A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

POR UNHA CULTURA PROPIA NOS CONCELLOS DA MARIÑA
A xestion cultural nos concellos do norte de Lugo brila pola sua inoperancia, existen excepcions que como sempre confirman a regra. Moito técnico de cultura, moito concellal-a adicado ó tema pero á hora da verdade as programacións culturais a este lado do Xistral limítanse ó que lles mandan cocido e ben cocido dende a Xunta, Diputacións ou similares, e para mostra soio fai falla ver a programación cultural do outono dos nosos concellos, un pouquiño de teatro, outro pouco de musiquita, maxia e apaga e ímonos.No eido plástico limitanse a traguer os “bolos” das manidas exposicions de caixas e bancos e a outra cousa….
¿Ten esto remedio?, dende logo ter teno: por de xestores do tema a xente que saiba e si esto é imposibel, pois no deserto só temos area, que se formen comisións con xente que saiba. A cultura, ademais dun instrumento para o coñecemento, o benestar é a cohesión social, estáse nestes tempos a converter progresivamente nun elemento xerador de riqueza(capital humano), nun compoñente básico para o turismo, e no enlace esencial entre as dimensións locais e globais da sociedade contemporánea.
A planificación estratéxica cultural postúlase coma aquel elemento que debe situar a mesma nunha posición de centralidade no conxunto das políticas locais. Hai que investir á cultura dun verdadeiro papel vertebrador nos concellos, gañando así peso específico no conxunto da realidade local. Hai que facer da cultura unha preocupación común, producindo espectáculos propios, expòsicions e outras actividades de aquí, con xente de aquí, e para levar a fóra,é unha tarefa de todos, un asunto cívico, ou como alguén definiu "a planificación cultural une ó xestor e ó poeta para servir á cidadanía.
Partindo da experiencia doutros lugares, dondo se deu un lugar á realización dun Proxecto de Acción Cultural a nivel de concellos pequenos ou medianos, concebidos coma procesos de reflexión abertos á cidadanía que permitan a participación de tódolos sectores e actores implicados na cultura local, xa se trate de entidades públicas, privadas ou sociais, así coma de cidadáns que, a título persoal, teñan algo que aportar. Así mesmo, os proxectos plantéxanse como un instrumento innovador capaz de prever os novos contextos e escenarios da cultura local e de articular os mecanismos precisos para converter á cultura nun elemento central de reflexión, proposta, avaliación e debate.
Estes proxectos estructúrarianse en dúas fases: unha fase de diagnóstico e outra de elaboración de propostas, que contan en ámbolos casos con sesións abertas de participación cidadá. Ámbalas dúas fases poden ser máis comprimidas ou dilatadas en función das características de cada concello e do propio enfoque dado a cada proceso.
Asi fariase a elaboración de sendos documentos, un primeiro documento de diagnóstico que pretende reflectir a realidade cultural do territorio e aportar elementos de análise e reflexión para a posterior fase de propostas. As propostas agrupadas e organizadas en eixos e obxectivos estratéxicos fican recollidas no correspondente documento que serviria como guia para os xestores culturais dos concellos.
Previo a esto, dende logo seria necesario elaborar unha recopilación de información de base, que inclúe indicadores de situación sobre a realidade cultural dos respectivos concellos, que á súa vez permite establecer inferencias e comparanzas con outras realidades culturais análogas. Esta información cuantitativa compleméntase coa obtención de información cualitativa , non todo o mundo entende de todo, nin falta que lle fai, para a que se establece unha toma de contacto co territorio a través de entrevistas con persoas que pola súa vinculación coa realidade cultural do territorio son considerados observadores cualificados ou líderes de opinión. Este material, convenientemente organizado, facilítase ós participantes nas sesións públicas, para a súa discusión e análise e posterior incorporación ós documentos finais redactados polo propio equipo.
Se non se fai un traballo deste tipo seguiremos con a mesma dinamica cultural que temos, pobre, mala e a destempo, claro que ben mirado :¿será que non nos merecemos nada mello.r
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-11-2007 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 E necesario unha maior sensibilidade co papel da cultura na sociedade e á súa capacidade de tender#blgtk08# pontes entre os colectivos para acadar unha maior cohesión e forxar unha identidade máis definida.
Comentario por Xose (10-11-2007 08:16)
2 As políticas culturais en Galicia están moi vencelladas a políticas de carácter tu#blgtk08#rístico, para atraer visitantes e crear equipamentos moitas veces mal utilizados.
Comentario por Vicedo (10-11-2007 08:17)
3 Un exemplo a seguir:Nove alcaldes das comarcas de Barbanza, Noia e Muros expresaron a sú#blgtk08#a total disposición para a posta en marcha dun proxecto cultural común para a bisbarra.
Comentario por Covas (10-11-2007 08:21)
4 Solo la Cultura Civilizada sera la solución de tanta in#blgtk08#justicia y egoismo. Como hacer para que llegue a todos?
Comentario por FORCES (13-11-2007 10:56)
5 Disque os concelleiros galegos educáronse na cultura do gasto, da obra de fachada, do ritual da inauguración. Concelleiros que pasean polas súas vilas e cidades asignando cartos e pa#blgtk08#rtidas aló onde ven un roto ou un descosido, saudando coas mans ben abertas para a captación do voto visual, do voto dos que fican contentos cando lles amañan a randeeira da esquina.
Comentario por Mozo (14-11-2007 10:58)
6 Para comenzar, la programación es ramplona, hecha de retazos y como comprada de rebajas, al bulto, de bollería industrial. Y lo que es peor: mal defendida y llena de falsas promesas i#blgtk08#ncumplidas. En efecto, se insiste en los tópicos más manidos , de que es para "todos los públicos", etcétera. Nada nuevo, nada que incite, salvo un insistir en la cultura del bolo.
Comentario por Alcoa (14-11-2007 14:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal