A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TODO O PEIXE VENDIDO
Agora que xa todo acabou, e , como dician alá cando un tiña unha pila de anos menos, no portiño de Nois a cegada das lanchas dos Chaveas ou de Xulio dos Hermidas e xa venderan todo o peixe, Agora que xa se fixeron tódolos recontos e donde xa só queda se se pacte para gobernar ou pola contra se instala na vida politica a cultura de gobernar en minorias, con acordos puntuais, que tanto puxo de moda o señor Zapatero.
Xa ven sendo o momento de deixar a parafernalia electoral e poñerse ó carro, ben xunguidos a canga ou a molida pero todos intentando solucionar os autenticos problemas locais que preocupan os cidadans: a conservación do territorio e do ambiente, o urbanismo, a vivenda asequíbel, o tránsito, a promoción da economía e o emprego...
Cada maestriño ten o seu libriño para analizar o que sucedeu o pasado domingo, eu resaltaria que aquí e por agora a cousa da poltica é de triángulo equilátero, ou seña ten tres vértices, Socialistas, Peperos e Bloque,.lin por ahí que as tres formacións presentáronse nos 315 concellos que ten Galicia. E a cousa durara por moitos anos a pesar dos atrancos e zancadillas que se puxeron e poñerán no futuro, e isto, segundo a miña humilde opinión e bó para a administración, os administrados e, diria máis, para o sentidiño común. A razón desta postura miña vén pola banda de que non me gustan nadiña, pero nadiña as maiorías absolutas, prefiro os gobernos en minoria, donde se teña que, negociar, admitir a razón do outro e incluso, si cabe, ter que embainarsea en moitas ocasións.
Nesta bisbarra o cambio vai traer novos ventos, non sei si do sur ou nordesios pero si seran novos, si o amaño entre socialistas e nacionalistas queda pechado esta fin de seman en Santiago e tendo en conta o dito por Jonquera. quen negocia en nome do Bloque "hai orientacións programáticas para garantir e asegurar a gobernabilidade …a sociedade galega fixo un mandato claro para que o BNG e PSOE conformen goberno".
Asi as cousas tan craras como a auga da fonte de Demoroi, alá donde eu nascin, non creo que ningun Basanta se volte a atrever a repetir aquel ” afaire “ que protagonizaron unhos correligionarios seus en Cervo fai duas lexislaturas e que lle deu o goberno o PP na localidade “Per seculun seculorun”, e a eles deixounos con a mitade dos votos . Pero por si non se enteraron o propio Jonquera volta a decilo “O convenio que se está pactando debe aplicarse ós concellos, porque os resultados das negociacións locais teñen que ser consecuentes co acordo marco".
Si esto funciona asi, e si os idependentes son algo mais que “Os cabreados do PP” e queren de certo votar unha man para cambiar as cousas no seus concellos , a cadeira electoral vai ter novas pousadeiras de esquerdas en Ribadeo, A Pontenova, Riotorto, Mondoñedo, Ferreira e Burela, ademáis repetirase en Viveiro e Foz, e en Xove, como deixou dito Don Xesus el fará o posible para que o PP non goberne. Por o tanto queda en mans da dereita soio Trabada, Lourenza, Alfoz, Ourol, Cervo, Vicedo e Barreiros. Esto ten outra lectura en clave provincial donde por primeira vez , dende a chegada da democracia, gobernara a esquerda e os nacionalistas.
“O povo é quem mais ordena”, cantaba o meu tocaio Xosé Alfonso. e así foi o domingo. nese inmenso puzzle electoral, cada cidadan formiguiña levou a sua carga de decisión ó formigueiro electoral e a cousa acabou como todos ustedes saben: Milagro… gañaron todos.
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-06-2007 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 Pois si, tes razón, por o que#blgtk08# se escoita , GAÑARON TODOS.
Comentario por Xose (04-06-2007 21:45)
2 Hola compañeiro
Ante todo felicidades polo teu blog, un gran traballo. Eu acabo de inaugurar o meu
http://candidato-paco-rodriguez.blog#blgtk08#spot.com/
gustaríame que o coñeceras e que participaras nel. Por suposto estás entre as miñas blogs amigas.
Unha aperta

Comentario por Paco Rodriguez (04-06-2007 21:48)
3 Y el Partido Popular, que es el principal partido de la oposición, ¿se siente orgulloso de los resultados obtenidos en Barcelona, segunda ciudad del Estado?

#blgtk08# ¿No es muy frustrante para ellos saber que aquí, en Catalunya, no cuentan para absolutamente nada, ni en el Parlament ni en el Ayuntamiento de Barcelona?

Comentario por Montserrat (04-06-2007 21:52)
4 Podrán disfrutar de la oposición como mínimo otros cuatro a#blgtk08#ñitos.
Enhorabuena a los vencedores.

Comentario por Pacha (04-06-2007 21:53)
5 Hoxe alegrame taaaaaaaa#blgtk08#aaanto ser galega... :D
Comentario por Maria (04-06-2007 21:54)
6 Que son unhas eleccions municipal#blgtk08#es lles recuerdo a todos.
Comentario por buda (04-06-2007 22:15)
7 Galiza, sitio distinto. Al final el PP ha salvado la Diputación de Pontevedra, por los pelos en el último minuto. Desde las autonómicas del 2005 han bajado 100.000 votos y han perdido cerca de un 6%. No van a gobernar en ninguna ciudad, pierden la antaño inexpugnable Diputación de Lugo (pobre Cacharro, no gana para disgustos) y han perdido 54 alcaldías con mayoría absoluta (que para 206 que tenían, en un total de 315 concellos, no está mal).
#blgtk08#
Y eso que Núñez Feijóo hizo la campaña en plan moderado y centrista, aunque en los últimos días, seguramente influido por el ambiente de su partido, no pudo evitar rebuznar que "hay que votar al PP para que Batasuna no se pueda presentar en el País Vasco ni en Galicia" (¿¿¡¡!!??). La incógnita es a ver cómo se interpreta esto en clave interna del PP, porque Núñez Feijóo está bastante más cerca de Gallardón que de Aguirre.

Comentario por Alcoa (04-06-2007 22:16)
8 Bueno, es normal que los políticos digan que han ganado, siempre lo hacen. Lo que ya no es tan normal es que los peperos se lo tragen.
Pero claro, el que concibe la po#blgtk08#lítica como un partido de fútbol es normal que se fije solo en los votos y no en el resultado. Como el culé culé que pierde la liga pero gana al madrid, oye.

Comentario por Koldo (04-06-2007 22:17)
9 ¿Y el famoso feudo gallego del PP? Según parece más que del PP era de Fraga. Ahora, sin el dinosaurio el PP va perdien#blgtk08#do hasta la diputación de Lugo, por no hablar de las siete ciudades: 6 para el PSOE y una para el BNG.

Comentario por Asturies (04-06-2007 22:19)
10 El gran derrotado de ayer es el mandrilismo PPero: les ha creado tantos enemigos que consigue que el resto de los partidos hagan equilibrismos imposibles con tal de que el PP no llegue al poder, a pesar de que en muchos s#blgtk08#itios tenían gente competente y moderada. Esos son los que tienen que preguntarse por qué no van a gobernar a pesar de tener más votos. Pero bueno, por mí que sigan así, más tiempo seguirán en la oposición

Comentario por Foz (04-06-2007 22:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal