A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CADA QUEN PODE FACER DA SUA CAPA UN SAIO
Cada cal pode combinar a súa vida como queira. Pódea mesturar con optimismos (esta palabra xa é case unha rareza hoxe en día, e ademais tende a desaparecer) ou con pesimismos; con humor (a risa tamén
cotiza á baixa, e encima cando a sacan pola tele é só para pola na cara dun señor que fuma puros en Nova York mentres boa parte do seu país non sabe como chegar a fin de mes) ou con dramatismo; con naturalidade (asumindo as regras do azar e non deixando de confiar nunca na boa sorte) ou con fatalidade. Tamén as palabras que imos formando cada día non son máis que combinacións que nos soben ao sétimo ceo ou que contribúen a que sigamos caendo cada vez máis abaixo. O abecedario só é unha sucesión de letras e vocais. Se empezas a xuntalas como un pintor mestura cores ou eu mezclo oxidos metalicos para decorar a ceramica, pódesche atopar con achados sorprendentes. Fagamos unha proba: lindo, alegre, bela, esperanza, xoguete, harmonía, abrazo, confeti, luminosa, esplendor, sublime, pracenteiro, tenrura, acougo, paraíso?.Poderiamos seguir ata o infinito buscando palabras que nos axudasen a remontar os días convulsos. E se non as atopamos, tamén poderiamos inventalas e levalas postas a todas partes. A nosa felicidade depende case sempre dos nosos desexos de buscala. Cada palabra que pronunciamos termínase convertendo no eco que acabaremos protagonizando.

Tampouco esquezas nunca que o arcoíris pódeche sorprender en calquera parte do camiño. O sol ábrese paso entre a choiva cando parecía imposible que puidese volver brillar, e cando o fai todo énchese de cores. A beleza nace dunha combinación de enerxías que acaba confluíndo nun lenzo, nun papel ou no mismísimo ceo que ás veces non miramos cando paseamos pendentes dos nosos asuntos pola rúa.

Non renuncies nunca aos teus propios soños porque cando menos espéres acabarán iluminando o teu destino. Tampouco fai falta que os esteas buscando todo o intre desesperadamente. Todo consiste en ser honesto cun mesmo. Se logras manter esa coherencia persoal mirarás ao ceo en calquera momento e apareceranche trazados as cores que anuncian o final dos malos tempos. Nin sequera o gran diluvio durou eternamente. E tes que recordar tamén que a vida escríbese azul algúns días, con luminosa tinta de mañás de verán e con palabras humedecidas por unha suave brisa que borran nos espellos todos os teus naufraxios. Eses días mírasche con quietud de ollos abisais e deixas que o teu destino remóvase na beira. Ao final, todo o que escribimos levarano as augas. Só quéda a area que se nos vai pegando a faciana, o salitre que nos acaba protexendo dos desenganos.
Otero Regal
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-11-2012 15:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 "...El Concello de Viveiro tenía entonces una técnico jurídica municipal «encargada de tal menester".

Técnica que par#blgtk08#a que lle meteran no Concello ó seu compañeiro e lle aumentaran o soldo accedía placidamente ós menesteres de Roel... jajajajajajaja
Comentario por Alicia (11-11-2012 10:41)
2 Depre señ#blgtk08#or Regal?
Comentario por Covas (13-11-2012 19:36)
3 Estas feito un poeta Sito, bue#blgtk08#no poesia en prosa, diria eu.
Comentario por Foz (13-11-2012 19:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal