A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ESCRACHEANDO QUE E XERUNDIO

“Tortura con saña os datos e acabarán por confesar o que desexes”. Non é nin sequera unha cita literal, segundo creo, senón un recuelo do que din que dicía Ronald Coase, premio Nobel de Economía.

La dereitona dominante en votos e respresentavilidade atopa moitos modos de quedarse soa coa súa “verdade”, pero este de boicotearnos a función da perceptiva atópase entre os seus preferidos. Así, cando combate vostede as trabas do ministro Gallardón á lexislación sobre o aborto, non é vostede nin moito menos o que cre ser, un pacífico defensor dos dereitos e liberdades da muller, senón un empecinado e belicoso inimigo da vida. En canto aos seus fillos ou os seus sobrinos, quen dixo que sexan emigrantes á desesperada? Son gloriosos exponentes da “movilidad exterior” (Báñez) e “motivo de optimismo” para o resto do país (Aguirre).

Afórrolles un extenso muestrario, porque a propia Aguirre volveu nestes días polos seus foros. “Escrache é acoso violento con xestos obscenos”, sentenza. E esixe a dimisión do presidente do Tribunal Supremo, Gonzalo Moliner, por pensar de modo distinto que ela neste asunto. Tales excesos verbales quédanse curtos fronte aos de Cospedal, que comparou esas accións coas do nazismo. Por non falar dun tal Sigfrid, que imaxinou arrincar a cabeza dun escrachador e aí segue o anxeliño pepero: ovacionado en sordina polos seus. Por que fan tanta piña todos eles fronte aos escraches? Por que a extensión desa práctica ponlles tan nerviosos?

A razón máis profunda hai que buscala, como tantas veces, na propia orixe dos feitos. Non sei cando nin como se adoptou en España o término “escrache”, pero o trasvase non é trivial nin moito menos. Na súa orixe, os escraches foron un modo de loitar contra a impunidade. A xente en Arxentina recorría a eles para sinalar aos torturadores e os asasinos de pasadas ditaduras, guarecidos no oportunismo do goberno Menem trala debilidade do goberno Alfonsín.

Neste pais, convén aclaralo polo si ou polo non, é outra clase de impunidade a que arrastramos desde o franquismo. Unha densa trama de intereses ocultos, na que o poder político e o económico danse a man, socavando con perseveranza e disimulo os intereses públicos. O resultado é a peor deriva que se coñece en Europa, polo menos no que incumbe a desigualdades sociais. Os responsables-beneficiarios desa deriva permanecen na súa maioría impunes, mentres os medios optan por empantanarse nun par de nomes. Falo non só de impunidade xudicial, derivada dun manexo alambicadamente destro de baleiros legais e escollos xurídicos, e de impunidade política e social.
Otero Regal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-05-2013 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal