A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MARTES PRESENTACION DO LIBRO
MARTES PRESENTACION DO LIBRO "dende maña" de JAIME OROZA E OTERO REGAL
COMPLEXO CULTURAL REGALXUNQUEIRA
Curva de Xunqueira-Viveiro. Camiño Real, 127 – Xunqueira 27850 Viveiro (Lugo)
Tlf. 982 56 25 89 – Fax 982 56 04 06
ceramica@oteroregal.com www.oteroregal.com
Ten o pracer de invitar a Vde. á presentacion do libro
DENDE MAÑÁ (Poemas ilustrados)
O vindeiro martes, 15 de Xaneiro, as 20:00 horas, nas instalacións do
Complexo Cultural REGALXUNQUEIRA, terá lugar a presentación do
libro de poemas “dende mañá” de Jaime Oroza, ilustrados por Otero Regal, editado por RegalXunqueira, haberá unha proxección da montaxe do libro, poemas e ilustracións, un pequeno recital deJaime Oroza e a presentación de Otero Regal. É unha edición artesanal, reducida e numerada de 38 exemplares. Cada un dos exemplares conten ademais un poema e un debuxo manuscrito e orixinal de Jaime e Otero Regal. Tratase por tarnto dunha edicion moi limitada que solo poderan disfrutar uns poucos previlixiados.Ao remate farase un colóquio distendido coa degustación duns (canapés ecolóxicos) “tenteempé”.
A entrada é libre e agradecese que veñan........
Aqui unha ilustracion do libro....ten casi 50.....
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-01-2013 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal