A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

POR A NOSA SANIDADE
?A veces me duelen fieros los hígados y el riñón? Esta é unha frase do cantautor e poeta Jorge Cafrune cando cantaba as penurias dos peóns da pampa arxentina aos que tanto defendía. Pois a min pásame o mesmo, doenme feros os fígados e o riñón, revólvenseme as entrañas, ao ver e sentir como, dunha plumada (pluma contundente pero pouco a pouco, de forma doce, como para que non nos decatemos) se desmantela a nosa sanidade pública, conseguida perante anos co esforzo de moitos e para todos os cidadáns con iguais dereitos e garantías.
Teño mais de 60 anos e recordo cando na miña casa alguen enfermaba habia que buscar a Candia a fazouro ou a Foz e pagar por elo e si non habia el quedabase cos mellares terras por atender o enfermo, ou habia que recurrir o prestamista de turno para conquerir os cartos que costaba unha operación . Na miña familia eran labregos e non pagaban o ?susidio? pois os poucos cartos que cegaban a casa eran para abonar a renta a Señorita de Covas, e comprar o imprescindible, a disyuntiva era ou comias ou pagabas o subsidio.
Con máis ou menos dificultades meu pai compaxinaba a agricultura con a carga de barcos e outros menesteres no porto de Burela e enton entrou a Seguridade Social na nosa casa, e desta forma puiden ver como se cambiaba a atención primaria desde os iniciais modelos de cupo, ao modelo actual dos centros de saúde onde profesionais especialmente formados para iso conseguiron altos niveis de calidade de atención aos diferentes problemas de saúde complementado despois con a chegada a bisbarra do Hospital de Burela que trouxo consigo mais e mellor atención e comopdidade a os habitantes mariñans.

Este modelo ademais e para todos os cidadáns, sen discriminación algunha pola súa condición social ou económica. Todos os cidadáns han ter ata agora dereito equitativo e xusto á atención de todas as súas enfermidades, sen límites, ou ao mantemento do seu saúde..
E creo que todo isto púidose facer porque o único interese ata agora era realmente o paciente e, en todo caso, si existía algún interese persoal era o de quedar ben, sentir o agradecimiento ou a satisfacción de ser algún día recoñecido por facer ben a cousas.
Pois ben, todo isto vai desaparecer a ideoloxia ?ultra liberal? que nos goberna esta a rachar co conquerido, primeiro con o copago de medicamentos e ambulancias, despois co volta a ter que ir a Lugo, cruzar a Gañidoira e A Xesta para ver o especialista ou operarte, con as consavidas dificultades economicas e sociais de estes desplazamentos, sobre todo en unha población embellkecida como a nosa e o que vira logo?.

Pois quero que as cousas sigan sendo como ata agora. Que hai que aforrar porque estamos en crise pois buscamos o xeito, pero que a crise non sexa unha escusa para cambiar un modelo que ata agora nos foir tan ben e que é un exemplo para toda Europa e posiblemente, aínda que ás veces soa a coña, dos mellores do mundo.
Otero Regal


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-03-2013 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0