A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O MILAGRE DOS GALIÑEIROS
Si a santisima trinidade esta formada por: Padre, Fillo e o palomo, ou sexa o Espiritu Santo, no caso das ilegalidades urbanísticas que se fixeron fanse e co "intilixencia" que nos goberna fa bon seguro faranse en un futuro.... tamén hai alomenos tres figuras: Promotores Delincuentes, Concellos Corruptos e Axencias Inmobiliarias sen escrupulos. Son estas últimas as encargadas de servir en bandexa de prata aos incautos as ilegalidades urbanísticas xestadas polos dous primeiros, e abofe que as poñen ben adornadas.

Os exemplos temolos a esgallo ...En Viveiro din as normas sobre tellados que estes non poden ter unha inclinacion inferior a 45 ª, para entendernos medio angulo recto, ademais non poderan ter ventanas nin similares que sobresallan dita inclinacion, ....cando se atorga una licencia, esta dilimita craramente cantos metros ten que ter a fachada de alto....pero entoln aparece o milagre.....encima da esquina da fachada ...un pouquillo retranquedao aparece outro pisiso mais sin inclinacion nin gaitas......Donde antes se facian galiñeiros....ahora nin lousa nin o carallo pisos igualiños que os de abaixoi, eso si mais caros por o das vistas...¿Que pasa logo?......¿Como se entende esto...antes xa sabiamos ou sospechabamos que alguen se embolsaba algo....¿E ahora?.......Que mo espliquen....que non no entendo........Non poño en duda a honrraded do concellal de urbanismo que e o propio alcalde en cuestion de sobornos e diñeiros...pero a cousa pasa...aqui mismo, na esquina de Xunqueira....na variante, en Covas, ....e multitude de etcs...... Despois a cousa vendese o reclamo é o seguinte:
Luz natura l y vistas, Amplitud y calidad, Precios asequibles....


Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-08-2007 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 Os constructores fanse multimillonarios, os obreiros caen dos tellados abaixo sin ningún tipo de protección, e as familias endeudanse ata máis non poder con hipotecas de 600 euros mensuais durante trinta #blgtk08#anos, para que os señoritos gañen un 200% sobre o coste real do piso.
A vivenda é unha necesidade, non pode rexirse pola lei da oferta e a demanda.
Intervención estatal de plusvalías xa!!!
Comentario por canquinquía (24-08-2007 14:50)
2 Por descontado si alguen ten dubidas que se aforre o viaxe ate o concello para pre#blgtk08#guntar por ditas construccions, a resposta vai ser a de sempre "esta todo legal".
Comentario por Covas (24-08-2007 18:26)
3 E moi fácil criticar, non dar solucións, e pretender que Viveiro medre. Coma dixo unha señora o outro dia no paseo de Covas, gustaballe vir de vacacions a nosa vila e ver carros de vacas polas nosas rúas, cargados ós topes, despóis dunha xornada de #blgtk08#sol a sol de traballo esgotador, claro tiña morriña, ela é da cidade de Lugo. Eu quero para os nosos fillos un traballo mellor que ir cos bois ó monte.Con todos os meus repetos e aprecio as persoas que traballaron tanto para mellorar o noso entorno.
Comentario por Lopez (24-08-2007 18:29)
4 Pero a xente lle amola que se critique con razón, legal e lexítima, e se vexa abocado, o promotor, o político ou o empres#blgtk08#ario de turno obxecto escarnio, a recorrer aos ataques persoais infundados para tentar desprestixiar aos que protestan.
Comentario por Xose (24-08-2007 18:32)
5 Os promotores non somos santos, eso queda claro, tampou#blgtk08#co uns rufians como se nos pinta, ou eso quero pensar.
Comentario por Pequeno constructor (24-08-2007 18:34)
6 Esta vila leva moitos anos soportando unha degradación progresiva unha especie d#blgtk08#e cancro que foi roendo un entorno histórico, artistico e paisaxistico singular.
Comentario por Maria (24-08-2007 18:34)
7 Nesta pésima situación os nosos gobernantes que tantas veces falan dun “desenvolvemento e unha xestión urbanística sostibles e proteccionistas dos valores históricos, culturais, paisaxisticos e ambientais do noso Concello”, o camiño que levan semella totalmente oposto a tenor do contido do avance do Pxom que están redactando, esto acompañado da desidia na aplicación da rehabilitación#blgtk08# do casco urbano, leva irremediabelmente a aparición dunha lexión de buitres dispostos a rematar co patrimonio de todolos viveireses. Os exemplos son moitos eos mais recentes non vamos a recordalos outra vez, pero si habería que pensar nos que se nos veñen enriba de continuar con esta actitude municipal xa que moitos destos edificios e solares xa estan acaparados polos especuladores.
Comentario por Palomo (24-08-2007 18:37)
8 ¿E estas cousas nas falades no partido?¿Ou non facedes nin reunións?
Tí que o primeiro que fixeche foi afiliarte o PSOE, cando gañou as #blgtk08#eleccións, e tanta propaganda a favor lle levas feito antes diso, poñendo pingando a Orlando Expósito para haber si perdía unhos cantos votos.
Comentario por canquinquía (24-08-2007 20:51)
9 A Regal quedanlle tres telediarios e medio no PSOE de Viveiro...si non lle da unha arrautada e largase con vento fresco o chimparan fora Rafaelito, Moro e Melchor, o certo e#blgtk08# que Regal e todo menos un home de partido, e demasiado acrata para tal cousa, pero tes razon, Regal levou en volandas a esta tropa o concello, e dende logo saironlle rans.
Comentario por Xose (25-08-2007 08:34)
10 sr. regal vostede fala de especulación,o do pazo da trave despois de restauralo coas axudas da xunta e logo vendelo "ben vendido" iso non é especulación.Vostede arremete contra os que se hipotecan a trinta anos,claro vostede non ten ese problema.arremete contra os á#blgtk08#ticos ¿non sera que non lle gusta o ático do edificio xunqueira,o que sae na foto?non vaia ser que enturbie o entorno do seu negocio.Bueno vou ir pararando xa porque para respostarlle teño para largo. por favor a proxima vez que abra a boquiña sua penseo duas veces
Comentario por o tractroreiro (04-09-2007 16:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal