A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NON E O MESMO GRANDE QUE PEQUENO, BRANCO QUE MOURO, ROXO QUE AZUL.........

Moitos empéñanse en deslegitimar por obsoletos os conflitos de clase ou a existencia das ideoloxías de esquerda ou dereita, cando se algo nos mostra esta mal chamada crise é a súa rotunda vixencia. Nunca se plasmou de forma tan diáfana a guerra entre dous modelos de entender o futuro; e como para que algúns sigan enriquecéndose, os máis han de perder renda, dereitos e servizos.

Dun lado, os partidarios dunhas institucións fortes que garantan a igualdade de oportunidades; que ninguén quede excluído; que existan unha educación e unha sanidade pública de calidade. Do outro, aqueles que se desviven por facilitar ás multinacionais oportunidades de negocio no sector público, os amantes da privatización, que enmascaran intereses crematísticos baixo falsos argumentos como a insostenibilidad ou a ineficiencia do noso sistema de benestar, o gran logro do noso tempo.

Esta crise fai máis evidente como os intereses das grandes empresas contraponse cos das pequenas; as políticas de austeridade non afectan o mesmo a unhas que a outras; e revela a quen defenden os nosos gobernantes. Porque o gran problema que padecen os españois garda relación con que as grandes transnacionais enerxéticas, de comunicacións ou infraestruturas, xa non nos necesitan como antes, nin como consumidores, nin como traballadores. As políticas de recorte xeneralizado non lles danan. Se fose así se implementarían outras. A nosa constante perda de poder adquisitivo, o noso brutal empobrecimiento, suponlles apenas un rasguño. Nos seus balances de beneficios e o peso doutros países, como os emerxentes, é cada vez maior. Alí dispón de novos mercados de consumidores e de traballadores “low cost”, con clases medias en pleno voraxin de consumo; entornos onde investir, deslocalizar e expansionarse con total apoio institucional.
Aquí, mentras , as pequenas empresas que non saí mos a fabricar ao exterior forcexean contra a liberalización comercial, a importación desmadrada e vese forzadas a despedir empregados e pechar as súas portas, afogadas polo descenso do consumo, sen poder acceder á barra libre do crédito. Aínda sendo as verdadeiras creadoras de emprego, sobreviven soas, sen axudas. E son as outras grandes perdedoras desta guerra.
Otero Regal
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-11-2012 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Es evidente que nunca ha desaparecido la diferencia ideológica entre la izquierda y la derecha, el problema ha sido que durante un tiempo la propia izquierda ha tratado la Ideologia como algo antiguo cuando tiene que ser la base de cualquier proyecto sobre todo de un priyecto de izquierdas.
La derecha aprovecha la crisis para instaurar su modelo de estado, hasta ahora nunca habían tenido la oportunidad pero la coartada de la crisis resulta perfecta, nos llevan a un escenario donde el estado de bienestar#blgtk08# pasará a un estado de mínimos donde en lugar de servicios se ofrece caridad, y a partir de esos mínimos legales surge la privatización de los servicios.
El problema es que el pueblo no despierta, está aletargado y no ve en el PSOE esa alternativa que nos lleve a recuperar el estado de bienestar.
En esta etapa de refundación del socialismo en España debe de recuperarse el valor de la Ideología y volver a mirar al pasado glorioso de este partido que sin duda, y pese a quien pese, es el Felipismo.
Comentario por Socialista (25-11-2012 19:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal