A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ESLOGANS ELECTORAIS
ESLOGANS ELECTORAIS
Mitins, carteis, pancartas, coches facendo ruido anunciando o asunto, musiquiñas varias, as sonrrisas dos candidatos, programas, folletiños. Con todo, o que máis me chama a atención no florido pensil dos carteis electorais sonche os eslogans, eses lemas destinados a lamberlle o ego ao votante e a os que, con un minimo de humor podeselles sacar moito partido.
O eslogan e un dos elementos mais complexos da redacción publicitaria, unha peza clave de calquer campaña. Teodoro Luque definio como “A posta en marcha de ideas e plantexamentos que conten a oferta politica que compromete o porvir colectivo”.
Vamos, pois, observar a campaña das catro forzas políticas que se presentan en Viveiro tendo en conta os seus lemas electorais: Empezamos por a forza mnais votada, o PP que utiliza “Centrados en Viveiro” , pois, dende logo alegrome que o partido da dereita se centre en Viveiro, ademais , engado, e certo, Leal, o candidato a alcalde e un home moderado, dialogante, tranquilo, nada que ver con lideres anteriores, partidarios do insulto, da descalificación e sobre todo da crispacion politica que nos saturou perante os ultimos catro anos. Ademais o eslogan tamen e acertado en outro senso xa que escoitando a Zaplana e a Acebes o centro brila por a sua ausencia, esta pois ben que por o menos o PP centrese en Viveiro, e un alivio.
Tamen ven utilizando o PP outro eslogan “Confianza e futuro” Dende logo a min pareceme mais que está pensado desde unha optica de estandarización na que non distinguen os concellos onde gobernan daqueles onde non gobernan e son oposición como no caso de Viveiro.
O PSOE de Viveiro, que obstentou a alcaldía apoiado por o BNG e “empuxado” por EU, o eslogan que utiliza non e o mais acertado “Faremos mais”, mais que unha promesa de que seguiran a traballar arreo por Viveiro, sona a disculpa inmisericorde, algo asi como: “Home, non e que fixeramos moito nestes catro anos, primeiro por que encontramos o concello feito unhos zorros, despois porque dende Santiago cortousenos o grifo e mais adiante porque xa non deu tempo, pero votenos que nos proximos catro anos “Faremos mais”. Estas frasecitas a bo seguro que esta pensadas dende Madrid, sin ter en conta as caracteristicas diferenciais dos lugares donde se utilizan, e craro, despois pasa o que pasa o pobo saca retranco a cousa e a oposición mais ainda, “Ata eles recoñecen que nestes catro anos non fixeron nada” o que non e certo pero si cola, cola.
O BNG, que foi o mais madrugador a poñer carteis co retrato longo e mirando a dereita do seu alcaldable Goas , utiliza o de “Viveiro pensado para ti”, pois ben, a algunos os seus potenciais votantes pareceralles ben que Goas e os seus lle den pensado o que eles entenden que debe de ser Viveiro, a un que por o tempo, por os anos e sobre todo por as zancadillas, disparates e outras caralladas que viveu, pensa qua e democracia, precisamente consiste en que a xente axude a facer o Viveiro que queren, dende a diversidade ideoloxica, cultural e de entendedeiras, mais ainda diria aquelo de “Deixeme equibocarme e non me o dean xa todo cocido e asado”
EU que, como os outros utiliza o busto do seu lider local Orlando Espoxito ten como eslogan a palabra Honestidade , , non vou eu ser aquí o que dude da honestidade de Orlando, nin dos seus, nin moito menos, pero unha palabra tan definitoria, tan compacta e crara pode darsae a diferentes interpretacions, os da dereita xa dicen aquelo de “Presume do que non tes e che direi do que careces” ou a outrta de “Chufa carrizo que tamos no inverno”
Fiixen aquí unha aproximación a os eslogans nestas eleccions municipais na cidade do Landro, loxicamente, dende unha perspectiva moi persoal e dende o combencemento de que o tema non se agota nestas catro lineas.

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-05-2007 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 En el caso de Orlando y según un comentario difícilmente rebatible en este mismo blog sobre una licencia de obra menor de la casa donde vive, o que define a palabra honestidade da súa campaña é aquilo que reflexa un dito popular: "dime de que presumes e che direi de que careces".
Honestidade é facer eu o mesmo que pido para os máis... pedir que no dean alturas aos outr#blgtk08#os e dalas eu, iso non é honestidade, é hipocresía.

Orlando o que tiña que facer é dar paso a outros e facer un discurso político que vaia cos tempos... o seu programa electoral e unha viaxe ás cavernas sociais e económicas... ten moito perigo. aínda que o programa pouco importa, importa que non gane a dereita... iso si que é unha declaración de intencións...
Comentario por Bieito (23-05-2007 09:27)
2 En Foz, o "Faremos máis" de Pepe Rivera xa foi completado en moitos#blgtk08# carteis. Hai todo tipo de opcións: edificios, cartos, mentiras...
Comentario por atreyu03 (23-05-2007 11:46)
3 CADA VEZ TIENES MAS A#blgtk08#DEPTOS POR LO QUE VEO
Comentario por O DE SEMPRE (24-05-2007 12:43)
4 Viva la libertad de exxxxxxxpresion de est#blgtk08#e blog, Alfonso eres un crack, . Un saludo
Comentario por viva la libertad de expresion (24-05-2007 13:00)
5 Pois a min o do PP me parece o eslogan mais acertado. Xa que o do PSOE "faremos mais" debería sustituilo por "faremos algo". Xa que o único que fixeron foi perder servizos en prol de concellos veciños coma burel#blgtk08#s ou Ribadeo. O PP polo menos fai propostas e leva un proxecto claro. O Psoe soamentes quere que ño gañe o PP para manterse no poder e poder chupar a dedicación exclusiva.

Viveiro necesita a LEAL!
Comentario por valcarria (25-05-2007 19:32)
6 nrcjifgos lzwgpj czks az#blgtk08#smdxf dryisk femlqg vmsh
Comentario por gwhnvpb fpokscqj (06-09-2007 02:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal