A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ESTOU DEIXANDO DE CREER
Estou deixando de creer no antigo poder das palabras, humildes brotes de esperanza, abono máxico de algo bo por vir en forma de sonrosado futuro. Nin sequera creo na palabra solta, protestas e berros, consigna xa prevista, amortizada, que nace case morta. Tampouco confío nas manifestacións con permiso da autoridade de 6 a 8, e na ruta asignada; nin nunha xornada illada de folga. Flores dun día flotando desfeitas nun mar de inxustiza; cravos ardendo nas rutinas dun tempo atroz que xoga na nosa contra; actos inofensivos, sistémicos; voluntariosos pero pobres fronte ao azoute cotián que nos tocou padecer, cando máis desprevidos achabámonos na nosa burbulla de gallináceo benestar.
Tampouco creo no poder do voto, no poder do meu voto. Ese voto fútil, jibarizado, bobo papeliño de cores, serpentina irrelevante que voa ata depositarse no fondo da urna baleira, sen auténtica representatividade, sen soberanía nin democracia real. Un voto que se xa valía ben pouco por leis electorais amañadas, agora serve de nada cando a política carnívora, mera executora, non deixa opción nin espazo para a defensa cidadá; cando non quedan cabos soltos e sobreviven en exigua representación, sen patrocinador mediático nin empresarial, os poucos que aínda apoian a xustiza social e que manteñen o sentido común en tempos de tolemia colectiva, cando a ideoloxía ultraliberal campa disfrazada de ciencia. A maioría: cínicos capataces que para manter as súas prebendas nos malvenden aos mercadores; a aqueles que sempre gañan, en época de bonanza ou de estafa.
Os “axustes” institucionalízanse como inmisericorde rutina as agresións aos traballadores, aos parados, aos mozos, aos dependentes, aos que menos teñen; recórtase o subsidio de desemprego -¡e que se fódan!, grita excitada a diputada, redúcense os salarios aos empregados públicos; auméntanse impostos indirectos e sálvase como sempre da queima aos máis ricos.
Xa non creo no poder das palabras nin no valor do meu voto. Pero quero crer que vai calando a conciencia de que estamos en guerra. Que se acabaron a anestesia hospitalaria e o esperar como ovellas ante a tele a que nos gaseen e nos destripen para servir de alimento os porcos de engorde.
Otero Regal
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-10-2012 08:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Debemos de mellorar esta democracia é encauzar o malastar dos cidadans en alternativas ó poder establecido. Temos uns políticos que pensan que teñen unha plaza en propiedade cual funcionarios e alonxan os ciudadans dos partidos mesmo os propios militantes, so buscan a militantes sumisos que non fagan peligrar a sua poltroa.
Tómannos como parvos, por exemplo Rubalcaba di que non demitirá ata que llo pidan os órganos do seu partido, pero se os nombrou el, e se el se vai terían que irse eles, o control é absoluto, os cargos políticos xa actuan coma dinastias hereditarias.
Penso que por iso subiron opcións como AGE, a xente, os militantes non teñen ningún poder de decisións nas suas agrupacións, nen sequera poder de expoñer opinións, mais que nunca está de moda o clientelismo e o peor é que está instaurado na esquerda.
Abundan políticos sen pre#blgtk08#paración sen experiencia en nengún tipo de xestión, vemos como rapaces "recomendados" se meten a calzador e se lles proporciona un traballo de funcionarios políticos, nengún traballou nunca fora da política e o peor é que non teñen intención de facelo,todos temos os exemplos en mente, témolos perto.
É necesario é urxente establecer listas abertas entre outras medidas, pero esta é fundamental.
Neste momento temos a esquerda peor preparada da historía, non na militancia pero si nos cargos orgánicos, que podemos esperar coas alternativas que nos ofrecen, Valenciano, López ... , que tipo de preparación teñen, aqui na mariña é en Viveiro igual, hoxe a maioría de non adicarse a política estarían na cola do paro, as excecións son escasas, pero algunha hai, en Viveiro teríamos a Cal, pero isto é un caso contado.
Os cidadans temos que reacionar xa.
Comentario por socialista (30-10-2012 11:47)
2 La no actualización del blog no permite el debate, últimamente ya no entran comentarios, pasa lo mismo en el Consulado. Es una#blgtk08# pena, pues asi peligran estos espacios.
Animo a seguir en la línea que tenian antes, aunque entiendo que no es fácil.
Comentario por Luis (30-10-2012 14:49)
3 Señor Real: ...e vostede que opinión lle mere#blgtk08#ce o tema dos circos e dos animais? Un saúdo.
Comentario por Rodrigo (02-11-2012 09:26)
4 E bo pensar, saber... mais neste pais dos ananos no que nascimos ha que ter o senso comun do 5% da porcentaxe de votacion pra ser escoitados. Nos os nados na decada dos 70 sentimos unha impotencia tremenda ante esta e outras realidades que coma labazadas foronnos mostrando de supeto esta democracia constitucional.
Non teño direito a falar por todos, de seguro, mais concordaredes conmigo ou non... quen de nos, non escoitou? estuda para ter un bo traballo! esta e a primeira. Logo a casa, alicerce da vida de calquer galego, A CASA, e agora xa por ultimo a nosa felicidade... axo que xa non hai nada na constitucion da españa sob que poidannos mentir ou castrar. Ainda asi emprego ultimo e #blgtk08#non derradeiro pois algo quedará.
De todalas maneiras eu sego a pensar que agora e o momento de seguir loitando e seguir empregando ese papeliño que cada catro anos podemos meter nunha FURNA e permitir que a nosa voz morra durante catro anos mais. O estado gobernase dende fora por intereses alleos xunguido pola cobiza dos proprios que o saquearon durante tantos anos, a nosa terra segue a ser gobernada polos de semprementres cos novos, coma sempre, van buscalo millo alem do mar ou alem das terras da fala namentres asistimos impasibeis o desaloxo e saqueo das contas publicas.
U-los cartos? U-los? U-lo futuro? U-lo futuro da famila? U-lo futuro dos fillos? U-la dignidade?
Comentario por galegotenerife (03-11-2012 11:58)
5 MOITA RAZÖN SO#blgtk08#CIALISTA.....
Comentario por Otero Regal... (09-11-2012 15:33)
6 Tratarei de actualizar mais a #blgtk08#miudo...prometido....
Comentario por Otero Regal... (09-11-2012 15:33)
7 Alfonso Otero Regal Subida de tasas: subilas non lionealmente, excluir da suba a os parados, xuvilados con pernsions minimas, viudas con iguales ou peorescpensions, xente con soldo=base.......e subir como maximo o 2 por cento o resto......como compensar esta menos suba...menos festas, orquestas, e demais leria....en Agosto.....
El 29 de octubre a la(s) 15:58 · Me gusta · 3
En relación o Pleno das subidas e d#blgtk08#os circos dixen esto antes do mesmo....en outro sitio da red, copio.
Segundo non e tan facil como parece a cousa o circo e cultura....casi a punto de desaparecer.....canta xente ira a ver un circo sin animais?.....e ese xenial idea do rei mago non se completa con a cantidade de perreiras que no rural ou no chamorro teñen coñecidos escopeteiros....ese tamen e maltrato de animais....e aqui e por xente de aqui.......
Comentario por Otero Regal (09-11-2012 15:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal