A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ROUPA CHEA DE SANGUE
Cando xa van 1027 mortos no sinistro nunha fábrica textil de Bangladesh donde fabricaban roupa a baixisimo coste salarial para coñecidas marcos do sector de este pais en un edificio que albergaba varias fábricas textiles nos arredores de Dacca. Isto, que é profundamente indignante, enfróntase de cabeza contra esa cantidade de persoas, orgullosos e xustos defensores das boas artes, que compran estas marcas de roupa tan coñecidas porque, entre outros argumentos, é barato. Iso é parte da dualidad malévola que ten o capitalismo cando o enfrontas á sensibilidade humana.

Hai unha serie de formulacións básicas que resultan incorrectos, un deles é que o diñeiro é infinito e outro que as cousas polas que pagamos non lle custan ao que nolas vende. Tal e como están as cousas, probablemente grazas á publicidade engañosa, algúns consumidores creen que os descontos poden ser infinitos. Quizá por iso máis dun empeza a tratar de converterse nun regateador digno dun dianteiro centro dun equipo rexional.
A capacidade de empatía co contrario é unha gran carencia do mundo contemporáneo. A consideración, case imposta, en que o mundo que vivimos é o mesmo que viven os demais resulta dunha imposición extrema. Si mandas unha mensaxe esperas unha resposta inmediata porque supós, estúpidamente, que a outra parte está sentada esperando para responderche. Si tes frio presupós que elas teñen os pezons sinalando ao norte e si necesitas un abrazo enfádaste porque os demais, egoistas e mal nacidos, non o adiviñaron sen haberlles dado pistas.
Algúns viven na crenza, que o mundo vira ao seu ao redor dun xeito ególatra, soez e procaz. É agotador pensar, na maioría dos casos, que comprar roupa barata fomenta a escravitude, comprar filetes de panga axuda a que a guerra do Congo continúe, montar en Ryanair dá un argumento máis a que os soldos dos seus traballadores sexan miserias e consumir no bazar chinés da esquina mata a un comercio de toda a vida si é que aquel chinés escapou das condicións infrahumanas coas que fabricaron o teu iphone .

Algúns creen que o ideal da democracia é comer unha hamburguesa barata os sábados pola tarde antes de que che queiran de xeito eterno toda a noite baixo sabas de raso.

E hai días e noticias nos que che recordan o prezo. Pero nestes tempos en que a memoria esta moi lixeira de equipaxe e doado esquecer mentres che fan unha foto coa túa camisa nova sorrindo por a rebáixaa que lograches.
Otero Regal
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-06-2013 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Siempre acertado en tus comentarios.

Una pena que haya desaparecido, ya d#blgtk08#esde hace meses, esta espacio de debate.
Una pena.
Saludos y hasta siempre
Comentario por Socialista (10-06-2013 11:23)
2 Pero lamentablemente iso fai doer a cabeza a moita xente, tratar de facer compras responsables, para non justificar a teoria do caos. Porque mercamos productos seguindo correntes de mercados sin analizar nada detrás?. Sinto deci#blgtk08#r que non vexo moito comprador responsable o meu derredor, ainda mais en moitas ocasions incluso a propia sociedade tilda de "tontos" os que tratamos de ser responsables no ecosistema onde estamos...hay moito que facer ainda...
Comentario por Fran Garcia (10-06-2013 12:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal