A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O CONTO DO GATO E O CAN

Tiven eu un gato, que encontrei na rua do medio unha noite a volta do traballo, en tempos de oficiante de taberneiro, era mouro, dunha negrura cerca do azabeche, pequerrechiño, crieino con biberón e leite Larsa, no obradoiro da porta da Vila, e como tiña a mania de esconderse puxenlle un cascabel, lembraran quizais aquello de “¿Quen lle puxo o cascabel ó gato” , asi era mais doado localizalo para darlle a comida e a bebida, pasou o tempo e o “minino” o que lle puxera por nome “negrito zumbón” fixose grande, pero continuou co cascabel, fixose tan sixiloso que collia ratos con cascabel e todo.
Un día cando decidimos convertir o obradoiro en tenda, o gato escapaba e tivo algun percance donde se librou das rodas que balado abaixo circulaban, e asi as cousas decidimos trasladalo de localidade, levouno miña nai para Nois, donde tiña espacio e compañía, unha cadela pastora que rifaba día si e día tamén co gato, en un corre que te pillo interminabel, o curioso era que Lorca, que asi se chamaba a cadela rifaba e perseguía a “negrito zumbon” pero se algun outro can ou cadela lle rifaba ela ia directo a por el como decindo “ O NEGRITO ZUMBON E MEU, E SOIO EU POIDO RIFARLLE” un bo dia o gato saeu da finca en busca de mozas e un coche o esnaquizouno na curva da Parafita, enton a cadela estivo chorando e laiando a morte do seu gato perto dun mes.
A min pasame algo parecido cos políticos de esquerdas de Viveiro, rifolles a esgallo, instos a que se poñan as pilas, a que aren fondo e a o rego e ben dereito, poños a parir, si fai falla, pero como a cadela, que naide aproveite as miñas criticas despiadadas para arrimar o carro ó seu lado, sintoi, son os meus políticos, eu, si podo critícalos pero ninguen maís, como a cadela co gato.
Esto ven a que, como nos últimos tempos estou en desacordo en como se fixeron e fan as cousas por parte dos gobernantes algúns aproveitan a cousa para decir aquello de “Melchor ten tódolos fallos do seu antecesor e ningunha das súas virtudes...” pois miren vostedes, o actual alcalde ten defectos e fallos a esgallo, que tire a pedra aquel que non os teña, pero, mentras non se demostre o contrario é honrado e non vai o caixon do erario publico, nin come en restaurantes caros día si e día tamén a conta do cidadan, nin regala marisco pagado polo concello, nin admite regalos, e si chegan van directo para o asilo, e sin bombo nin platillo, non quixo aceptar sobornos de constructores, que si llos ofreceron tanto para el, como para o partido, e por enriba, cousa que non é xusta cobra un soldo mísero, por unha boa carretada de horas de traballo, esa, entre outras son a diferencias entre os meus políticos e alguns outros.
A pesar delo, eu seguirei mostrando o desacordo cos feitos puntuais cos que non este de acordo porque a un gustalle ver os meus políticos traballando polo meu pobo e non servirse del, para medrar, económica e políticamente. Ademais, como mostra un craro exemplo “. os meus políticos roubam menos que os teus” xa sei que é unha resposta manipuladora e, como sempre políticamente incorrecta pero e moi verdadeira.
Moitas veces os políticos caen na autocomplacencia e no despotismo e estes feitos producense pola pouca implicación dos ciudadans na vida pública e pola pouca presión que notan á hora de decidir temas trascendentais, algo que no e desexable en absoluto. De feito, a pesares que no noso ordenamento constitucional e xurídico establecense os cauces de participación cidadán na vida publica. Cauces que ademáis de ser pouco usados polos ciudadáns, en ocasións, son menospreciados por políticos que parecen dispostos a escoitar solamente en campaña electoral. A descentralización e delegación de competencias ten como única excusa a cercanía ó ciudadán, por eso un seguirá aquí a pe do cañón dando “caña e maís caña” a quen o mereza, políticos afins incluidos, pero, advirto todalas comparacións son odiosas, e neste senso mais ainda.
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-06-2007 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Non sigo o que din os politicos de esquersas coma se fosen mesias, como fan alguns deste foro que parece que adoran os do PP coma se fosen santos. O que digo é que na maior parte dos casos criticase inxustamente ó BNG. Un exemplo claro e a lei de normalización linguista. Esta lei volvoche a repetir, por que pareces que n#blgtk08#on sabes ler, foi aprobada por unanimidade polos 3 partidos con representación parlamentaria na Xunta, PP, PSOE e BNG. Esta lei foi consensuada entre os 3 partidos, votada e sacada adiante. Por tanto é inxusto atacar ó BNG por esta lei. Se non queres ver esto e que eres cego. E coma este hai moitos mais exemplos.
Comentario por xose (26-06-2007 13:17)
2 Desde hoy le agradecería deje de utilizar la palabra izquierda con tanta lijereza, ¿está seguro usted que el bloque es un partido de izquierda? , en el sentido clásico de la palabra, yo lo dudo vaya si lo dudo, por otra parte cesar Aja ha tenido la suficiente inteligencia d#blgtk08#e dirigirse a un Viveiro que conocía desde su mas íntima neurona,y ha logrado su progreso y mejoras que los que la conocemos de la década de los setenta podemos dar fe de ello , pese a quien pese, la coherencia la valentia de un político como Cesar Aja esta clara.
Comentario por Uno de Vivero (26-06-2007 13:21)
3 A nivel municipal é unha estupidez dicir que se é de e#blgtk08#squerdas ou dereitas porque o que importa é a xestión.
Comentario por maria (26-06-2007 13:23)
4 Considero que o de esquerdas e dereitas é un discurso bast#blgtk08#ante denostado, eu polo menos non son quen de posicionarme
Comentario por mariñana (26-06-2007 13:23)
5 Xa non se trata de ser de esquerdas ou dereitas, senón de ser galegos ou ant#blgtk08#i-galegos, como afirmaba no 36 o avó do hoxe presidente do PP de Madrid. ...
Comentario por picaro (26-06-2007 13:24)
6 Aquí é preciso que faga unha reflexión máis ampla con respecto ao catetario papa#blgtk08#nático existente no noso país, que o hai tanto de dereitas como de esquerdas ...
Comentario por cansindono (26-06-2007 13:26)
7 A maldade dun politico non se excusa na maldade de outro#blgtk08#, por moito que un sexa de esquerdas e outro de dereitas
Comentario por bimbial (26-06-2007 13:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal