A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

POR UNHA AUTENTICA PARTICIPACIÓN CIDADÁN
Mentras os políticos predican a necesidade de dar cabida nos concellos a unha maior participación cidadán, crean asociacións, moitas delas do cordel, dictanse normas e entreganse subvencións, a autentica participación cidadán, tradicional na historia da nosa bisbarra en particular, e en toda Galicia e xeral desaparece pouco a pouco. E o curioso é que ocorre en tempos de democracia e en tempos de gobernos de esquerdas.
En un estado antidemocrático toda participación ciudadán e imposible por definición; pero nun estado constitucionalmente democrático a participación cidadán é, tamén por definición, algo íntimamente ligado a o mismo concepto de democracia. Unha de duas: ou temos participación cívica ou non temos democracia.
Ata fai menos de 20 anos as vilas e pequenas cidades do noso entorno tiñan comisións de festas patronais formadas por un grupo de amigos, asociacións, gremios que con pouca axuda por parte dos políticos de turno organizaban os actos lúdicos, festivos e culturais do transcurrir festeiro., cando a democracia se asentou, no caso de Viveiro, fun o ultimo presidente das festas, sin ser concellal nin funcionario municipal, en outros lares recurreuse a formar asociacións vencelladas a o goberno de turno para dende ali organizar os festexos, e dende esa data cando o goberno municipal colle a organización das festas, quizais porque desdeña esa axuda fora da casa grande do Concello ou porque quere todo o protagonismo dos eventos para eles e ten medo as sombras e desta forma rentabiliza mellor o voto.
Vista asi a cousa, a falla de participación cívica na xestión municipal resulta así, a primeira vista, tan escandalizante como dudar da paternidade dalguen. Marxinala participación cívica nun concello democrático é como confesar que ese concello sóio e democrático de nome.
E asi vemos, no caso de Viveiro, e tamén noutros lugares deste norte galego a concelleiros que teñen esquecidos os deberes de abondo, tales como a elaboración puntual dos orzamentos convertidos en presidentes de comisións como O Naseiro, e pidindo de negocio en negocio como romeiros calquera, e un creé que non é esa a función dos concelleiros nin dos concellos, que bastante terían, si o fixeran ben cos seus menesteres, eso correspondelle a participación cidadan, eso si ben tratada, con resperto e agredecemento ó seu esforzo, que tanto antes como agora reloce pola sua existencia.
Xa saben vostedes a miña mania de poñer exemplos, A recente edición da Feira de Artesania é un deles. Ata este ano dende a sua fundación, idea que non procedeu dos políticos, digan o que digan os papeis, que siguen aguantando todo o que se lles poña, sin protestar, foi unha comisión da que en principio formaban parte colexios, asociacións e artesáns, ben, este ano as concelleiras de cultura e industria e turismo, sen encomendarse a Deus nin ó Demo puxeronse a organizala, e un decir, a cousa saleu mais ven regular, por non decir mal, pero como sempre se nos ten acostumados aquí “Mais vale menealla que enmendalla” e dende o concello sairon esta seman intentando matalo mensaxeiro, unha vez mais, e dicindo que o ano que ven iban facer moitas milagres, soltabase algunha ameaza de carácter iñorante, e deciase que aceptaban a colaboración pero quen na iba organizar era o concello, pois moi ben, seguimos indo para atrais coma o cangrexo e participación cidadan.
"Por aquí xa non hai camiño, pois para o xusto non hai lei", que diría San Xuan da Cruz. É mellor contar con persoas respetuosas dunha ética democrática, ainda en ausencia de reglas establecidas, que un sistema de reglas democráticas en mans de persoas sin respeto a elas.
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-08-2007 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Non me veñas con historias porque non é así o que dís.
O certo é que as comisións de festas que había eran grupos de persoas pertencentes o PP que cando gañou o PSOE déronse de baixa como comisión deixando en panos menores á xente do pobo ou o goberno municipal, caso dos organizadores do festival do Landro...
En Naseiro, o verdadeiro organizador sempre foi o concello: luz, policía municipal, retretes... e o#blgtk08# que había era unha organización que non se cansaba de facer ceas a conta do diñeiro dos cidadáns.
As orgaizacións estan ben,sempre que a súa actuación se base na boa fé ¿Acaso non deu pé este goberno a crear as actuais organizacíóns comarcais, elexidas mediante sufraxio e sustitutivas do antiguo alcalde pedáneo?
Ninguén ten culpa de que fracasadas no intento de crear unha, dirixida por tí en Galdo.
Comentario por canquinquía (26-08-2007 18:28)
2 anche de pechar o chiriguito,estas a ter razon outra vez. claro que despois do abandono da antigua comision tampouco hera do caso non facer #blgtk08#o naseiro, pero claro que o cocello chegarialle dabondo gobernar sen estar a decir ahora non podemos "xa o bamos a mirar despois das festas"
Comentario por xusto (27-08-2007 10:19)
3 anche de pechar o chiriguito,estas a ter razon outra vez. claro que despois do abandono da antigua comision tampouco hera do caso non facer #blgtk08#o naseiro, pero claro que o cocello chegarialle dabondo gobernar sen estar a decir ahora non podemos "xa o bamos a mirar despois das festas"
Comentario por xusto (27-08-2007 10:20)
4 Xa sei que e longo, pero merece a pena e un anaco do programa dos socialistas galegos, o maloi e que en Viveiro non gobernan os socialistas sinon o PC disfrazado.
Os socialistas galegos propoñémonos devolver a voz ós cidadáns cando decidamos dende a Xunta de Galicia. Desexamos intensificar a democracia facéndoa máis participativa, de xeito que todos sexamos corresponsables das actuacións das administracións públicas galegas.


Potenciaremos a iniciativa lexislativa popular e as canles de intervención dos colectivos cidadans para escoitar o seu parecer en cuestións de grande relevancia social, como as relacionadas cos nosos maiores, a igualdade da muller, a xuventude e a inmigración.


Galicia ocupa o derradeiro lugar en materia de asociacionismo no conxunto do Estado español (4,39 asociacións por cada 10.000 habitantes). Certamente, existen no noso país asociacións, fundacións e organizacións non gobernamentais que prestan innumerables servizos sociais, asistenciais, deportivos, ambientais e culturais. Pero debemos percurar a súa implicación nas decisións que tome o Goberno galego co fin de evitar situacións coma a do Prestige, onde poidemos comprobar cómo a cidadanía galega se anticipou ó daquela goberno do PP tanto en España como en Galicia. A marea branca de voluntarios que anegou as nosas costas, os miles de persoas que asumiron de forma decidida a súa responsabilidade dando mostras de valentía e de respeto pola nosa terra, é un capital social que nunca poderemos esquecer nin permitirnos o luxo de perder.


A Xunta non aprendeu da trascendencia e valía do voluntariado nin reparou na necesidade de apoiar eses movementos dende as Adminstracións públicas.


Temos que implicar ás voluntarias e ós voluntarios na xestión do noso medio ambiente, nas tarefas de apoio ós maiores, nas de protección das mulleres víctimas da violencia doméstica e na integración dos inmigrantes na nosa terra, ben sexa a través da Administración da Xunta de Galicia ou dos gobernos locais.


Os concellos galegos seguen a estar no furgón de cola da participación cidadá. Poucos dispoñen dunha concellalía de participación cidadá, e se a teñen, cáseque non contan con recursos económicos, materiais ou persoais.


Abofé que é doado comprender por qué a veciñanza dos municipios da Galicia non participa a miúdo no deseño e xestión das actuacións mais salientables dos seus Concellos, limitándose a votar cada catro anos e agardando a que o Alcalde acade algún favor da Xunta de Galicia baixo a forma de subvención segundo os ten acostumados o PP neste últimos anos.


É certo o atraso de Galicia respecto das novas tecnoloxías da información e a comunicación. O número de persoas que acceden a Internet, aínda que en aumento, segue situando ó noso país nun dos índices mais baixo do Estado. Galicia está a perder o tren das Novas Tecnoloxías e na beiravía quédanse moitas persoas que poderían participar nos asuntos públicos a través de internet.


O déficit tecnolóxico agrandece a analfabetización informática dos galegos que descoñecen os protocolos mais normalizados de utilización da rede. Os poderes públicos galegos en xeral, e a Xunta en particular, son os verdadeiros responsables deste retroceso e das consecuencias negativas que supón para unha gran parte da poboación xuvenil, que é o futuro da nosa terra.


Obxectivos

• Dar un novo pulo lexislativo ós procesos de consulta popular e referéndum en Galicia.


• Aumentar a presenza das cidadás e dos cidadáns galegos nas institucións dependentes da Xunta de Galicia, a través de asociacións representativas e apoiar decididamente ó voluntariado social e ambiental.


• Potenciar os m#blgtk08#ecanismos de consulta e participación nos concellos a través do apoio ás concellarías de participación cidadán.


• Abrir novas canles de consulta on-line cos cidadáns e as cidadás a través de Internet.


Medidas

1. Elaborar unha lei que regule a iniciativa lexislativa cidadá e outros modos de consulta directa, tanto no ámbito autonómico coma no municipal, que dote de contido o dereito dos cidadáns de participaren directamente na xestión dos asuntos públicos, sen perxuízo do protagonismo que lle corresponde ós partidos e grupos políticos representados no Parlamento de Galicia.


2. Potenciar a participación cidadá e das asociacións máis representativas na Administración dependente da Xunta de Galicia, tanto a central coma a funcional ou institucional. Con tal motivo abrirase un proceso de consulta cidadá en cada unha das consellerías destinada a amosar a rede de actores sociais que apoia cada unha das políticas públicas galegas, dándolles participación a través de consellos sectoriais.


3. Fomentar a participación dos colectivos cidadáns na futura Oficina de Avaliación das Políticas Públicas da Xunta de Galicia.


4. Introducir mecanismos de efectividade social en cada unha das propostas lexislativas da Xunta de Galicia de forma que a cada lei de carácter social se lle deba incorporar unha Memoria Social na que se recollan as aportacións das entidades sociais afectadas.

5. Establecer unha regulación específica no ámbito local destinada á creación de organizacións que dean soporte ás redes participativas en materias tales como o desenvolvemento sostible, igualdade de xénero, os servizos á terceira idade, dotacións sanitarias, axuda á inmigración, etc. Para iso crearanse Unidades de Xestión de Apoio á Participación (UXAP), que poderán asesorar e auxiliar na xestión nas Axendas 21 locais, plans comunitarios, proxectos educativos, pactos de emprego locais, orzamentos participativos, etc.


6. Facilitar a comunicación directa da cidadanía cos seus representantes parlamentarios, contemplando as previsións da Lei electoral, a reforma do Regulamento e o recurso ás novas tecnoloxías da comunicación. Potenciarase así o uso das Novas Tecnoloxías da Información e as comunicacións entre o terceiro sector e a Xunta de Galicia, tanto en relación cos mecanismos informativos e de consulta, como nos destinados á xestión. Procederase a modificar a actual web da Xunta de Galicia, de carácter meramente informativo, profundizando nos mecanismos de contacto e xestión administrativa cos usuarios da Administración Pública galega.


7. Dotar ás organizacións sociais galegas da facultade de presentar ós grupos parlamentarios candidatos ós órganos consultivos e fiscalizadores dependentes da Xunta de Galicia: Consello Consultivo, Valedor do Pobo, Consello de Contas e Consello Audiovisual.


8. Apoiar ós Consellos Sectoriais Municipais e ás concellalías de Participación Cidadán dos Concellos de Galicia mediante programas que favorezan a pluralidade e a profundización
democrática.

9. Incluír nos deseños curriculares de todos os niveis educativos contidos obrigatorios que recollan os valores da cidadanía democrática e que potencien a participación de tódolos grupos de idade nos asuntos públicos.


10. Desenvolver o dereito de acceso ós medios de comunicación de titularidade pública por parte das organizacións sociais galegas.


11. Potenciar os medios persoais e materiais do Valedor do Pobo para que os seus informes e preguntas teñan a oportuna resposta; incrementar os mecanismos telemáticos necesarios para que as cidadás e os cidadáns poidan realizar preguntas e solicitar información a través de Internet.
Comentario por Sociata de sempre (27-08-2007 15:07)
5 A participación pública constitúe o elemento transversal máis importante incentivando a#blgtk08# participación activa dos
cidadáns no transcurrir das vilas e pequenas cidades..
Comentario por Xose (27-08-2007 15:14)
6 Canquinquia, non e ustede nada xusto mais parece o palanganeiro de o señor Rafael Amor e do señor Melchor Roel, ou quizabes sexa ustede moi novo en edade, o que dice Regal e certo, poido xuralo, el e un grupo de xentes fixeron todas as festas de Viveiro, incluido santo tomas dous anos seguidos o 92 e 93, estivo na oprganizacion de moitos antroidos e perto de 20 nadales, despis foi Aja y sus chico#blgtk08#s quen fixeron as festas, nin a os de antes non teñen a naide quen lles faiga estos menesteres, eso e a realidade, o das asociacions e un conto mais, pero tamen e certo que quizabes estes soio sirvan para facer festas, terian logo que poñer a xentes como Regal a facer os presupostos......pero, con perdon, unha cousa e predicar e outra gobernar..e o señor Regal alo mellor tamen nos saia rana.....
Comentario por Covas (27-08-2007 19:34)
7 Señor/a Covas, non poña na miña boca verbas que eu non pronunciei.
Estou de acordo en que houbo e había comisións de festas, pero o feito de que hoxe en día non haxa mais asociacionismo non é culpa do axuntamento de Viveiro, que eu sepa non se promulgou ningún decreto dende a alcaldía prohibindo as asociacións, senon todo o contrario, articulouse unha estructura democrática, sendo fieles o proxecto do PSOE de Viveir#blgtk08#o, polo que se crearon asociacións veciñais sustitutivas dos antiguos alcaldes pedáneos.
Regal, practicamente tildaba de antidemocrático o goberno progresista de Viveiro, porque agora os eventos fanse dende o concello.
O que tiña que decir, é que gracias o concello, todos estes eventos seguen vixentes, e cunha calidade sen precedentes.
¡Aínda habedes de decir que tronou en Naseiro por culpa do alcalde!
Comentario por canquinquía (27-08-2007 23:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal