A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NON TEMO AS CORRUPTELAS SENON A IGNORANCIA
O silencio enfurece a é inimigo do que toca o bombo. A lúa, sempre calada, aflíxese cando a manada diríxe os ouveos a ela. A entrada no período da reflexión, aberto o paréntesis, invita a manterse nos seus confíns. A pechadura do paréntesis significa volver ao ruído dobombo, ao verrido dos ladridos e deixar de mirar á lúa. Silencio, ruídos e silencios.

O desbordante caudal de augas porcas que arrastra o río da información contrasta coa resignación da maioría e a esquinada reacción esperta dunha minoria. Perdemos a claridade das ideas, a limpeza da conduta, o sometimiento ás regras morais, éticas e deontolóxicas. O “todo vale” é quitar as portas a calquera conduta e entrar despatarrado en accións absolutamente reprobables.

Ata a cortesía que engalanaba a nosa conduta urban, especialmente a mariñana, recortouse gravemente.

A neurosis de masa, inducida polos que estiman que o seu coeficiente intelectual é de rango superior, estase cebando na nosa poboación e o único vocábulo que parece xurdir de xeito intenpestiva en calquera conversación é “crise”

Non merece a pena calar aos ladradores ladrando máis forte, é dunha gran pobreza intelectual. O estilo dos conversadores patentando a súa expresión como a única e veraz, nos medios de comunicación, pon de manifesto a persistencia na convicción. Dá o mesmo do que se fale, verran, ládranse uns a outros ordenando silencio.

Os argumentos son curtos e adobados de grandes salivaciones e pousas varias. O enroxecimiento facial é importante tanto como colocar os membros inferiores en posicións diversas, pernas en catro, cruzadas retortas únha sobre a outra, abertas e desafiantes, insinuantes escasa ou manifiestamente.

Os gurús lánzanse a proclamar as súas propostas, a enjuiciar ao presunto, a condenalo, a esixir garantías no exercicio do Dereito. E aquí entra de cheo a frase do meu sabio amigo “non temo as corruptelas senón a ignorancia”, e é que sesenta e un anos no exercicio da vida dan para moito e o mínimo entregado é unha herdanza docta cum laude para aquel que fixo da súa vida e traballo un servizo . Outros tapanse a fetidez da corrupción con elegantes traxes feitos medida.
Otero Regal
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-06-2013 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Pero a ignorancia é t#blgtk08#anta neste país noso.
Comentario por María López (24-08-2013 18:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal