A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O CONTO DO BÓ LADRON
Recodarán os entendidos no novo testamento catolico aquel “Bo Ladrón” que se atopaba á dereita de Xesús nazareno, cando foi crucificado no Gólgota. Había tres persoas que padecían aquel castigo. Un deles, o do medio, non parece que fose un delincuente, como así recoñeceu o seu colega de suplicio. Non era un bandido, nin un criminal, nin fixera nada para merecer a tortura á que lle someterón nin aquela terrible morte que lle esperaba. Entón, o “Redentor da humanidade” agradeceu o seu apoio, asegurándolle que aquel mesmo día estaría con el no Paraíso.

Pois amigos lectores, aquí mesmo en Galicia temos unhos bos ladróns, unhos convictos, condenados e encarcerados, que non saen dunha para meterse noutra, a quen os xuíces e esta imprevisible Xustiza que temos, tomaron como chiba expiatorio de todas as irregularidades que cometen, ou cometeron, outros colegas seus na Afortunada Galicia que habitamos. Os demais poden seguir cometendo iniquidades, pero ese Bo Ladrón non, porque é o que paga por todos eles.

As noticias din que dous alcaldes, de Boqueixon e Ourense e un ex concelleiro de Lugo pasaron a noite calabozo por mor de un presunto delito de choriceo no amplo sentido do termo, Pero, hete aquí, que estes bos homes saen do ostracismo en cheiro de multitudes afins. Vitoreados, aplaudidos, xaleado polos seus adictos, correlixionarios e beneficiados, aínda que non partisen do seu propio peto os xestos xenerosos e caritativos que realizaran na súa época de xestores do erario público, consideran esta xente que o seu heroe é inocente e que debería andar libremente polas rúas. A Curro Jiménez, a Robin Hood, o pobo considerábanlles tamén benefactores porque roubaban aos ricos para repartir os botíns entre os máis necesitados.

O que sucede é que algúns dos nosos ladronzuelos, que non son moi bos que digamos, cometen os seus fechorías con bastante impunidade e líbranse unha e outra vez de dar contas á Xustiza, ben porque esta, ás veces, non existe, ou porque atopan algún amigo togado e comprensivo, que lles libra do castigo ou porque os seus delitos prescriben, ou os xuíces están tan embebidos en cuestións menores, que se pasan anos e anos sen celebrar xuízo algún ata que se arquivan, de forma descarada. Ou sexa, que os peixes gordos escápanse da rede e non hai quen os pesque.

E eses habilidosos cabaleiros e donas que utilizan a política para medrar, enriquecerse, prevaricar, enganar, dilapidar, e tomar o mando como sexa, preséntanse despois aos próximos comicios, empuxados por ese rabaño de aduladores e beneficiados que lles reelixen para que non rompa a cadea de ilegalidades, o nepotismo, o enriquecemento ilícito, o tráfico de influencias ou o abuso de poder. Considérase nesta seudo democracia na que vivimos que a corrupción é inherente, consuetudinario á política. Dá igual que ese político pouco e ético sexa elevado aos altares polos votantes, atópese nun humilde concello, ou en deputacións, parlamentos, senado ou no propio goberno do estado.
Otero Regal
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-09-2012 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Te dejo, amigo Afonso, mi último comentario acerca de la crisis de gobierno vivariense.

Saudos!#blgtk08# />
http://consuladogaramantaenviveiro.blogspot.com.es/2012/09/melchor-echa-al-bloque-stalinismo-la.html
Comentario por Pentapolín del Arremangado Brazo, Rey de los Garam (25-09-2012 13:37)
2 Eses vividores e ladronzuelos son os que forman os dous grandes parti#blgtk08#dos, que dentro de 15 días vamos ir a votar a maioría das ovelliñas.
Comentario por Sempre contigo (01-10-2012 04:26)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal