A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SEGUE SOÑANDO AMIGO
Cada ano que deixamos atrás traza unha pequena cicatriz no noso ser que nos serve para entender que non hai xeito de deter o paso dos días. Neste 2012 que estamos acabandofinalizando vimos naufragar moitas utopías, pero ao mesmo tempo puidemos comprobar que nas situacións extremas tamén sae o mellor do ser human, o sua atávica rebeldía ante a inxustiza ou esa solidariedade que compensa os abusos de quenes aínda non aprenderon nada da vida. Os guarismos dos anos só son asideiros que colocamos nos almanaques para non desorientarnos, e ao final dá o mesmo un luns que un sábado, un século doce que un século vinte e un. Un só é o tempo que habita no medio dunha eternidade que non sabe de números. Tamén somos o que soñamos. Moitas veces só basta a nosa intención para cambiar o noso destino. Pide un desexo e gárdao no fondo do teu corazón. Si non se cumpre sempre poderás volver a refacelo; pero non deixes nunca de soñar. Os soños perténcennos a cada un de nós, son as raíces que logran que non nos veñamos abaixo.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2012 08:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Feliz ano 2013 desde este espacio de liberdade.
Qué no novo ano empecemos por fin a decidir o noso futuro a poñer en marcha a necesaria revelión cívica que faga que non deixemos que nos hipotequen o presente e o futuro.
Non cerremos os ollos a espoliación do noso estado de d#blgtk08#ereito, non é verdade que non hai outra maneira de actuar. Os recortes teñen que estar na administración dun estado sobredimensionado, na falta de control da clase política (miles de concellos innecesarios, deputacións, duplicidade de soldos etc. etc) no exercito exterior etc etc.
Comentario por Socialista (02-01-2013 09:38)
2 Seguiremos soñando amigo, pero donde están aqueles que soñaban contigo, que te debían arroupar, estar o teu carón e animarte a que sigas de#blgtk08#mandando, delatando, pregonando con esa lucidez/brillantez e independencia e que tanto apreciamos os poucos que ainda quedamos para soñar.
Comentario por Sempre contigo (10-01-2013 07:46)
3 ¡ Que nunca te falte un sueño por el qu#blgtk08#e luchar y un deseo con el que soñar !
Comentario por La soñadora (10-01-2013 07:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0