A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DE PRINCIPES E ALCALDES
Onte tomaron posesión os novos alcaldes, concellais e concelleiras da bisbarra, os primeiros tomarán os seus bastóns de mando e poderán impoñer a súa sinatura nos bandos municipais, o que traducido ó “Roman Paladino” quere de cir que faran e desfaceran nos seus respectivos concellos, unhas veces para ben e outras para peor.
A pesar do éxito do PPdG nestas eleccións os rexidores locais van ser menos populares que antes, conservando o seu poder nas zonas menos poboadas da Mariña. Bloque e Socialistas repartiranse os concellos mais poboados e ricos da franxa costeira: Viveiro, Burela, Foz, Mondoñedo, A Pontenova e Ribadeo, unha excepción a regra son Riotorto en mans do Bloque.
Facendo un somero percorrido pola vida política deste norte mariñan e o seu máximo exponente, os alcaldes e concelleiros, recen estreada a sua labor e cando se esta a votar quen serán os diputados provinciales e como se reparte o pastel, a un veuselle a memoria “O Principe” obra que Maquiavelo redactóu dun sólo golpe entre agosto decembro de 1513 a partir da sua longa experiencia personal , e que ven que nin pintado para explicar o funcionamento da cousa política por aquí.
Asi Maquiavelo estudia as diferentes crases de principados, agora serian alcaldías, cómo se adqueren e se conservan. Tráis unha rápida mención dos principados hereditarios, este esta un pouco caduco, centrase no estudio do que denomina principados novos, (en donde é novo tanto o príncipe como a organización política na que sustenta o seu principado) xunto cas diferentes formas de acceso ós mesmos e os problemas xenerais que plantexa a sua conservación, como poden ver moi aplicable a os novos concellos.
Noutra parte Maquiavelo pasa a estudiar cál debe ser o comportamento do goberno dun príncipe con respecto ós seus súbditos e amigos. Aquí fala o home do renacemento que debe o que manda abandonar o fácil recurso da imaxinación, improvisación e o decir si a todo e despois esquecer a promesa no caixon do olvido, desarrolla ademais os principios dunha política rigurosamente realista, partindo do que as cousas realmente son , foron e seran pois “ a política debe basarse en que a natureza e a paixón human son inevitablemente: maldade, volubilidade, ingratitude, ambición, envexa. Un Príncipe ( Un Alcalde ) debe basarse en sí mesmo: a lei, por un lado, e a astucia e a forza por outro, disfrazado -porque o obriga a situación- as sua primeira vista inxustas, inmorais accións, porque a política para a xeneralidade e o reino das apaiencias, xa que todos ven o que pareces, pero poucos palpan o que eres. Por elo, a de ser conscente de que é inevitabel e necesario pecar as veces para conservar o goberno, pero procurando por todolos medios non incurrer no odio e no desprecio do pobo que administra e goberna, porque éstos son os males ou vicios que fan perdelo. A mellor fortaleza e non ser odiado polo pobo, porque por moitas fortalezas que teñas, si o pobo te odia, non te salvarán.
Advirte tamén ante quenes desexan disfrazar a sua incapacidade e ignorancia coa presunta omnipotencia da sorte; co fín de demostrar que a virtude e a audacia teñen un lugar moi importante no desarrollo e conclusión da loita política. Trás todo isto, a un ponselle cara de pampo ó recoñecer de forma crara no “Principe” de Maquiavelo a algun dos nosos alcalde de antes e de agora, eses que o queren acaparar todo cargo existente, que tenden a rodearse de inútiles que non lles fagan sombra, e tamén os outros os bos e xenerosos que como as meigas habelos hainos.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-06-2007 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Señor Regal, hace un tiempo que leo, lo que aquí escribe, y no siempre consigo entenderle, no por sus ideas, (si las tiene) o criticas, mas bien por que usted usa palabras que no se suelen escuchar en la calle, me imagino que se ayudara del diccionario, y rebuscara palabras, para tratar de impresionar y dar a entender que es usted una persona muy estudiada y cualificada, para criticar e insultar, a todo aquel que a usted se le antoje.
Sin lugar a dudas es usted, o se cree usted, el hombre que todo lo sabe, pero usted bajo mi punto de vista, solo es un como un charlatán de feria, que solo sabe hacer criticas, pero en ningún momento le he visto decir cual seria bajo su punto de vista la solución a esa critica, claro esta que criticar y hablar mal de los demás, es fácil hasta los necios lo saben hacer.
Si señor Regal mientras el señor Cesar, le solucionaba los problemas, le ayudab#blgtk08#a, y le llevaba de la mano, a los sitios para que le dieran las subvenciones, usted callaba,
Pero usted siempre quiere mas, y en el momento que le dijeron esto es lo que le corresponde y nada mas, usted se enfado, se puso a patalear como un mocoso y se puso a insultar y a difamar a quien le levanto de las patas delanteras,
Mucho me temo que eso mismo le esta empezando a pasar con el señor Melchor, y sin duda pronto le veremos insultándole etc. etc.….
Por que una cosa si esta clara, usted no tiene principios, por lo tanto, lo único que le queda, es eso, ser un charlatán de feria,
Señor Regal no hay opiniones estupidas, solo estupidos que opinan
Reciba un cordial saludo, y permítame darle un consejo, dedíquese a hacer botijos, y no critique temas de los cuales es usted un indocto (esta palabra la he sacado del diccionario es como decir ignorante)
Comentario por por que (18-06-2007 18:08)
2 #blgtk08#
Comentario por (18-06-2007 18:08)
3 INDOCTO amigo insultador deses que tiran a pedra e esconden a man, non quer decir eso e simplemente "non docto" clarificando que e xerundio, que non entende do asunto.....por certo si ustede ade#blgtk08#mais de leerme quere falar e coñecerme algo mais...estou disposto.....e non insulte, seña un pouco docto na relacion co proximo, non fale de oidas e olvide, por un dia as filias e as fobias....
Comentario por OTERO REGAL (19-06-2007 19:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal