A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

INQUISAS EN VIVEIRO
Descolgosenos a destempo o calor de agosto e as oportunidades de xanero, a xente anda sofocado e a punto de que lle de un patatús, entre tantos sudores, coibas de veran e promesas electoraes, carteis, mitines, e coches anunciando o asunto. Os partidos políticos, xa sexan os de moita e interesada clientela ou ben dos de pouca, pero abnegada militancia, cando chega a temporada da recollida do voto...poñense en campaña, igualiño que nos supermercados e nas grandes superficies comerciaes ou nas promocions do centro comercial do casco historico, xa sei que non che ofrecen nin un suxetador nin un nordico...eles falan de mais paseos maritimos no litoral, un centro de congresos, unha pista de esquí artificial, un campo de golf, con centro de saude e balneario maritimo, un trasvase do Landro, caldeiro a caldeiro transportados épicamente por o alcaldable de turno acompañado dos chaqueteros e demais comparsas....ou sexa unha gran perspectiva soterrada, E todo elo, parafraseando a cancionciña de marras...por un so voto. Tamos no tempo para as quinielas de tertulia ou os sondeos a pe de cerveza, e cada un cré o que quere, sin baixarse do burro.
Alguen me manda os resultados de unha enquisa...esto de ter un sitio donde pregonar cousas ten esas cousas a enquisa de marras di que en Viveiro o PP segue a ser a forza mais votada.....e pronosticalle de 7 a 8...o PSOE pono de 6 a 7...o bloque de 2 a 3 e IU de 1 a 2.....eu como o gardiña aquel digo...POIS XA O DECIA EU...para tal enquisa sobran alforxas...o certo e que en estas cousas hasta algunhas caras son de cemento, ben armado e mellor pagado. Si os que fan as inquisas foran infalibles como dicen que son os Papas, apaga e vámonos.
Asi as cousas, podemos deducir que Melchor Roel seguira de alcalde outros catro anos ben en bipartito ou con un tripartito, podia pactar con IU E BLOQUE ou con un deles soio...e o PP seguira a estar na oposicion eso si sona a flauta como debe sonar.

Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-05-2007 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
14 Comentario(s)
1 a miña é algo parecida:
pp 6-7 pola debacle política na que está a entrar.
psoe 6-7, a pesar das promesas incumpridas
bng 2#blgtk08#-4 ainda que o candidato non sexa o mellor, leva moita xente nova
eu 0-1, pq non se debería ter un concelleiro sen facer nada en 4 anos.
Comentario por toñito (13-05-2007 21:29)
2 A actualidade electoral esta marcada por dúas cuesti#blgtk08#óns: as enquisas electorais e os "futuros pactos".
Comentario por Chavin (13-05-2007 21:33)
3 Mandoucho algun do PP, #blgtk08#¿Non seria o teu amigo?
Comentario por Xose (13-05-2007 21:34)
4 A auténtica resposta á incertidumbre electoral se atopa máis preto do resultad#blgtk08#o deste choque de poderes interno que dos resultados das enquisas electorais.
Comentario por Antonio (13-05-2007 21:35)
5 Nosoutros temos outras enquisas electorais donde augurábanlle #blgtk08#unha vitoria doada (con ou sen maioría absoluta)a Melchor Roel
Comentario por Rafaelito (13-05-2007 21:37)
6 ¿Pensa que o resultado das enquisas elector#blgtk08#ais pode influír na decisión dos votantes?
Comentario por Galdo (13-05-2007 21:38)
7 En EU somos partidarios da prohibición de publicación de enquisas ou barómetros en campaña electora#blgtk08#l.
tanto en medios públicos como privados, por incidir decisivamente na orientación do voto.
Comentario por EU (13-05-2007 21:42)
8 É unha campaña edulcorada, non hai un auténtico debate no que se poñan en xogo nunca dialéctica política pública os valores verdadeiros nos que se apoia a democracia local. Adoece do#blgtk08#s verdadeiros principios da democracia na que o pobo ten dereito a coñecer os distintos posicionamentos dos partidos e dos seus candidatos e as súas propostas de xeito confrontado.
Comentario por cansindono (13-05-2007 21:46)
9 Existen 3 clases de mentiras: As mentiras pequenas, as mentiras grandes e as enquisas. Comprenderas amable blogueiro que con esas premisas e coa fiabilidade que as enquisas teñen #blgtk08#en este pais, non me anime para nada a creer o que che mandaron,. As verdadeiras enquisas son as que se faran o 27 de maio sobre as 10 ou 11 da noite. Esas non fallaran.
Comentario por Manola (13-05-2007 21:52)
10 Que é un resultado electoral....? p.explo,
Si se unen as #blgtk08#esquerdas (tripartito ¡menudo xou!) ¿eso sería desente?
Comentario por Dereita (13-05-2007 21:53)
11 Tanto me teñen os resultados electorais ¡Son todos igoais! Non se diferencían en nadiña os que van polo PP dos do PSOE nin os outros. Son xente anodina, sen empuxe, n#blgtk08#en inciativa.
Viveiro seguirá desfacéndose en mans de especuladores e sinvergonzas ca complicidade do goberno municipal e Orlando e a ineficacia da oposición.
Comentario por David (14-05-2007 08:30)
12 estáis todos invitados, tú también alfonso, a que os déis una vuelta por el blo#blgtk08#g viveiro debate para ver la penúltima del tripartito LEGALIDAD TOTAL SI SEÑOR
Comentario por realidad (14-05-2007 12:48)
13 Carallo Sito , pensei que so nos tiñas a min e o meu veciño de amigos, pero vexo que tes moitisi#blgtk08#mos,por certo haber se nos explicas o das carpas, se se puxeron 2 por que so hay problema con 1
Comentario por CHINDALARRANDA (14-05-2007 19:17)
14 Lendo os derradeiros acontecementos creo que...
Isto é un "no parar". Polos comentarios que aquí se leen e polas verbas que saen da boca do propio alcalde e os seus colegas de bipartito. Estánselles esgotando!! Si, Melchor si, tes moita labia para enganar a moita xente pero o final ¡o que canta é a rula!

Qué fixestes, NADA! Qué desfixestedes MOITO! Qué conseguíchedes NADA! Qué perdíchedes MOITO!

Estraches no concello repartido a diestro e sinistro contra a anterior corporación, xudicializado todo, denunciando por aquí e por acolá e rebuznando polas tabernas toda unha sarta de trolas contra a oposición que agora se voltan contra ti. Siii, si Melchor, parece que agora cae toda a merda por riba dun, non?

Parece que tódalas denuncias que fixeches contra o PP as arquivan e non hai nin xuizo. Pero as que che está devolvendo agora o PP?? Teñen moita pinta de cheirar a merda, e de momento están todas admitidas a trámite nos xulgados, será que non hai tranta transparencia como esbardallábades, non si??

#blgtk08# Outro pelotazo de cacicada urbanística nas vosas costas, e non é esbardallando polas tabernas e polas calles, senon documentada con feitos e documentos moi precisos do concello.

Moito bourear ca famosa "visa oro" e ó final que foi dela? Eso, boureadas, porque non houbo nada de nada. A resposta do tribunal supremo eso di, ou me trabuco??

Nembargantes ti tes á tua disposición para todas esas denuncias infundadas contra a oposición yn bufete de avogados que pagamos todos, e non por e para Viveiro, senon por e para ti e os teus "traballadores" colegas como Rafaelito, Mitas e compañís.

Sinxelamente dádesme noxo como governantes, e espero que o pobo de Viveiro sepa valorar todo o que pasou nestes catro anos de desgoverno pola vosa banda.

Unha pandilla de vividores que atopou na "dedicación exclusiva" unha forma mnais de seguir vivindo do conto, pero Viveiro xa se está decatando, alomenos os que tiñades enganados, de todo o que vos rodea.

CAMBIO XA! Polo ben de Viveiro e polo seu PROGRESO!
Comentario por valcarria (14-05-2007 21:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal