A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O TRAFICO RODADO EN VIVEIRO
O TRAFICO RODADO EN VIVEIRO
A situación actual do trafico e a mobilidade en Viveiro segue a ser catastrófica, aínda que temos promesas, e anuncios no “Diario Oficial de Galicia”, non se ven as solucións por ningún horizonte, por iso, atrévome a seguir cunhas propostas para manter o noso nivel de vida, e incluso melloralo se cave. Desviar o tráfico de paso por Viveiro medíate unha variante é unha medida indiscutiblemente precisa para reducir a circulación, xa sei que se me dirá que esta a cousa ó caer, pero tanto os veciños da pe, como os políticos de Viveiro debían reclamar con mais xenio que este tema se solucionase de inmediato, pois eliminar o tránsito de vehículos pesados e mellorar así a seguridade vial e os niveis de contaminación por CO2 e imprescindible para os cidadáns que vivimos nesta bisbarra. O concello de Viveiro debe comprometerse con forza na execución este proxecto reclamando que se lle dé prioridade a este tramo sobre outros do trazado A Espiñeira- Ferrol.
Segue a ser imprescindible habilitar aparcadoiros gratuítos nas zona de entrada á Viveiro coa finalidade de disuadir a moitos vehículos de entrar na zona urbana para dar voltas buscando infructuosamente donde deixalo coche, ademais deberíase sinalizar mellor e promocionar o aparcadeiro subterráneo da Avda. Da Mariña e se cave, ver de incluír na anunciada remodelación do porto vello un novo aparcadoiro subterráneo.
Viveiro foi unha das primeiras poboacións do pais en peatonalizar o seu casco vello, cando nin en Barcelona, Madrid, Lugo ou Avila se lles pasara polos miolos, Viveiro era peatonal , foi un acerto, pero pouco se adiantou dende aquela, sigue a ser unha anarquía a entrada de vehículos no casco, non se respectan as horas de reparto e calquera “mequetrefe” do concello aparca na praza maior, tal como si tiveran dereito de pernada para tal cousa. E menester, por tanto a peonización real das rúas do casco antigo, que non foron deseñadas e non dispoñen de espacio para acoller vehículos, restrinxindo a entrada de coches ós residentes e vehículos de carga e descarga en un horario restrinxido, como sucede noutras vilas e cidades, esta medida debe de ir acompañada dun verdadeiro acondicionamento destes espacios para o uso público.
Outra leria e a necesaria eliminación das barreiras arquitectónicas que fan intransitables as rúas en case a totalidade do espacio urbano.
Mentres que en case tódolos paseos marítimos, ver Burela, por exemplo se contemplou un vial para bicicletas, aquí tampouco se tivo en conta e necesario facer unha decidida aposta por favorecer o uso da bicicleta, transporte cómodo e sustentable por antonomasia, incluíndo en tódolos novos planeamentos a habilitación do carril-bici e colocando aparcadoiros de bicicleta nomeadamente en zonas escolares e deportivas, así como na praia, o carril de bicicletas sería particularmente útil nas parroquias cuxa poboación dispersa e descontinua necesita de todo tipo de esforzos que faciliten a comunicación. Xa que nas mesmas e imprescindíbel un trazado para uso de peóns xa que actualmente teñen que transitar por estreitas pistas pensadas exclusivamente para automóbiles que circulan axiña e con gran inseguridade para eles para os transeúntes da pé. Pensamos que as parroquias deberían de estar conectadas por accesos seguros e agradables para peóns e ciclistas como condición imprescindible para mellorala comunicación e a integración dos seus habitantes. Avogo pola recuperación para este uso de antigos camiños e congostras, que constitúen unha parte moi esquecida do noso patrimonio e que nos últimos anos, algúns “Listos” fixeron desaparecer para beneficio propio.
E tamén é necesario que se reforcen as medidas de seguridade vial nos tres núcleos urbanos, Viveiro, Covas e Celeiro habilitando en lugares puntuais novos pasos de peóns e instalando mais bandas sonoras elevadas que obriguen nas entradas á vila a reducir a velocidade dos vehículos.
Por ultimo diría que é necesario facer un especial esforzo en mellorar os desamparados medios de comunicación públicos na comarca. En aras da sustentabilidade, a administración municipal non pode deixar de implicarse na reivindicación de melloras no servicio de FEVE, reclamando un tren de mais velocidade e maior periodicidade e promovendo o seu uso. Tamén propoñemos que se fagan xestións para establecer un convenio cos concellos colindantes co obxecto de crear un transporte interurbano fixo que favorecería o intercambio económico, de servicios, e a comunidade de intereses (educativo, cultural, etc) entre os veciños e concellos.

Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-10-2007 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 O que non pode estar pior é a carretera de Gahñidoira... non hai onde adintar (será para que non haxa accidentes e así lle dean be#blgtk08#n a estadísticas a estes progres). Lugo-Viveiro tárdase o mesmo que antes. Con estas comunicacións, imos de carallo costa abaixo.
Comentario por Daniel (07-10-2007 23:33)
2 En Viveiro perdimos o tren do progreso nas comunicacións gracias aos que fixeron electoralismo barato coa carretera de circunvalación. Agora, cun alcalde que non quere problemas para poder gañar eleccións, non veremos a necesaria estrada de enlace coa estrada da costa en moitos moitos anos. Todo o mundo sabe que en Santiago toréannos#blgtk08# porque o traxecto proposto desde Viveiro é inviable. ¿Alguén cree en serio que se vai facer pronto ese vial descomunal polo val do naseiro? xogouse con lume e queimámonos todos os cidadáns... Viveiro ten comunicacións tercermundistas porque nos gobernan uns mediócres que non ven maís aló dos seus prexuizos de esquerdas...lamentábel.
Comentario por Xurxo (08-10-2007 10:43)
3 O tema da seguridade nas pistas das parroquias é escandaloso. Tanto para peóns como condutores. E necesario esixir medidas efectivas para #blgtk08#garantir a seguridade do transito peonil nas pistas das parroquias. Isto debe esixirse tanto á administración municipal como á provincial.
Comentario por Pepe (10-10-2007 13:41)
4 hai que habilitar zonas de aparcam#blgtk08#ento gratuito e teñen que facelo.
Comentario por Xose (10-10-2007 13:42)
5 A razón de comezar a Vía de Alta Capacidade é para desconxest#blgtk08#ionar a Vila do tráfico pesado e de coches que non van parar.
Comentario por cansindono (10-10-2007 13:43)
6 E necesario, por parte do concello a colaboración con FEVE para aumentar#blgtk08# e mellorar este medio de transporte que está prácticamente abandonado.
Comentario por Covas (10-10-2007 13:44)
7 o servicio de buses tanto con outros Concellos como cas cidades, levamos moitos anos sufrindo #blgtk08#esta deficiencia e sempre me estrañou que e o Concello non tomara parte activa neste problema.
Comentario por O mesmo (10-10-2007 13:45)
8 mellorar as comunicacións cas parroquias e tomo a idea de recuperar antigos c#blgtk08#amiños e congostras, interesante para os veciños e como rutas de sendeirismo.
Comentario por Carlitos (10-10-2007 13:46)
9 Dende logo Xurxo, o que ten que escoitar un por non ser xordo e o que ten que leer por non se cego....asi que se perdeu o tren do futuro por non deixar #blgtk08#que unha carretera atravese o val do Landro por dous sitios...manda carallo.....o de sempre mendigar en ver de reclamar.....a maldicion de Viveiro.....
Comentario por Otero Regal (10-10-2007 13:52)
10 Por certo Daniel quen deseñou a carretra de A GAÑIDOIRA pfoi o PP con o seu "leader" Feijo ..que por certo de progres non teñ#blgtk08#en nanda de nadiña e aqui a vendeu Aja dicindo que iva a ser unha marabilla...notase que lle fallou a lampara de Aladino....
Comentario por otero Regal (10-10-2007 13:53)
11 As liñas das estradas píntanse... e na estrada da gañidoira podíanse poñer máis espazos pra adiantar si se quixera.
Por exemplo... no alto do cruceiro indo pra Burela sempre houbo carril de lentos... pero había moitos accidentes ahí e algún lumbrera tivo a idea de quitar parte do carril de lentos co que desde Viveiro ata Xove non hai onde adiantar, e nunha distancia de poucos kilómetros tárdase unha eternidade.
Na Gañidoira pasa o mesmo... pra evitar adiantementos píntanse liñas contínuas e así ainda que a estrada está un puco millor (podería terse#blgtk08# feito bastante millor, pero é que o PP non quiso ser menos que o PSOE cando a amañou a finais dos oitenta) non serve pra nada. A grandes infraestructuras hai que acometelas con proxección de futuro... PSOE, PP e BNG prefiren os apaños que lles dean rentabilidade a curto prazo, aínda que non resolvan ningún problema. Temos o que merecemos... mediocridade no poder que só pensa en coma perpetuarse. Nesto REgal son todos iguais e agora que mandan os teus, deberías de defendelos menos e esixirlles máis, que polo menos señan coherentes co que defendían na oposición.
Comentario por Lucas (10-10-2007 16:46)
12 A única solución de momento é poñer tanto a ponte da Misericordia como a Ponte da Variante en#blgtk08# doble sentido, polo menos deberían de facer unha proba para ver que eso sí que funcionaría.
Comentario por Espe (31-12-2007 11:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal