A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ALCALDES E CONCELLEIROS EN A MARIÑA DE LUGO
"A democracia é o sistema que garante non ser gobernados mellor do que somos". A reflexión é dura pero real, a democracia xera embarazosos e difíciles problemas, de case imposible solución, cando un sistema electoral establece listas pechadas. "O sistema" permite que algúns incompetentes sallan elixidos para administrar a cousa pública, polo menos, durante catro anos. Desde o cargo no que foi posto, por fidelidade á o cacique de turno e os votos que obteña a súa formación, pode cometer erros, arbitrariedades, abusos ou perpetrar toda clase de sandeces e todo isto pódeo facer desde a lexitimidade que lle outorgan as urnas. Que facer entón?, é antidemocrático apartarlle do posto?, ou pola contra, é a elección democrática unha patente de corso?

Si a resposta, foi o resultado da elección dalgún político, cal foi a proposta á hora de elixir? Podería ser por exemplo, desexa vostede elixir a este inepto para que lle represente?, quere vostede no seu concello a un inexperto elixido democráticamente?
Esta reflexión esta especialmente dedicada a medio cento de alcaldes e concelleiros desta franxa costeira galega a que a algunos lles deu por chamar A Mariña.
Pero que se debe facer con eles? Están entrando en cargos relevantes da administración local acodes con escasa disposición, non teñen preparación nin experiencia, pero si fidelidade ao “capo” local. Os funcionarios para acceder aos entes públicos deben superar un proceso de selección de acordo co principio de mérito e capacidade. No mundo empresarial e profesional tamén, executivos, arquitectos, médicos avogados... deben responder pola súa mala xestión ou polos seus erros, por que non os políticos municipais?

Catro anos son moitos. O risco é moi elevado. Recordemos algúns fiascos de por aquí o lado, aberracions urbanisticas en Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, San Ciprian, Xove, Viveiro e Vicedo, paisaxes destrozados, programación cultural de susistencia, presupostos municipais sin cumplir, abandono das aldeas, corredoiras desfeitas, contratación de cocertos, orquestas e outras fanfarrias con gustos de novos ricos, desprecio de o cidadan, mal gasto dos cartos publicos, xordeira ante o problema dos veciños, non saber delegar, non saber consultar a quen si sabe, orgullo paleto, complexo de inferioridad, represalias a quen lles canta as 40 en bastos, e moito analfabetismo funcional. Si esta foi a resposta que deu "o asunto", cal era a pregunta? Por todo iso, A Mariña está dando síntomas de sufrir un fallo sistémico, as institucións cuestionadas, a educación en crise, a sanidade revolta, a xustiza alterada, os partidos políticos desacreditados. ¡Vaia situación!
Otero Regal
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-06-2013 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Leín o teu comentario e non teño máis que darche a razón.

Co sistema electoral que temos pode gobernar un Concello unha persoa que non teña nin idea de xestión, e ainda sen tela, o máis preocupante é que non saiban escoitar para xestionar. Non teñen interese, non escoitan e en moitos casos o que buscan é un protagonismo persoal. Non se esixe preparación de ningún tipo, co que calquera cun pouco de#blgtk08# labia pode chegar lonxe no mundo político.

Dis ben cando se un traballador lles di como deben ser as cousas van contra él. Procuran meter a dedo os seus simpatizantes precisamente para que non digan nada.

O pior de todo é que chegamos a un momento en que os cidadáns están indiferentes a todo. A xente está farta de crispación. Quizais o mellor para vivir tranquilo sexa destonectar.
Comentario por Andrea (20-06-2013 12:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal