A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PILLOS E MENTIREIROS
?Non hai ningún risco de diminución da autonomia da área sanitaria da Mariña; está
Asentada, ten base poboacional moi grande, e non hai diferencias coa a de Lugo, son duas çareas distintas? Dito en lourenza o 3 de Outubro do 2009, por o Presidente de galica Rodríguez Feijóo. ?A área da Mariña se mantén como está. O que facemos é unha área para coordinar todos os hospitais e toda a atención primaria da provincia de Lugo, como en Ourense? dito este venrres por a misma persoa en Santiago, trais o consello da Xunta?
Onde dixen digo, digo Diego. Prometer unha cousa e facer xusto a contraria. Mentir, por concentralo todo nun verbo que por estas terras nordesias conxúgase constantemente e con total impunidade, sen reproche social. Os Galegos temos, sen dúbida, outras virtudes; pero a de non recorrer á mentira non é o noso forte. Aquí o embuste, a pillería e a picaresca non teñen mala prensa. Son percibidas por moitos máis como virtudes que como defectos. Por suposto que nesta parte do mundo tamén hai persoas que non menten (ou que amenten pouco); pero é notorio que en restes lares a mentira, incluída a do subxénero político, é admitida e tolerada como o máis natural do mundo. De cando en cando recibe o rexeitamento e castigo que merecería. Evidentemente, a mentira é unha realidade universal, pero a docilidade e naturalidade coa que son encaixadas as mentiras máis notorias dos nosos políticos polo pobo é escandalosa. Mentir sae gratis e iso, claro, fomenta que o que recorre a iso reincida en valerse das mentiras indefinidamente, en vista de que mentir sáelle gratis.

Todos sabemos que en tempos de eleccións prométense moitas cousas que difícilmente poderán ser cumpridas, do mesmo xeito que todo vendedor esaxera os méritos da súa mercancía. E por si algún despistado non o sabía, o Vello Profesor, Enrique Tenro Galván, aquel memorable Alcalde de Madrid, deixóunolo ben claro: "as promesas electorais están feitas para non ser cumpridas". Iso din que dixo nalgunha ocasión, pero quizá tamén iso sexa mentira.
Eu desde estas parrafas dirialles a os politicos mentireiros: Caládevos. Caládevos dunha vez. Deixade de contaminar os medios, as noticias e o noso estado de ánimo. Deixade de facer comunicados e rodas de prensa, disolvede todos os chanchullos, depoñede os vosos privilexios e saíde coa cabeza ben baixa e as mans no alto.
Otero Regal

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-03-2013 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0