A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UN PAIS CUTRE

Estudiantes que maña comenzades as crases, a vella disputa entre ciencias ou letras acabará pronto. En un chisco de tempo, boa parte dos mozos quererá dedicarse ás que se perfilan como as carreiras con futuro en España: a prostitución, o xogo e a pendencia en xeral. Este xacemento de traballo é obra dos proxectos que encandean á nosa clase política: o Eurovegas de Madrid e o macro parque temático catalán dedicado ao botellón de luxo. Non pasará moito tempo antes de que algún iluminado en Galicia véndanos a necesidade de incorporarnos ás novas tendencias do cutrerío nacional montando un neo-bordel en cada bisbarra.

A moi católica, apostolica e roman, Esperanza Aguirre non dubidou en encartarse ante o "magnate" Sheldon Adelson para que Madrid sexa o paraíso ludópata. E, para non perder corda co novo estilo, Cataluña pretende construír media ducia de parques temáticos cos que esquecer os recortes en Sanidade e Educación, o tallo nos dereitos laborais ou a expulsión de inmigrantes.

Manuel Rivas preguntábase o sábado "Que país é este?" na súa columna do País, e respondíase que imos cara a "un país de merda". Un país, engado, no que as consecuencias dos desmáns financeiros e especuladores dunha minoría invulnerable están arrasando coa economía, a democracia e os seus valores anexos.

Sen dúbida, os meritócratas estarán de parabén. Que mellor para demostrar un o seu valía que saír adiante con éxito nun Estado do 'medioestar' que fomenta o xogo e a prostitución. Claro que, quizá, o que marque a diferenza non sexan o esforzo e a intelixencia, senón un bo contoneo de cu ou un paquete ben marcado.

Confirmase pois aquela lenda negra de que España é un país cutre, chabacano, terceiromundista, inculto, salvaxe e paleto. Os ingleses achegaron á historia a Carta Magna, o empirismo baconiano, o habeas corpus e a Gloriosa Revolución de 1688. Os franceses achegaron o racionalismo cartesiano, os filósofos da Ilustración e a Revolución Francesa. España achegou a Inquisición, a novela picaresca e guerras civís cainitas. En España non hai sociedade civil senón populacho envilecido e analfabeto. Que se pode esperar dun país cuxa poboación grita "Vivan as caenas" e "Que inventen outros"? España só é un país apto para vir de esmorga e emborracharse, pero do cal un debe escapar se ten outras expectativas.
Otero Regal
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-09-2012 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 E quedoume por decir a vergoña allea que teño dado que nesta a nosa terra presentase para presidente da Xunta un ladron sentenciado por rou#blgtk08#bar 7800 millons de pesetas...e con toda a xeta do mundo ahi esta....e a bo seguro que existen galegos tan masoquistan que o votaran.......
Comentario por Otero Regal (19-09-2012 19:54)
2 España camina hacía la descomposición. Desde hace varios meses (PP) caminamos de forma apresurada hacia el abismo, el pais que habíamos construido se está deshilachando, sanidad, educación... todos aquellos logros que hacían que los ciudadanos partiésemos en igualdad de condiciones viniésemos de donde viniésemos.
Vivimos en un pais clientelar donde la casta política busca permanecer en sus sillones y para ello nada mejor que la ignorancia de la ciudadanía, vamos a un pais sin valores, se apuesta por Eurovegas y se destruye la educación pública.
Nadie quiere solucionar la crisis actual pues pasa por el desacomodo de muchos políticos, primero deberíamos de tener una administración y una clase política viable que no hipotecasen el pais a base de medrar. Con alcaldes que ganan más que el presidente del gobierno, con miles de empresas públicas, con diputados autonómicos cobrando 2.950 € solo en dietas, con un Senado para colocar señoritos, con diputaciones para lo mismo etc etc esto no tiene solución.
Con políticos como los de antes no estaríamos así. Alguien se imagina a Rajoy y a Zapatero pactando la Constitución con ayuda de Mas o Urkullu.
En la Mariña suplicamos por una reforma de la tarifa eléctrica, todos se quieren hacer dueños de la rei#blgtk08#vindicación cuando ninguno se preocupó en los últimos 10 años por esto. Antes no era así, de hecho si Felipe González no hubiese intervenido y nacionalizado Alcoa hoy ya no existiría. Si esto pasase hoy ya estaría cerrada y ya no habría que hablar de tarifas eléctricas.
Además la realidad es que nos queda poco más que protestar por medios como este pues la política cierra las puertas a esos que osen protestar y pongan en peligro el puesto de salida de un funcionario de la política.
Necesitamos que los partidos cambien y que se busque gente de peso, gente que venga de hacer algo en su vida privada, que no venga a vivir de los ciudadanos, hay ejemplos a miles de esto último, los hay en Madrid, en Santiago y hasta en la Mariña. Nombres, con todo mi respeto, como Balseiro, Val, Loureiro, Casas, Mendez, Veiga.... no tienen ningún bagaje profesional que los acredite como representantes del pueblo, simplemente aspirar a poder vivir como por ejemplo el Sr. Rego, Sr. Varela etc etc.
En definitiva necesitamos más Carrillos, González, Fraga, Suarez, Rocas, Guerras... y menos Pajines, Aidos, Corbachos, Bañez ....
En sitios como Viveiro necesitaríamos gente como tu, comprometida,que no busque vivir de la política, asi que te animaría para dar ese paso.
Comentario por Socialista (20-09-2012 11:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal