A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Vale para isto o príncipe Felipe?

Vale para isto o príncipe Felipe?

Os que temos máis ou menos mais anos que a Constitución, saben que esta Monarquía parlamentaria xustifícase por esa cousa que nos pilla tan lonxe (e chea de claroscuros) chamada “a Transición”. Pero sobre todo xustifícase por un momento decisivo: o discurso do Rei desactivando o golpe de Estado de 1981. Nese momento crítico Xoan Carlos gañouse a legitimidad ata entre os que non eran e non son partidarios da Monarquía. E gañouse esa legitimidad porque fixo o que a maioría dos cidadáns desexaban que fixese. Pensou como eles e actuou en consecuencia. Ahora contan que a Casa do Rei intenta “achegarse á mocidade”. Esta tarefa recae, sobre todo, en Felipe de Borbón.

A Coroa cre que se achega á mocidade interpelándoa nos discursos e expresando a súa preocupación pola situación que atravesan máis da metade dos mozos: o paro. Pero non só iso, o desinterese dos mozos, cando non auténtico odio, non só apunta á Monarquía, senón tamén ás principais institucións do Estado.

A maioría dos españolitos de a pè percibimos unha sorte de Estado difuso e a cámara lenta que pouco a pouco vai fagocitando os débiles mimbres democráticos sobre os que se sostiña esta controvertida construción chamada España. Non hai unha resposta da Casa do Rei ao vaciamiento de significado dos artigos que teóricamente deberían garantir os dereitos que, sobre o papel, fan de este pais un Estado social e democrático de dereito. Por non falar xa dos escándalos que sacoden a Urdangarín e dos pasos en falso de Xuan Carlos.

O Príncipe herdará moitos títulos, pero non a lexitimidad democrática (agora cada vez máis en dúbida) que o seu pai gañouse con aquel soado discurso. Felipe de Borbón debería responder a ese golpe de Estado que vivimos a cámara lenta (pero inexorable) cun discurso (quizá tamén dosificado, a cámara lenta) que fale directamente aos mozos. E non pola vía do queixume ou a interpelación, senón facendo seus o discurso e as inquietudes dos mozos. O cidadan Felipe debería estar provocando urticaria entre os poderes fácticos que viven na inercia do saqueo democrático e económico, debería ata “matar ao pai”, en sentido freudiano, para gañarse aos seus coetáneos.

Tal e como están as cousas, Felipe de Borbón non vai herdar a calma chicha que perante décadas (xa non) logrou establecer aquel discurso do seu pai a noite do 23-F. O Príncipe faría ben en desmarcarse, en ser incómodo sen caer na demagoxia. En cambiar o fondo e as formas, en cambiarse de trincheira. Pasarse á trinchera dos que saben que esta democracia non é suficiente e de que, o logrado, por valioso e raro que sexa na historia, empeza a non bastar para varias xeracións que xa o dan por sentado e que buscan parecerse ás democracias avanzadas, onde entre outros factores, a transparencia, o medio ambiente e o respecto a protección dos individuos ocupa lugares moito máis prioritaros que no noso Estado.

Evidentemente non o fará. E chegará ao trono en posición de debilidade. Cuestionado e sen a legitimidad da que gozou o Rei e que, xa anacrónicamente, aínda lle mantén á fronte da xefatura do Estado. Á fin e ao cabo Xoan Carlos pode pasar aquí por esa figura tan querida en países menores de idade en términos democráticos: a de “pai da patria”, porque é o muñidor daquela xa pretérita “España moderna”. Pero Felipe de Borbón non é muñidor de nada, pai nada, e ninguén lle viu expoñerse, xogarlla, polos seus futuros “súbditos”.

Ou o Felipe desmárcase e sáese do carril que lle trazaron ou con razón as tensións contra a Coroa seguirán aumentando exponencialmente, co consiguiente risco de ruptura e, sobre todo, de involución en forma dun novo autoritarismo. Non parece que o “establishment” estea disposto aínda a consentir unha democracia renovada e tranquila en forma dunha serena República Española, así que as alternativas a un Príncipe deslexitimado pasarán case seguro por formas autoritarias, dun ou outro signo. Un futuro sombrío que só pode previr un discurso constante e comprometido (aínda que sexa a cámara lenta); pero sobre todo un discurso que dea legitimidad ao Príncipe e demostre que pensa como a maioría dos seus cidadáns e que fará o que estes esperan.
E todo esta reflexion, recorden, esta feita por un republican confeso.
Otero Regal
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-05-2013 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Interesante reflexión, el problema es que los ciudadanos no podremos valorar si Felipe está preparado o no, o lo que sería más interesante si debemos seguir con una monarquía o no.
Si en una época como la actual, con la crisis instaurada en nuestro pais, donde los pa#blgtk08#rtidos políticos no son capaces de buscar el bien común de los ciudadanos, el máximo responsable del Pais, EL Rey, no tiene nada que comentar, no propone nada, no dice nada, no exige nada, ¿Sirve para algo hoy en día?.
No se puede vivir toda la vida del 23F.
Comentario por Socialista (20-05-2013 16:40)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal