A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UNHA MENTIRA MOI REPETIDA SEGUE SENDO MENTIRA
“Temos un goberno que non bota conta do pobre, senón do rico”. Dio na televisión unha muller desafiuzada da súa casa de Sevilla, tirada á rúa como auga cocha xunto aos seus fillos. E ten moita razón; toda a razón. Porque o decreto de Rajoy sobre os desafiuzamentos é unha burla insoportable aos afectados pola falta de pagamentos das hipotecas, pero tamén para os cidadáns que non o están, e que ilusos confíabamos que por unha soa vez o goberno estivese á altura das circunstancias e defendese ás maiorías. O decreto resultou ser un fracaso, unha basta manobra de maquillaxe destinada a xerar unha imaxe solidaria e compasiva que non é real, coa que só espero non poidan enganar a ninguén.

Os efectos catastróficos da xestión popular e o seu furacán angustioso de reformas e recortes cuantifícanse xa en miles e miles de damnificados. A súa reforma laboral, finiquitadora de dereitos conduciu á masiva destrución de emprego; e se primeiro caeron como follaxe seca os contratos máis febles, agora chega a quenda do traballo fixo, que ata agora parecía estable e duradeiro.

Este goberno cada vez mostra con maior descaro a súa preferencia pola privatización do público: a sanidade, a educación, a dependencia. Estas medidas forman parte do seu ideario neoliberal e a crise é a mellor escusa para acelerar as súas reformas retrógradas. O último capítulo deste tsunami arrasador confórmao a súa abusiva complicidade cos bancos e caixas, ao permitirlles, pese ao clamor social, que continúen deixando sen teito a miles de persoas. Un bosque desolador de seres humans tallados, sen axudas, que o están perdendo todo.

O decreto de Rajoy non evita que familias con nenos poidan perder os seus fogares, que persoas maiores poidan ser botadas á rúa, que as nais solteiras se só teñen un fillo ao seu cargo queden sen teito. Tampouco paraliza os intereses de demora, polo queperante os dous anos de suspensión do desaloxo os intereses de demora continuarán medrando. Os requisitos económicos e de cargas familiares son tan inflexibles que miles de persoas non poderán acollerse aos seus limitados beneficios. Unha publicidade enganosa e pura arbitrariedade, en palabras de Xuíces para a Democracia. Unha auténtica desvergoña política, engado eu.
Otero Regal
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-11-2012 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Coma ya tengo dicho el PP busca unos servicios publicos de minimos, cual caridad, a partir de ahi llega la privatizacion.
Por otra parte respecto a los deshaucios, los que se#blgtk08# paran ahora vendran en 2 años, aqui no se para nada, los intereses se pagan a intereses mas desproporcionados aun, es un simple engaño, no te echan en el 2013 lo hacen en el 2015.
Comentario por socialista (30-11-2012 10:04)
2 María razón que un santo, pero #blgtk08#non Che fan nin puñetero caso.
Comentario por Benchosei (02-12-2012 17:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal