A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O PODER DESGASTA A QUEN NON O TEN

A poucos días da constitución das novas corporacións municipais que rexiran os nosos destinos para os próximos catro anos, seguen sen crarificarnos as cousas os políticos da bisbarra. Por unha parte os mandamais da cousa seguen a negociar en Santiago, pola outra, cada día espertamonos, ben cun chiste ou cun disgusto protagonizado polas suas delegacións neste norte nordesio, e asi as cousas un non sabe de certo si chorar ou rir.
Un día destes reunironse os do Bloque mariñán, un pensaba que era para darlles a enhoraboa ós de Ribadeo, Mondoñedo, Riotorto….e para poñer a andar ou de “patiñas na rua” ós de Viveiro, Burela, Barreiros, Trabada, Xove etc etc …e , outra vez mais equivoqueime, aquí, unha semán mais, naide fai exame de conciencia e dimite, e xa van tres, o que dixeron foi que andan escagarruzados polo asunto de o “Abrazo do oso” que leva consigo os gobernos en coalición, sobre todo si non se traballa e chegase ó Concello as 11 e vaise un para a casa a 1, cobra adicación exclusiva e apaga o móvil.
Asi as cousas os do Bloque din que non pensan pactar en Viveiro, Xove e Foz, Burela, Ferreira que no resto pensarano, agardo que soio o pensen ata cando lles poñan as pilas os de Santiago, menudos son estes da UPG, non din nada de Ribadeo e Mondoñedo onde precisan os votos dos socialistas.
Fai tempo contoume un paxariño gordo e forte que con motivo da visita de Quintana a Xove, este dixolle a o alcade : “Idependentemente do camiño que colla vostede a nivel político, nosoutros pretendemos volcarnos neste concello, o alcalde, disque que lle contestou “Mire eu non son nacionalisrta pero querolle tanto a Galicia como poida quererlle vostede”, pois ben, os nacionalistas, deberían falar en singular, de Xove din que non pactan, e outra vez, como en Cervo poden darlle o goberno o PP,
¿Qué nos queda? Pois gobernos en minorias, con apoios puntuais, a este respeto recordaseme aquello de “O goberno desgasta….sobre todo a quen no no ten”…Si tendo concellalias tan lucidas e rentables e propicias para facer favores e lucirse como cultura, asuntos sociais, comercio, turismo e deportes perdemos 1000 votos, facemos a regla de tres e decimos, ¿Cantos perderemos na oposición?, esto vale igual para uns como para outros, na oposición fai moito frio, casi tanto como no Ártico.
Francisco Vázquez, dende o Vaticano volveu a propor gobernos municipais sen pactos, algúns alcaldables da dereita parece que senten as tentacións de seguilo coa teima que precisamente o levou a Roma. Non son tempos de experimentos con auga de laranxa. Xa non hai marxe para o cantonalismo, para lances indisciplinados e políticas paralelas. Débese facer como en todolos sitios e se hai pactos galegos, son tamén para aplicar na Mariña de Lugo., tanto socialistas como nacionalistas teñen que ter en conta que a nova disciplina non vai ser a de tócame Roque.. Aquí o que está en xogo é se os gobernos do cambio van facer algo serio. Porque este é o momento de valeirar as deputacións e configurar comarcas e mancomunidades mais alo dos edificios posmodernos e semellantes.
Pola outra banda os do PP co señor Feixo, ainda de “Leader”, por aquí tampouco dimite nadie despois da desfeita, segue a sementar aquelo tan manido de que eles son o partido mais votado en tropecentos sitios e polo tanto, pola lei do embudo terian que gobernar, esquecese o de Ourense que aquí non se elixen alcaldes senon concelleiros e a maioria configurana os votos dos mesmos, outra cousa que tamén me sirviu de argallada foron as declaracións do alcalde en funcións de Barreiros, decindo que o urbanismo na quelas terras esta moi ben e que lle deu a razón nesa apreciación a maioria absoluta que lle concederon os veciños, ¿Cantas veces teremos que recordarlles a estes aprendices de políticos que os votos non sacan nin dan razon algunha, os votos soio dan poder. A razón e outra cousa home.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-06-2007 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Señor Regal, hace un tiempo que leo, lo que aquí escribe, y no siempre consigo entenderle, no por sus ideas, (si las tiene) o criticas, mas bien por que usted usa palabras que no se suelen escuchar en la calle, me imagino que se ayudara del diccionario, y rebuscara palabras, para tratar de impresionar y dar a entender que es usted una persona muy estudiada y cualificada, para criticar e insultar, a todo aquel que a usted se le antoje.
Sin lugar a dudas es usted, o se cree usted, el hombre que todo lo sabe, pero usted bajo mi punto de vista, solo es un como un charlatán de feria, que solo sabe hacer criticas, pero en ningún momento le he visto decir cual seria bajo su punto de vista la solución a esa critica, claro esta que criticar y hablar mal de los demás, es fácil hasta los necios lo saben hacer.
Si señor Regal mientras el señor Cesar, le solucionaba los problemas, le ayudab#blgtk08#a, y le llevaba de la mano, a los sitios para que le dieran las subvenciones, usted callaba,
Pero usted siempre quiere mas, y en el momento que le dijeron esto es lo que le corresponde y nada mas, usted se enfado, se puso a patalear como un mocoso y se puso a insultar y a difamar a quien le levanto de las patas delanteras,
Mucho me temo que eso mismo le esta empezando a pasar con el señor Melchor, y sin duda pronto le veremos insultándole etc. etc.….
Por que una cosa si esta clara, usted no tiene principios, por lo tanto, lo único que le queda, es eso, ser un charlatán de feria,
Señor Regal no hay opiniones estupidas, solo estupidos que opinan
Reciba un cordial saludo, y permítame darle un consejo, dedíquese a hacer botijos, y no critique temas de los cuales es usted un indocto (esta palabra la he sacado del diccionario es como decir ignorante)
Comentario por pastpor (14-06-2007 21:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal