A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

¿DE QUEN É A PAISAXE?
Tan convencido estou da responsabilidade dos nosos Gobernantes na degradación da paisaxe (económico, social e territorial) como de que a solución a estos problemas sóio está en mans da sociedade civil, a mesma sociedade que, a través de opinións libres e publicitadas, quizais coa mesma radicalidade pero con algo menos de vehemencia da que eu poño en alguns dias, podese obligarnos a non utilizar o térmo paisaxe en van para falar “de todo na vida” sinon para exigir o control sobre o uso irresponsable dese fondo de desinterés contra o que deberían recortarse as accións humans.
Esta craro que os problemas da paisaxe son políticos e económicos, pero as solucións sólo poden ser de natureza cultural, e esta ausencia de cultura do urbanismo non é nova, é algo endémico e moi próximo á mentalidade galega quizais moi relacionada coa propiedade da terra e o minifundio isto xa orixinou no pasado unha dispersión altísima da poboación pola terra, coa excusa da adicación da terra para uso agricola salpicouse perante décadas o chan rústico de vivendas unifamiliares e alpendres ”para aperos de labranza” sen servizos adecuados.
Pero os tempos viñeron cunha xeración de novos ricos, agora a demanda residencial derivou nunha presión inmobiliaria maior que provocou a devastación xeneralizada do territorio acentuada ata extremos non vistos, esta semana contei eu vinte gruas en Barreiros, 24 en Foz, 28 en Viveiro.
Aproveitandose de planeamentos urbanísticos desfasados e co apoio de corporacións municipais tamén desfasadas e ignorantes ou directamente corruptas, deron paso á concesión de licenzas directas en terreos cualificados ilegalmente como urbanos cando non están dotados dos servizos, e moitas veces ata afastadas dos núcleos urbanos para outorgar devandita cualificación, sendo na realidade leiras destinadas a prados e outras labores agrícolas ou seudo-agrícolas, isto unido a recalificacións alegais de vastas zonas de chan rústico, zoas inundables, terreos gañados o mar ou montes, mediante pelotazos urbanísticos deu como resultado unha forma de construción totalmente anárquica, cada quen aproveita sen limite a súa parcela, burlando a lei como pode, o resultado é que non hai alineacións de fachadas, non hai rúas, non hai veirarrúas, non hai espazos verdes habilitados, non hai aparcamientos. Só se preocuparon de facer os queixos-vivendas.
O noso entorno en particular e a costa galega en xeral está plagada destes exemplos. A maioría destas novas urbanizacións e edificacións non teñen nin solucionado algo tan básico como o alcantarillado , a solucion segue a ser o vertido directamente ás praias, rios e acantilados, tamén aquí feita a lei, feita a trampa, nos proxectos asinados por arquitectos titulados presentan a maioría solucións irrisorias a base de fosas sépticas, que non son mais que enterrar temporalmente o problema, envenenar o subsuelo e finalmente ríos e rías, mar e regos e regatos.
Asi as cousas ¿Quen vai a poñer o cascabel o gato para que non nos vexemos obrigados a deixar ás xeneracións vindeiras nada mais que desfeitas urbanisticas e arquitectonicas, cemento, alquitran e desapareza a nosa autentica riqueza, o noso orgullo e razón de ser neste mundo. A paisaxe , xa saben vostedes, queridos lectores da meu pesimismo, polo que teño que decir que as miñas previsións de parar esto non son alagüeñas nin moito menos,soio a cidadania podia poñer freno a esta desgracia, pero nun pais de minifundios, donde todo fillo de veciño ten unha leira, e moi difícil que se pare de pensar que “cada leira e unha riqueza”, ou peor ainda, “cada leira e un solar”

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-09-2007 08:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Yo veo que nuestros políticos -los locales sobre todo- están bien activos al respecto: se dedican a facilitarles a vida a especuladores y gentes necesitadas de blanquear su dinero. Las empresas que están destrozando nuestro paisaje natural y urbano no actuan en el vacío. No lo podrían hacer si alguien no creara PGOUs que dejaran a los ciudadanos literalmente en bragas frente a los abusos. Tampoco podrían actuar libremente sin recalificaciones escandalosas, sin que las multas fueran simbólicas o simplemente incumpliendo las leyes. Aquí hay algunas circunstancias a considerar. La primera es que la primera fuente de financiación de los ayuntamientos viene via IBI. La segunda es la voracidad d#blgtk08#e nuestros partidos, que parecen necesitar de más dinero. La tercera es que la mayoría de los delitos urbanísticos quedan impunes . Un coctel de extraordinaria potencia. Aquellos políticos que no están de acuerdo con dicho estado de cosas se dedican a mirar a otro lado, ya que consideran que muchos de los votos los controlan oligarquías locales corruptas.
No es un caso singular, se trata de un hecho ampliamente generalizable. Las administraciones locales, sobre todo en la costa, son una cáscara corrupta dedicada a la protección de los intereses inmobiliarios y a la extorsión de los ciudadanos. Si alguna vez hubo intención de servicio público, aquello quedó olvidado.

Comentario por Alcoa (09-09-2007 09:58)
2 Regal, creo que levas toda a razón sobre la actitude das a#blgtk08#utoridades locaes. Ahí está a xénesis de toda esta merda.
Comentario por Xose (09-09-2007 09:59)
3 Me temo que no hay freno posible a ese tipo de especulación ni a la con#blgtk08#nivencia con ella tanto de comunidades autónomas como de ayuntamientos.
Comentario por Koldo (09-09-2007 14:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal