A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

COMO ARBORES VELLOS
COMO ARBORES VELLOS
Somos como esos viejos árboles batidos por el viento que azota desde el mar. Perdido compañeros, paisajes y esperanzas en nuestro caminar. Hundiendo en las palabras las huellas de los labios para poder besar tiempos futuros y anhelados, de manos contra manos izando la igualdad. Como la humilde adoba que cubre contra el tiempo La sombra del hogar. Perdido nuestra historia, canciones y caminos en duro batallar. a echar nuevas raíces por campos y veredas, para poder andar que traigan en su entraña esa gran utopía que es la fraternidad. igual que nuestra tierra suaves como la arcilla duros del roquedal. atravesado el tiempo dejando en los secanos nuestra lucha total. a hacer con el futuro un canto a la esperanza y poder encontrar cubiertos con las manos los rostros y los labios que sueñan libertad. como esos viejos árboles. Esto o cantaba Labordeta a o final do seu camiño vital, quizabes como testamento da su infatigable vida.
Nós somos como esas árbores que ven pasar o tempo. Pero ao mesmo tempo tamén asistimos ao rebrote da vida con novos fillos, novos netos, ou novos amigos que se van incorporando pouco a pouco para suplir esas ausencias. Cada ano que deixamos atráis traza unha pequena cicatriz que nos serve para entender que non hai xeito de deter o paso dos días e das noites.
Si abrazas unha árbore centenario abrazarás o tempo que aconteceu ao seu ao redor, as vibracións que deixaron as palabras pronunciadas debaixo das súas ramas, as sinfonías improvisadas de miles de paxaros e todas as sombras que algunha vez rodearon o seu tronco sabio e añexo. Esa árbore tamén foi un esquexe a mercé do vento e da choiva que se empeñou en medrar seguindo os azuis do ceo. viu pasar revolucións e guerras, parellas namoradas e enterros, solitarios misántropos e efusivos camiñantes asubiando festivos valses. A súa casca está sucada pola erosión e polas feridas dos anos. Pero, como nós, resiste arroupado pola foza do que non está á vista, por esa raíz que lle une á terra e que rebusca a auga serpenteando a terra. Tamén por unhas ramas que saben axustarse aos ritmos dos ventos. De cando en vez sofre a amputación dalgunha desas grandes ramas; pero deixa que a natureza rebrote onde parecía que só ía habitar o muñón da nostalxia. Non deixes de mirar nunca ás grandes árbores. Co seu abrazo sentirás un calafrío de vida percorrendo as túas costas, a brea que sempre fai que a primaveira recubra de follas novas o que o tempo só converte en follaxe.
Otero Regal
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2013 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Acabo de coñecer o teu blog e teño que dicir que me encanta o que lin. Esta túa análise da actualidade, como ti mesmo a chamas, é moito máis ca iso. O que#blgtk08# ti fas é "profundar" nela, como dicía Castelao. E hai que ver o ben que profundas.
Co teu permiso, sempre que poida, seguirei visitándote.
Comentario por Charo (09-02-2013 01:23)
2 Acabo de visitar o teu blog e teño que dicir que me encanta. Iso que ti mesmo denominas análise da actualidade é en realidade moito máis. O que ti #blgtk08#fas é "profundar" nela, como dicía Castelao do seu vello mariñeiro. Espero que sigas facéndoo e que me permitas seguir gozando das túas reflexións.
Comentario por Charo (09-02-2013 01:28)
3 Non entran os#blgtk08# comentarios.
Comentario por (09-02-2013 01:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal