A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O FUTURO DAS TERRAS DE VIVEIRO
A comarca natural de Viveiro ou Terras de Viveiro, como gostan dicir alguns reúne moitas das características que débense ter para ofrecer aos seus habitantes o modo de vida lento, sosegado e saudable que se considera o mais axeitado para os tempos en que vivimos. As súas pequenas dimensións e o entorno natural fermoso, extenso e razoablemente conservado a pesar da política e dos políticos que foron son e serán, contribúen a crear as condicións dun hábitat de calidade, que moitas veces non é suficientemente valorado entre os seus veciños. Consideramos que a principal obriga dos gobernos municipais que a trancas e barrancas administran este valioso capital é conservalo pero tamén poñelo en valor, non só cara afora, non só para ofertalo turísticamente ou comvertilo en residencia de xubilados e prexubilados, senón para disfrute dos propios cidadáns. Este modelo de pobos agradables e vivibles exclúe dende logo os proxectos desenrolistas e carentes de “sentidiño común” que equiparan crecemento e progreso, que confunden pequeno con atrasado e que intercambian prosperidade económica por deterioro medioambiental. Pola contra esixe un compromiso, a veces difícil de defender fronte as presións e a iñorancia, por un desenvolvemento sostible e compatible cos valores naturais e culturais que é obrigado conservar.
Por outro lado son determinantes as carencias estructurais e de servizos que concorren para desvirtuar a potencialmente boa habitabilidade dos concellos que forman “As Terras de Viveiro”, entorpecendo a vida dos seus cidadáns tanto nos núcleos urbáns como nas parroquias, creando molestias propias de núcleos de poboación urbáns masificados e desatendendo a elementos que contribúen ao estándar de calidade que é posible ofertar adoptando medidas puntuais e realistas. Empezo aqui o que eu creo que se debe de ter en conta para que o noso entorno sexa unha poboación viva e socialmente san.
Un urbanismo sostibel é fundamentalmente racional. O planeamento urbanístico debe adecuarsex ás necesidades de crecemento real, que na bisbarra non só non existe senón que ano tras ano sofre un importante descenso de poboación. O feito de non incrementar o chan urban vai evitar o deterioro ambiental e favorecer a permanencia dunhas inmellorables condicións de vida para os seus habitantes.
Para garantir este principio, ameazado polas presións de grupos con intereses inmobiliarios e persoas próximas a quen toma decisións nestes procesos, é mester artellar canles de participación cidadá e medidas que favorezan a transparencia na fase de redacción dos planeamentos municipais e na de execución dos mesmos.
Débese apostar por un planeamento urbanístico que atenda ó principio de compactidade fronte ao de dispersión, para elo sería desexable que se lle dera prioridade á ocupación dentro do núcleo urban e á rehabilitación fronte á construcción de nova planta.
É indispensable ademais rebaixar a edificabilidade en parcelas de alta densidade que permite a construcción de catro plantas. Obedecendo a intereses non especulativos do chan, dúas plantas construídas sería un aproveitamento axeitado e harmónico co tipo de edificacións que demanda unha bisbarra de estas dimensións.
É mester atender de xeito coidadoso á estética das construccións establecendo tipoloxías acordes coas tradicionais e coa paisaxe, tendo en conta que a ausencia de criterio deu lugar a o fenómeno do feísmo que non é alleo ás nosas localidades e que ten tamén que ver coa harmonía dos espazos e a boa habitabilidade destes, é que os concellos faciliten de xeito gratuíto os planos para vivendas unifamiliares de nova planta igual que se fai no caso de rehabilitación en Viveiro.
Por último, a administración debe velar por garantir un acceso á vivenda socialmente xusto, non só excluíndo políticas que favorezan á especulación, senón creando solo e promovendo a vivenda de protección pública.
Outro día continuaremos con temas como o tráfico e mobilidade, sostenibilidade, dinamización, emprego e medio ambente.


Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-10-2007 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Yo también creo en un Viveiro donde el desarrollo del nivel de#blgtk08# vida, progreso, modernización y medioambiente se den la mano
Comentario por Edu (02-10-2007 09:47)
2 Noraboa polas construcciones, acondicionamentos, creacions, reordenacions, remodelaciones, recuperaciones, renovacions, restauracions, pavimentaciones, potenciaciones, ampliaciones, promociones, colocaciones, colaboraciones, eliminaciones, bandeiras e demais ......
#blgtk08#> Xa que logo estas patentando un novo sistema turístico e paixasistico, deberías agora pensar no TRABALLO, TRABALLO E TRABALLO, que boa falta fai por Viveiro, porque si non xa te vexo limpando as telarañas que van traer consigo todos os logros dos que tanto presumes.
Comentario por Viveirense (02-10-2007 09:48)
3 Sin duda un comentario poético y rega#blgtk08#do de moralina el de Regal.
Comentario por Alcoa (02-10-2007 09:53)
4 Pasachete co de s#blgtk08#oio duas plantas.
Comentario por Xose (02-10-2007 09:55)
5 Regal non hai que ser tan contundente que espantas ao "personal" . Hai que deixalos crecerse un pouquiño. Mimalos algo q#blgtk08#ue ao da internet teñenlle algo de alerxia. Pero ti vas e lle das un repasiño fino. Non che creo que volvan por aquí.
Comentario por Covas (02-10-2007 09:56)
6 É moi doado tanto sabe#blgtk08#lo como facelo tamén.
Comentario por Manolo (02-10-2007 09:58)
7 Unha preguntiña: ¿Cantos comentarios bo#blgtk08#rras de cada post nos que te insultan?
Comentario por Xose (02-10-2007 10:01)
8 regal, sinceiramente, tes cara de mongol pensa en pasar polo sicologo e que te dictamine quizais lle saques algo á xunta, algunha axudiña, que eso é o teu, arrastrar#blgtk08#te polas esquinas e chupar de onde podes, fainos un favor a todos e dedicate ó teu negocio e punto e deixa de falar de duas alturas non vaia ser que leves un susto.
Comentario por un bo consello (02-10-2007 17:09)
9 #blgtk08#
Comentario por Carlos (30-10-2007 17:40)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal