A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TRISTES TEMPOS
Vivimos unha época triste. Nótase no ambiente, miras ao teu ao redor e hai xestos de preocupación, de desesperanza, de inquietude. Hai demasiadas causas que provocan esta tristeza.
Unha desas causas, talvez desencadenamento de tantas outras, é o índice de paro que segue crecendo de forma incontrolada. Imaxinámonos a tristeza dos mozos suficientemente preparados que volven a casa dos seus pais porque non poden manterse ou a sensación de desamparo daqueles que non teñen unha familia á que volver.
Outra causa de tristeza e a situación de incerteza da empresa USA que temos na bisbarra, miles de postos de traballo pendentes do que decida o ministro canario encol das bonificacions da electricidade que a moreas consume a factoria de San Ciprian.
Tristeza ou sensación de fracaso daquel traballador que logo de anos de defender a súa empresa con entusiasmo é despedido grazas a unha reforma laboral e sabe que con 50 anos non se pode xubilar porque é moi novo pero non atopará outro posto de traballo porque é moi vello.
Ou os mestres, os bombeiros, os médicos, todos os funcionarios, que non só ven recortados os seus ingresos senón que saben que o seu traballo non vai ser igual, que terán miles de dificultades para levalo a cabo e encima son vítimas dunha campaña de descrédito, de burla e de menosprezo..
Ou a tristeza dos pensionistas, asustados non só ante o seu porvir senón o dos seus fillos e netos, aos que en moitas ocasións teñen que axudar coa súa escasa pensión.
Tristeza e tamen a que orixina a postura de impropia prepotencia e despotismo do alcalde de Viveiro que por un “Quitame ala ese insulto” rompe o goberno, chimpa fora a o BNG, queda en franca minoria e con a consecuente paralización do concello e con miles de persoas, que aquí viven, perxudicadas, en un momento en que e primordial traballar e sacar a administración local adiante.
Triste e repugnante e tamen esas noticias dia si e dia tamen que falan de corrupción, choriceo, amiguismo, ilegalidades e cara dura dos nosos políticos, e con todo o meu pesar, os papeis dicenos que aquí non se salva naide, todos cheiran a merda cando pasas cerca deles, e certo que algunos saen e sairon de “rosiñas”e outros ainda non os colleron nas falcatruas pero “habelos ainos”.
Otero Regal
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-10-2012 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Sí, todo é asquereso, todo é chanchullo e corrupción e a política e os políticos convertíronse en algo nocivo para a sociedade. Pero a culpa non é dos políticos ¡¡ A CULPA É DOS CIDADANS !!. Si, a culpa é de vostede, veciño, amigo, parente... Nun sistema democrático somos os cidadáns os que eliximos e decidimos como queremos vivir co noso voto. Estes políticos que tanto criticamos son os que vamos ir a votar dentro de 15 días.
Temos o que merecemos e os políticos son o fiel reflexo da sociedade.
Non debemos ter moita dignidade, nin moita vergoña cando neste instante, en calquer bar, ou en calquera reunión de amigos estamos poñendo verdes ós políticos que uns días despois vamos#blgtk08# ir aplaudir e a votar. Sí vostede, sexa quen sexa, non ten vergoña, nin dignidade, nin merece nada e me está fodendo a mín coa súa actidude hipocrita e cobarde, cando vai ir votar a un partido político que practica a corrupción e a un político que engana e minte. Sí é vostede un falso e un ciníco cando pasa o carón do político do seu pobo que sabe que minte e engana, e o sauda moi afectuosamente con un sonrriso nos labios. Con esa mentira que vostede sonrrie e acepta non se pode construir unha sociedade xusta nin digna. Neste rebaño de ovellas deshumanizado, insolidario, falto de compromiso e de crítica consecuente e documentada, os señores políticos poden facer o que lles saia do carallo.
Comentario por Sempre contigo (07-10-2012 16:44)
2 Tristeza: dan los pensionistas, los funcionarios, los médicos, los trabajadores en general, las situaciones concretas (como llama Vd. a Alcoa: empresa USA), las situaciones más generales. Y de hecho, los comentarios sobre esta situación, ayudan, sino a solucionarlos al menos, a publicitar de manera clara el descontento de la gente. Y ese descontento, cuanto más páginas (web, de periódico, o lo que sea) abarque, más defendible será. Pero de manera diaria, sin parar, sin descanso. Que cada vez que alguien abra un blog, una página como esta, le llegue el descontento de manera fresca, renovada, continua, permanente. Pero para eso, hay que tener la página al día, de modo que sin dejar de ser un tema actual y manido, siga provocando reaccion#blgtk08#es airadas en todo el mundo. Vamos a intentar que algunos más se quejen. Que las quejas sean distintas. Que sean, incluso rebatibles. Vamos a intentar que la gente, aunque sea a traves de su ordenador, piense, critique, rebata, opine, discurra, se cague en quien sea, pero, al fin y al cabo, participe: en este Blog, en la política municipal y autonómica y, en general, en todo aquello que le afecte. Nada hace mejor a la capacidad de discernir, que el escuchar diferentes opiniones. Pero para eso, hay que estar al día (perdón por ser tan repetitivo, pues ya en su día, lo dije). Por favor, Sr. Otero Regal, permita discutir en su Blog. Bájelo día a día. Por el bien de todos, por tener un sitio donde opinar y defender una opinión. Un saludo.
Comentario por triste (09-10-2012 23:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal