A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

POR UN VIVEIRO LIMPO E ECOLOXICO

Con este articulo dou por acabado o repaso das sinaturas pendentes que teñen os gobernantes locais na miña bisbarra para gobernar sabiamente o territorio de cara a un maior desfrute e mellor vivir e convivir dos seus veciños.
Queda , pois, hoxe o chamado “Medio ambiente”. Si todos estamos de acordo en que e imprescindible recuperar o medio rural tamén estaremos de acordo en que se ten que saldar con el a débeda da administración na dotación de servizos primarios. Todas as parroquias demandan xa un plan de saneamento e traída de auga con garantías de potabilidade, cobertura telefónica de calidade e acceso as novas tecnoloxías como internet (inclusión de todos os lugares no Programa Nacional de Acceso á Banda Larga das Zonas Rurais). E tamén hora de poñer fin a consabida manobra da práctica municipal de desviar os investimentos destinados a infraestructuras rurais cara a outras secundarias nas zoas urbans.
E, necesario que dende o concello se impulsen actividades económicas que non supoñan un deterioro ambiental para consolidar poboación no medio rural. Sectores de futuro como a agricultura ecolóxica ou as explotacións forestais de madeiras nobres, necesitan o decidido apoio da administración municipal que debe implicar a outras entidades como o CIS e as universidades para asesoramento tecnolóxico, loxístico e empresarial. Deste xeito os beneficios poden repercutir noutros sectores económicos como o comercio e o turismo de calidade e crear unha verdadeira rede de emprego verde, termo que non ten nada que ver cos chistes de “Jaimito”, non vaia a ser o demo que se confunda.
O fomento do turismo debe de ser unha aposta polo turismo sostible e non invasivo. Dende o concello se debe traballar pola promoción deste sector e apoiar as iniciativas cara a un turismo ecolóxico que converta a oferta turística do noso concello nunha referencia de calidade que debe estenderse a todo o sector hostaleiro e sectores afins. A contribución da administración pasa por facer un esforzo en prol da conservación e recuperación do entorno , que constitúe o activo principal deste sector.
E certo que dende fai catro anos estase a facer unhas obras de saneamento integral, aínda non acabadas, e que son insuficientes, xa que soio darán servicio a carta parte do territorio municipal de Viveiro, parroquias como o de Galdo, San Pedro, Chavin, San Andres de Boimente e Escourido quedan total ou parcialmente escluídas de ese servizo . AindaViveiro segue a incumprir as directrices europeas en materia de depuración de augas residuais, os núcleos rurais están á cola en cuanto a saneamento. O municipio necesita xestionar un importante investimento para acometer obras de saneamento y depuración das augas residuais para acadar os niveis que esixe a Comunidade Europea, necesario para preservar a calidade e salubridade das augas da nosa comarca. Nos núcleos rurais sería desexable que se adoptaran os novos sistemas de depuración biolóxicas e minidepuradoras.
Tamén debería facerse unha estratexia integral de xestión selectiva do lixo, que abarque todo o territorio municipal, incluíndo as parroquias. O destino do lixo recollido será a reciclaxe e a compostaxe
Por outra banda os municipios teñen tamén que tomar parte no esforzo colectivo contra o cambio climático, pola reducción de gases de efecto invernadoiro e polo aforro enerxético. Este compromiso brila por a súa ausencia en Viveiro e concellos limítrofes, por elo se debía adoptar medidas para diminuír o consumo enerxético no alumeado público e noutras instalacións e equipamentos municipais así como a incorporación paulatina de fontes de enerxía renovable e de criterios de eficiencia enerxética na contratación e adxudicación de servizos, así como bonificar, axudar e asesorar a os proxectos que incorporen a captación de enerxías solar e outras fontes de enerxía renovable e a penalización vía imposto de circulación aos vehículos no profesionais con maior consumo de carburante (todoterrenos).
Xa sei, amigo lector que os conselliños maiormente a os nosos políticos “por unha orella lles entran e por outra lles saen, pero por o menos non terán a manida desculpa de que un non fai mais que criticalos sen aportar ningunha idea ou solución.

Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-10-2007 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Ë moi interesante leer estas propostas que poden ser asumidas dende a administración local, sabemos que é cuestión de tempo e de asesoramento activo, de ofertarlles as ideas#blgtk08# e debatílas cos veciños, moitos deles xa as coñecen e só se necesita intercambiar ideas tanto ca Universidade como con outras entidades que toman iniciativas nestes temas.
Comentario por Raquel (15-10-2007 15:13)
2 Totalmente de acordo no aforro enérxetico no alumeado público. Tamén coincidimos na incorporación de fontes de enerxía renovables e a incentivación nas vivendas con asesoramento activo dende o Concello e#blgtk08# bonificacións a proxectos que incorporen enerxía solar, aillamento das vivendas, etc.
A reciclaxe do lixo e o saneamento das augas me parecen imprescíndibles como medidas a adoptar polo Concello.
Comentario por Covas (15-10-2007 15:14)
3 Arredor dos temas vencellados co medio hai que salientar a participación de Viveiro na Axenda 21 Local . Entre as #blgtk08#distintas campañas que se levan a cabo para formar a cidadanía no respecto á natureza cómpre falar dos programas
Comentario por Xoven (15-10-2007 15:18)
4 Todo esto que dis está moi ben... pero fai falla co noso alcalde faiga políticas de consenso falando con todos. Un gran pacto polo territorio sería fundamental. Roel prefiri atacar ao PP e así non se amañan os problemas medioambientáis. É carall#blgtk08#udo quese escachifle un colector e que lle bote a culpa ao PP, así é imposible facer políticas mediomabientais serias. Hoxe en día Melchor Roel é un problema moi grande para o progreso de Viveiro... as súas saídas de tono vámolas pagar moi caro.
Comentario por xurxo (15-10-2007 16:53)
5 é importante tamén que falemos moitas veces de ecoloxía e tamén d o demais.... Vivei#blgtk08#ro e un arco interior aberto ó mar que ten continuidade nos concellos lindeiros. ...
Comentario por Pepa (16-10-2007 14:02)
6 Estamos a falar dun desenrolo sostible, para Viveiro e bisbarra.
O Concelo comprelle moito, ás FAMILIAS e EMPRESAS tamén:
P.e.:FAMILIAS, clasificación de lixo obrigat#blgtk08#oro, so pena de xuro, se non se compre
EMPRESAS: o mesmo, e A MAIORES,OBRIGATORIO RECICRADO, dos residuos de cada unha en función dos despercicios ou sobrantes que xeneren.
Comentario por augacrara (17-10-2007 12:49)
7 .#blgtk08#
Comentario por aUGACRARA (17-10-2007 12:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal