A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UNHA NOVA PONTE NO LANDRO
Moito se leva falado sobre os problemas de trafico enViveiro, coas continuas retencions xa históricas, fai anos se plantexou como un problema a resolver coa construcción da via rapida San Cipriao- Ferrol, e a saida natural do Val do Landro por a Gañidoira, Un elemento sopostamente “vertebrador” que sufreu cambios, para ben, según o meu entender, na sua redacion definitiva no que concerne a o pedazo que dende Celeiro vai a Arredoada, pero que parece combertirse naquelo tan manido de “?Queres que che conte o conto de Boapipa” repitido ata a estanuacion do mais pintado.
Pero unha vez a punto de solucionarse o de unha comunicación rapida por o norte co interior, segue a non ter horizonte a cominicacion de Viveiro con o outro lado da ria, Covas e carretera a Ferrol, ainda asi un non ve a posible solucion como para ser utilizada diariamrente para cruzar a ria os do concello. Ainda confiando que se fagas algun dia todo o proxecto co conseguinte gasto publico e o notable impacto medioambiental, resultara que a gran solución ao problema do trafico interno non será tal, o evidente é que as retencións seguiran no meollo de Viveiro, para cruzar a ria de forma similar a hoxe en dia donde e testigo das mesmas a xente que a diario ten que ir de Viveiro a Covas e sufre a desesperación do tempo perdido nas continuas retencións, por non falar xa do suplicio que é cruzar a vila.
Dende fai anos se esta falando de novas solucións para este eterno problema, e curioso que sempre se busquen solucións parciais que finalmente resultan insuficientes porque estan sobrepasadas xa antes da sua concepción, e peor ainda da sua construcción.
Quizás habería que facer un plantexamento mais sinxelo pero menos localista, deixarse de mirar tanto o ombrigo e levantar a vista, a solución non é outra que construir unha nova ponte que una as duas veiras da ria, quizabes fora da estreitura das actuais, partindo de Magazos, e con un trazado novo, sin ser via rapida nin nada parecido, que solucione o trafixco local e de paso dinamice unha parte considerable do territorio do Val do Landro.
Craro que unhos politicos, falo dos de antes e dos de agora, con tan poucos miolos para formalizar un Viveiro de futuro, que nin siquera son capaces de levar a cavo o que o Pepri de Viveiro dictaminou fai casi 20 anos, unha nova via por o Chamorro e ampliar e acondicionar o aceso a Viveiro que esta igual que na ideade media, chamado camiño Real, ampliandoe e dandolle unha saida acorde o trafico actual, a solucion vese brilar por a sua ausencia.

Vai sendo hora, pois que os cidadans exixan a os seus politicos, señan da raza que sexan que se plantexen unha reivindicación conxunta para reclamar oficialmente a construcción das vias que se prometeron, e de paso unha nova ponte e viales para uso local, se habilite o Camiño Vello, se construa o vial do Chamorrto e outras cousasa mais interesantes que organizar festas e romerias. Si neutros lugares de Galicia o conseguiron, por que non vamos a reclamalo aquí. Hai que empezar axiña.
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-09-2007 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Xa te lein no Progre#blgtk08#so, tesllela xurada.
Comentario por Xose (24-09-2007 11:47)
2 É tamen mirar curto -pero isto é España- creer que a solución virá da man do concello. Pensando en termos metropolitanos, e xa sei que non estou descubrindo nada novo- unha solución interesante é a potenciación do tráfico ferroviario: mellorar a rede, incrementar as frecuencias, anque supoña un gasto, a durto prazo servir#blgtk08#á para: desconxestionar as estradas comarcais de tráfico automóbilístico, reducir a emisión de gases contaminantes, mellorar a accesibilidade e a conectividade, evitar o colapso das grandes urbes, reducir o número de accidentes de estrada e introducir hábitos responsables e ecolóxicos de consumo. O beneficio parece claro.
Comentario por Anonimo (24-09-2007 11:50)
3 Non hai que agotar ningunha posibilidade de trazado da nova ponte, quizab#blgtk08#es non teña que ser por Magaszos, Xunqueira tamen podia ser o itinerario.
Comentario por Covas (24-09-2007 11:53)
4 A solución non e por Magazos seno pn unha pont#blgtk08#e como a de Rande dende A Casanova a Escourido
Comentario por Pitiño (24-09-2007 11:54)
5 ás veces defendes o territorio e ou#blgtk08#tras queres pontes atravesando ...
Comentario por nevoa infinda (29-09-2007 17:11)
6 outra vaca#blgtk08# no millo
Comentario por caghallón (29-09-2007 17:13)
7 Yo me apunto a la idea de Pitiño de hacer un puente que una los dos extremos de la boca de la ría, para ver como los barcos como el OStedijk pasan por debajo. Sería el "Jolden Jeit" del bipartito, a imitac#blgtk08#ión del de San Francisco que también es de color rojo. ¡Quién vería a Roel cruzando el puente en su inauguración a bordo de un descapotable y con una pancarta en las manos de "Viveiro"! ¡Qué esmendrelle!
Comentario por ¡Pontevía, XA! (13-10-2007 16:10)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal