A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CABEZAS PENSANTES

Xa o decia o poeta bó e xeneroso, D. Antonio Machado : “En España, de cada dez cabezas, nove embisten e unha pensa”, e esto notase na realidade cotian destes días, cando por ruas e corredoiras aparecen os carteis dos candidatos, non das candidaturas, que aspiran a gobernarnos ou a desgobernarnos perante os próximos catro anos.
Todos mostran exclusivamente a o cabeza de lista ou sexa o alcaldable, ningun deles da a coñecer o resto das candidaturas que o acompañan, un non sabe si a razón desto é que o resto dos homes e mulleres non valen para ver ou que simplemente son comparsas e meros “caladiños” no organigrama do lider, o certo é que non me estraña cos casos de chaqueterismo e revirabolta que se dan nas listas de marras, entendoi, a min tamén me avergoñaria semellante compañía.
Unha vez defenestrada a autentica unidade administrativa da xeografia social, cultural e histórica de Gallicio, falo da Aldea, da que nin Tiros nin Troianos se recorda, os concellos, no noso caso unidade de aldeas e parroquias nunha especie de conglomerado non sempre acertado, son os gobernos democráticos que nos cae mais perto os cidadáns, por eso seria lóxico que se coñecera a cada unha das persoas que pretenden levar o do alumado, o da recollida da merda, o de servicios socias, cultura facenda, xuventude, etc.
Como hoxe por hoxe e casi imposible identificar a todolos veciños polo seu nome e apelidos, o lóxico é que puideramos ver nun retrato a faciana, polo menos, o ideal seria corpo enteiro dos mesmos, de todos e cada un deles, como soien redactar os xuices nas suas sentencias, desta forma saberiamos mellor a quen votar, ou a quen poñemos nos sillóns dos nosos concellos cando votamos a este ou o outro partido.
Non sempre foi o mesmo, recordo carteis donde, en foto de carnet aparecian todolos candidatos dos partidos, recordo outras donde apoiados na ponte da Misericordia aparecian todolos candidatos de corpo enteiro, daquela o pobo, que é moi socarron, apelidaba a candidatura aquela como “A orquesta”, pero os tempos seguen a cambiar, e non sempre para ben, hoxe o que podemos ver nos carteis onde nos piden o noso voto son bustos ou cabezas, bastante retocadas, por certo gracias a o “Fotoshop” dos numero un de cada candidatura, nin sequera no los poñen de corpo enteiro, un, si é da aldea, coma min, nin pode seber pola información grafica si un é coxo, ou lle falta unha perna, é xorobado, ou si calza o 40 ou o 45 de pe ou si se fixera como nunha candidatura de Cataluña que mostraba o candidato en bolas, si esta ben dotado ou peca de escasez no asunto.
E isto é importante, pois según a configuración física do futuro alcalde asi teremos que pagar do erario publico as consiguentes modificacións do mobiliario e usos e costumes.

O problema da nosa política municipal, salvo algunhas excepcións é que e totalmente piramidal, na parte de arriba da pirámide, arriba de todo, está soio unha cabeza pensante. E como dice o refrán sempre é mellor que varios opinen e traballen que que todo xire en torno a unha soia persoa, as distintas delegacións deberian ser independentes, co seu presuposto real e efectivo, esto hoxe en día reloce pola sua ausencia, e perxudica enormemente o cidadán que se ve obrigado a facer colas e esperar días para a manida entrevista co alcalde, sexa para pedir o rebacheo dunha corredoira, ou solucionar a licencia dunha pequena obra. Un pai non puede atender por igual a dez rapaces que a un. Esto é o que pasa a os lideres locais, que moitas veces, según pasa o tempo, a sua cabeza queda moi lonxe do chan.
Por suposto non poño en dubida ni por un momento o liderazgo dentro dos seus, dos cabezas de listas, nin que estén ahí por méritos propios. Por suposto tamén recoñezo que son os que parecen estar maís preocupados polo futuro dos seus cidadáns, pero non estaría de mais un pouquiño maís de dialogo empezando co dos carteis.
Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-05-2007 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
13 Comentario(s)
1 Isto é un "no parar". Polos comentarios que aquí se leen e polas verbas que saen da boca do propio alcalde e os seus colegas de bipartito. Estánselles esgotando!! Si, Melchor si, tes moita labia para enganar a moita xente pero o final ¡o que canta é a rula!

Qué fixestes, NADA! Qué desfixestedes MOITO! Qué conseguíchedes NADA! Qué perdíchedes MOITO!

Estraches no concello repartido a diestro e sinistro contra a anterior corporación, xudicializado todo, denunciando por aquí e por acolá e rebuznando polas tabernas toda unha sarta de trolas contra a oposición que agora se voltan contra ti. Siii, si Melchor, parece que agora cae toda a merda por riba dun, non?

Parece que tódalas denuncias que fixeches contra o PP as arquivan e non hai nin xuizo. Pero as que che está devolvendo agora o PP?? Teñen moita pinta de cheirar a merda, e de momento están todas admitidas a trámite nos xulgados, será que non hai tranta transparencia como esbardallábades, non si??

Outro pelotazo de cacicada urbanística nas vosas costas, e non é esbardallando polas tabe#blgtk08#rnas e polas calles, senon documentada con feitos e documentos moi precisos do concello.

Moito bourear ca famosa "visa oro" e ó final que foi dela? Eso, boureadas, porque non houbo nada de nada. A resposta do tribunal supremo eso di, ou me trabuco??

Nembargantes ti tes á tua disposición para todas esas denuncias infundadas contra a oposición yn bufete de avogados que pagamos todos, e non por e para Viveiro, senon por e para ti e os teus "traballadores" colegas como Rafaelito, Mitas e compañís.

Sinxelamente dádesme noxo como governantes, e espero que o pobo de Viveiro sepa valorar todo o que pasou nestes catro anos de desgoverno pola vosa banda.

Unha pandilla de vividores que atopou na "dedicación exclusiva" unha forma mnais de seguir vivindo do conto, pero Viveiro xa se está decatando, alomenos os que tiñades enganados, de todo o que vos rodea.

CAMBIO XA! Polo ben de Viveiro e polo seu PROGRESO!

Seica non estarás de acordo conmigo no meu comentario, pero Alfonso, recoñece que en moitas si, ou trabúcome?
Comentario por valcarria (14-05-2007 21:30)
2 Con todo, o que máis me chama a atención no florido pensil dos carteis electorais#blgtk08# sonche os eslogans, eses lemas destinados a lamberlle o ego ao votante
Comentario por Xose (14-05-2007 22:10)
3 ¿E o de o cartel de Don Al#blgtk08#fonso Rodriguez Castelao?
Comentario por mariñana (14-05-2007 22:11)
4 Chegamos a Viveiro, tanto si se fai dende a Costa, como de Lugo, o primeiro que encontramos son os carteis do BNG, por certo o Goas, esta mirando para a dereita, ¿Sera por algo? ou mirara para a sua famil#blgtk08#ia.. Non obstante, para compensa-la presenza dos carteis electorais do BNG , de cando en vez o coche-anuncio do PSOE coas súas peculiares melodías. Non sei se pretenden gañar votos espertando a xente...
Comentario por Cabreado (14-05-2007 22:15)
5 Unha vez pasadas as eleccións penso que é profilá#blgtk08#ctico facer unha retirada de carteis electorais.
Comentario por Ana (14-05-2007 22:17)
6 Máis feísmos. Contedores do lixo ciscados. Carteis electorais nos contedores. Postes de luz e teléfono. Pancarta electora#blgtk08#l nas pontes. En resumo, o de sempre: un conxunto de elementos caóticos que conforman un todo indescritíbel. Imos a máis.
Comentario por cansindono (14-05-2007 22:20)
7 Algúns carteis electorais convértense#blgtk08# en viveiro en díxomedíxome veciñal.
Comentario por b (14-05-2007 22:22)
8 A diferenza doutros países, onde o centro de gravidade da política de partidos está nos concellais, porque son eles os que deben esforzarse en conseguir os votos, en España está nos respectivos secretarios xerais e os seus aparellos. Un secretario de organización é un home 100 veces dotado de maior poder político que a metade dos concelleiros xuntos. O resultado, que tiña no seu comezo#blgtk08# un propósito benéfico (dar consistencia aos partidos políticos), transformouse no transcurso do tempo nun mecanismo perverso. Os cidadáns hoxe non votan a persoas para concelleiros, senón ao que encabeza a lista. Desta maneira, transfórmase cada elección nun sistema presidencialista cando, en realidade, funcionamos baixo un parlamento e, en todo caso, vota a etiqueta.

Comentario por buda (14-05-2007 22:30)
9 Os nosos "salvadores" nos perseg#blgtk08#uen dende omnipresentes carteis
Comentario por Covas (14-05-2007 22:31)
10 Entendo que o reto de mobilización do voto afecta sobre todo á esquerda, porque o electorado de dereita é máis disciplinado e obediente e non faltará á cita. Pero na esquerda é preciso algo máis: algo que leve mesmo ó elector desencantado a molestarse en acudir ó col#blgtk08#exio electoral. Ese algo pode ser a sensación de sentirse estafado como sucedeu no 14-M ou a protesta contra a guerra de Iraq ou o desgoberno no Prestige. Agora ofrécese xestión, promesas electorais a esgalla, o eterno sorriso do candidato: chegará con iso?
Comentario por martinezconacento (14-05-2007 22:33)
11 A política é como o fútbol. Ou sexa, a política é así. E menos mal! Déanse de conta: a xente está nestas eleccións disputándose o poder, o que equival non só á capacidade para xestionar bastantes millóns de euros e modelar o noso pequeno mundo máis ou menos ao noso gusto, que xa é cousa a ter en conta. Ademais diso, está disputándose a súa autoestima, a súa propia imaxe, xogada toda ela a unha soa carta, a carta que di "ganaches" ou "perdiches". Se sae a carta ganadora, estálache a primavera no corazón e o mundo é "menos raro, más amable, más humano". E se perdes, atrona o inverno non só no rostro do candidato, senón tamén no da xente, que lle pon cara de velorio ou de rechifla. Ou nin mira para el. #blgtk08# /> Que todo isto -e máis cousas, seguramente, nas que non quero nin pensar- se dirima a través de carteis, megafonías, mítines, mecheritos, camisetas, plabras, discursos, propostas e, finalmente, a través do voto tranquila e secretamente despositado nunha urna, todo isto éche cousa de admirar. Sobre todo, tendo en conta como os humanos temos resolto habitualmente as nosas diferenzas ao longo da historia.
O que di o señor da esquerda e a súa necesidade de estímulos dramáticos para facer unha cousa tan fácil, cómoda e sinxela como ir votar un domingo, é probablemente certo. Será que nos fomos facendo caprichosos, individualistas e talvez un pouco frívolos e mesmo algo amadamados?

Comentario por LEITUGA (14-05-2007 22:35)
12 Os votantes de esquerda cremos que en cada votación subve#blgtk08#rtiremos o mundo. E como non sucede, caemos no desánimo.
Comentario por Otero Regal (14-05-2007 22:36)
13 Ví el debate de Telelugo de los candidatos a la alcaldía de Viveiro. Vi con vergüenza ajena como el Orlando pontificaba sobre urbanismo acusando a todo vicho viviente de cometer ilegalidades… llegó a decir que a “desfeita tiña cada vez unha solución más difícil”. Recuerdo que en esta “desfeita”, Orlando también puso su granito de arena. Estamos en el año 1997, un 18 de agosto la comisión de gobierno integrada por concejales del PP otorga una licencia de obra menor al familiar propietario de la casa donde vive Orlando en Xunqueira “para realizar obras en la vivienda consitentes en sustituir cubierta de pizarra en una superficie de 125 metros cuadrados y para sustituir escaleras interiores de madera en dos tramos que corresponden al acceso del bajo cubierta, así como pasamanos. #blgtk08#La comisión de gobierno acuerda autorizar estas obras SIN AUMENTO DE VOLUMEN”.
Bien, resulta que el bajo cubierta se convirtió en un piso más para lo que efectivamente era imprescindible cambiar la pizarra del tejado y sobre todo el acceso al mismo con unas escaleras interiores… ¿verdad que hubo aumento de volúmenes? ¿cómo puede Orlando dar lecciones a los demás cuando el hizo lo que hizo? Si alguien se acerca por la mencionada casa se puede comprobar que efectivamente se aumento la altura del bajo cubierta para que quedara un piso más. En fin, para que conste que en cuestiones de ladrillos, Orlando tiene que pontificar menos y dar más ejemplo ¿os es que le que exige a los demás no se le exige a él mismo?. Orlandito, Orlandito... que todo se acaba sabiendo...
Comentario por Lucas (15-05-2007 09:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal