
Comentario por coruñes (17-11-2007 19:38)
2 exactamente igual que cuando gobernaba Fraga: se cobra menos que en el resto #blgtk08#del estado español, los jóvenes seguimos emigrando (igual que con fraga, ...
Comentario por El Cangrejo (17-11-2007 19:40)
3 Me da pena de mi tierra y tengo ganas de llorar... Somos los un#blgtk08#ikos en españa que aun en el siglo xxI seguimos emigrando. ...
Comentario por Koldo (17-11-2007 19:41)
4 Me da miedo , me parece que seguimos emigrando y nos vamos a conv#blgtk08#ertir en un pais de viejos ..........no quisiera ser negativa ..
Comentario por Redota (17-11-2007 19:42)
5 Seguimos emigrando porque no hay trabajo y porque los servidores públicos#blgtk08# creen que están en esos cargos exclusivamente para fastidiarnos la vida.
Comentario por Sergalo (17-11-2007 19:43)
6 Hoxe en día, os galegos seguimos negados coma nación, seguimos #blgtk08#emigrando, seguimos dando cabo dos nosos ríos bosques litorais
Comentario por xose (17-11-2007 19:44)
7 Díxoo Pere Navarro: os galegos somos pesimistas. ... No século XXI, despois d#blgtk08#e case trinta anos de Estado das Autonomías, seguimos cos tópicos de sempre.
Comentario por Socialista (17-11-2007 19:45)
8 fumos os galegos os que eleximos a Fraga durante lustros como o noso presidente ..... mor#blgtk08#eas de votos da costa e da montaña e que non impideu que os galegos sigan emigrando. ...
Comentario por pilar (17-11-2007 19:47)
9
En cuanto a lo de la emigración, desde que llegaron los socialistas parece que todo sigue igual, no es un problema político, es un problema histórico, social y #blgtk08#estructural. Hay muchos gente de fuera de Galicia que está trabando aquí también ¿O no? vivimos en un mundo globalizado y para los trabajadores, ya no hay fronteras...
Comentario por juan (18-11-2007 12:28)
10 Hay que ver lo que son las cosas. Unos que lloran por tener que vivir en Madrid, y ot#blgtk08#ros gallegos de nacimiento lloramos por no podemos irnos para nuestra amada capital.
Comentario por Lo que son las cosas (25-11-2007 19:09)
11 Seguimos emigrando coma sempre, sempre tivemos politiquiños do carallo que nunca se preocuparon por nos e cando se quer poñer unha empresa NON CONTAMINATE CASO DAS DE ACUICULTURA so se adican a putealas e mandalas a Portu#blgtk08#gal onde carallo imos traballar nas berzas e nos cortellos INDSUTRIAS XA POLITICOS NON.
POR DESGRACIA E O QUE TEMOS i a eles so llesimportamos un mes cada 4 anos cando nos veñen lamber o cu por un voto que triste.
Comentario por marroqui (26-11-2007 17:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal