A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VOLTO A ESTAR ACTIVO..........

Ola de novo a todos,logo duns meses de non estar no blog A MALIÑA DE LUGO, volvo a interesarme por estar activo na rede. Creo que é importante para manter o contacto con quen queira seguirme e para ter mais presencia de cara a posibles novos lectores que poidan necesitar dos meus servizos.

Díxeno mais dunha vez, pero a partir de hoxe, e vai en serio, vou intentar escribir polo menos duas entradas cada seman e comentar calquera vivencia, inquietude, curiosidade ou o que sexa a través tamén do Facebook.

Espero poder cumprir comigo mesmo.
Otero Regal
E PARA EMPEZAR UN NOVO ARTICULIÑO:

AS MULLERES TEÑEN RAZÖN
As mulleres teñen razóns para estar fartas. Dependendo do partido que goberne, recoñécellenlles ou non o seu dereito a interromper un embarazo non desexado. Agora o Goberno do PP pretende eliminar os prazos da actual lei do aborto. Con outras palabras, proxecta eliminar o dereito das mulleres a abortar.

Pregúntome si as mulleres non son demasiado indulxentes permitindo que se maree públicamente a perdiz en torno a un tema na que a última decisión incumbelles a elas. Concernelles en primeiro lugar porque traer ao mundo un ser human está ligado á sua bioloxía. De igual forma que os homes toman as decisións que desexan sobre os seus corpos, tamén elas queren decidir sobre os seus. A natureza deulles o don de reproducir a especie, pero este atributo non lles obriga a ser nais en contra da sua vontade. Son libres de elixir si continuar ou non un embarazo cando se produciu de forma involuntaria.

Chamar, polo demais, vida ao resultado inmediato dunha fecundación parece bastante demagóxico. Sabían vostedes que moitos dos anticonceptivos legais son literalmente abortivos? A espiral, o diu, etc. e etc. non son artiluxios que eviten unha fecundación. Si se da a unión dun espermatozoide e un óvulo, o que fan aqueles é rompela e producir como consecuencia un aborto a modo de regra. Imaxinen, xa que logo, os miles e miles de abortos que deste xeito se producen a diario.

A decisión de interromper un embarazo non desexado correspóndelles en segundo lugar ás mulleres porque un fillo cambia a sua vida. Dálle unha revolta de 360 grados e ademais para sempre. Sabéno: nunca deixan de ser nais. Tampouco nas circunstancias en que os seus fillos alzaron o voo e emprenderón a súa propia travesía. Preocúpalles para sempre. Por iso queren elixir responsablemente o exercicio da maternidad.

Ser nai é un agasallo da vida cando querese selo e cando xiran para ben as condicións adecuadas. Entón xa é hora de que curas, xueces e politicos lles deixen decidir, non lles parece?
Otero Regal
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-05-2013 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Alegrome, e como muller de acordo tot#blgtk08#al co articulo.....a seguir.
Comentario por Esperanza (12-05-2013 16:14)
2 Espero que entre todos recuperemos est#blgtk08#e espacio de libertad que es to blog.
Comentario por Socialista (20-05-2013 16:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal