A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A REMODELACIÓN DO PORTO DE VIVEIRO

Fai unhos días anunciouse a bombo e platiño que se vai a levar a cabo unha das obras mais necesarias, prometidas e reclamadas nos últimos 50 anos en Viveiro, tratase da remodelación do vello malecón , o porto da cidade por antonomasia. Costas ó parecer ten, por fin, proxecto para o porto, semella que tarde, mal e arrastro e ben parece que polas presións que empezan a ter tanto polo actual goberno local como polo anterior e tamén por diferentes colectivos.
Pouco a pouco vamos vendo como a fachada á ría de Viveiro esta sendo modificada sin consultar en absoluto ós veciños, e polo pouco que vamos vendo as decisións non parecen moi acertadas, na maior parte das veces limitase a encher de cemento, plaqueta e gris porriño a veira da ría, con pouco gusto e nula eficacia, e senón que me expliquen porque se ten que voltar a facer as cousas por segunda vez.. O certo é que en todo caso os proxectos nin son expostos ó público antes de executarse o que parece claramente unha imposición onde non parece que poidamos opinar sobre os temas que nos afectan.

Curiosamente parece que Viveiro estivera sempre gobernada dende fora, por un lado a Dirección Xeral de Costas programa onde e como quere as intervencións no concello, pideselle un arranxo do paseo de Covas e anuncian unha intervención no nefasto espigón de saida do Landro, para eso deberían funcionar os gobernos municipais dando alternativas para evitar desfeitas. Por outro lado temos a Portos coa construcción dunhas novas lonxas para os pescadores na zoa de Lodeiro, Fomento e as suas rotondas que priman o aceso a un complexo comercial ante unha carretera de aceso á cidade.

Analizando o estado actual, o evidente é que o porto de Viveiro ten problemas graves que as actuacións programadas non parecen que vaian a solucionar, a primeira é a propia accesibilidade ó porto totalmente estrangulada polo edificio de portos por un lado e a estación de autobuses por outro.

Por outro lado Viveiro carece de aparcamentos, outro dos eternos problemas que co proxeto anunciado, non so non se solucionan, senón que se reducen á metade os que existen na actualidade, tamén carece dunha grande superficie libre, cousa que se evidenciou de novo este ano nas festas cando as atraccións colapsaron todolos ocos da cidade, e deixan convertido nun barracal a praza maior, donde ainda estan os pendellos de unha grada, que dende logo debía poder ser visto por propios e visitantes todolos días de o ano e mais en tempo de veraneo.

A proposta do goberno actual, evidentemente no aire e sen plasmar no papel, en certa medida pode dar solución a varios destes problemas. A continuación do paseo marítimo cun paso subterráneo debaixo da ponte ata o porto deportivo non parece unha mala idea.
Debería aproveitarse a ocasión para dotar dunha grande explanada á vila, onde se poderían instalar sin problema todalas atraccións nas festas, e o mesmo tempo unha enorme explanada para aparcamento de vehículos, concertos....

Finalmente decir co que pretende facer Costas non parece outra cousa que maquillaxe que non vai resolver ningún dos problemas actuais que ten Viveiro, o eterno problema das administracións e a continua delapidación de presupostos públicos en obras que finalmente son inutiles e non responden as necesidades reais dos cidadans. Deste xeito estamos vendo que as famosas "inversións" van ser outra vez unha oportunidade perdida.
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2007 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
14 Comentario(s)
1 Melchor busca inversións para obras coas que poida dicir que fixo algo, aínda que non solucionen ningunha das necesidades de Viveiro. Costas lle di "hai cartos para isto" e il acepta sen rechistar e sen propor opc#blgtk08#ións que resultarían millores.

O problema de Melchor é que lle persigue o fantasma de AJA, e Viveiro paga os cacharros rotos.

Non hai ningún plan estabrecido... estamos ao que caia.
Comentario por Xurxo (21-10-2007 19:08)
2 Parece que Regal esta a dar unha de cal e outra de area .E que acaso non o teñen claro?.Xa esta ben de agredir o medio ambiente.parece que o #blgtk08#equipo de goberno sigue a politica do hormigon que reinou no anterior goberno do pp o noso mar nos da DE COMER ,BASTA XA! DE DARLLE A ESPALDA
Comentario por Vicente (22-10-2007 07:53)
3 Polo que se di creo que non é so problema de aparcadoiros .
Aínda non o coñezo ben ao actual alcalde para criticalo ou defendelo, por agor#blgtk08#a meréceme o beneficio da dúbida.
Si sospeito do anterior, e creo que é evidente porqué, eles de empresarios e obras ilegais saben moito.
Comentario por Ricardo.O (22-10-2007 07:56)
4 Os anteriores mandatarios xa se lles valorou nas eleccions a estes hai que marcalos de cerca desde que em#blgtk08#pezan,e a unica maneira que temos para que sepan o que pensamos alguns dos veciños,con respeto a o porto.
Comentario por Maria (22-10-2007 07:57)
5 a min me preocupa moito máis que sen ter nin puñeteira idea do que van facer as administracións,#blgtk08# sen ter visto unha maqueta do proxecto que teñen para nos, calemos a boca e os deixemos actuar
Comentario por Carlos (22-10-2007 07:58)
6 Felicidades polo artigo, alguén que puxo un puco de co#blgtk08#rdura en todo este asunto, analiznado pros e contras.
Comentario por Covas (22-10-2007 08:00)
7 amén coincido nos parabéns; só unha pequena reflexión, ao mellor os viveirese temos o que merecemos, xa que ei#blgtk08#quí proxéctanse verdadeiras aberracións desde fora (e as veces desde dentro)e a vila só resposta co silencio.
Comentario por cansindono (22-10-2007 08:01)
8 Xa postos a pedir, poderiamos pedir mais cousas. Unir Viveiro e Covas cunha estrada de catro ou cinco carrís por banda, e a ponte podería ser peatonal. O río desembocaría por debaixo, a través dun tunel, e os domingos, montariamos un espectáculo hidraúlico-lumínico. Desaparecido o porto,#blgtk08# xa non habería problemas. Habería espazo de sobra para aparcar e incluso poderiamos crear solo urbanizábel e asi os especuladores de medio pelo poderian seguir co seu, e eso que din que non venden nin un piso, pobreciños, e pensar que eles creian que todo Madrid queria ficar en Viveiro.
Comentario por Celeiro (22-10-2007 10:19)
9 Ese plan es bueno pero el problema es que sus medidas deberi#blgtk08#an haber estado ejecutadas hace algunos anos y no lo estan
Comentario por Alcoa (22-10-2007 10:21)
10 Os pisos o ano que vén, en lugar de custar 500.000? só custarannos 499.000? ... #blgtk08#O que non se pode é fodernos a costa, fodernos as terras e enchelas de casas ...
Comentario por Pichoco (22-10-2007 10:23)
11 barriga santisima, #blgtk08#como está o patio.
Comentario por anonimo (22-10-2007 10:25)
12 Cando o mercado está por non mercar, non se vende#blgtk08# ren (así sexa luminoso, barato, ben distribuido,
Comentario por D (22-10-2007 10:26)
13 Hai xa pisos en Viveiro que chegan a#blgtk08#té os 40 millóns das antigas pesetas
Comentario por xoven e fermoso (22-10-2007 10:28)
14 no porto de viveiro xa se estaban tirando os galpons fay dez anos, e o mismo tempo alquilando algunnos os amigos pra logo suarrendalos a outros, agora #blgtk08#con estes, alquilanse pra congelados. e no paseo maritimo os de costas de madri poñen sepulturas sen cruces, eso si non hay verde nen sombra pra xente
Comentario por xose (27-10-2007 19:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal