A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PERMITAME...CON DIGNIDADE
Pódente ferir onde máis doen as feridas, pódente traizoar aqueles por os que fai tempo deses a vida, pódente facer tambalear cun par de golpes inesperados; pero ninguén logrará vencerte se no máis fondo do teu ser estás a salvo e orgulloso da túa honradez e de cada un dos teus pasos. Realmente non vén á vida a gañar ou a perder, pero convén que os que malvenden a dignidade ou recorren ao dano saiban que xamais gañarán ningunha batalla. Mentres poidate seguir mirando no espello cada mañá estarás a salvo. Dá o mesmo que o día estea nubrado ou que non vexas saídas por ningunha parte. A túa propia bondade irá abrindo carreiros onde menos os imaxinas.
Permítame, pois, alzar a voz. Permítame saír á rúa. Permítame protestar polo que considero inxusto e reivindicar o que creo que me pertence. Permítame defender aos que peor o están pasando, e non aos que se están beneficiando. Permítame crer que neste momento non teño outra forma de protesta máis útil que a loita pacífica e que quedarme en casa non só non serve de nada, senón que ademais faime sentirme inmóbil, pouco involucrado, e ata insolidario. Permítame pensar que non teño que pagar unha crise que crearon ELES, e que as medidas que se adoptan non deben ir na súa maioría contra os que peor están. Permítame dicirlles que co meu diñeiro non rescatarán bancos que xogaron moi cocho, e que non contribuirei a pagar as indemnizacións millonarias dos seus directivos. Permítame pensar que o Senado é inútil, e os seus gastos insostibles. Permítame dicirlles que aquí sobran políticos, e que é de aí de onde hai que recortar, nin de sanidade, nin de educación. Permítame recordarlles que a miña familia traballou duro toda a súa vida para que agora, pola súa corrupta xestión, perigen ata as súas pensións ou non lles cheguen nin para o máis básico. Permítame dicirlles que outra España é posible, que se a Pantoja vai ao banco, Cristina de Borbón tamén é cidadá dun país no que se supón que a xustiza é igual para todos. Permítame sentir que con unidade todo conséguese, porque me remito aos feitos, á historia. Permítame crer que se me quedo en casa non contribuirei a nada, e non farei máis que aceptar todo o que nos impoñan e admitir que os máis débiles caerán porque no futuro temos que saír de todo isto aínda que lles deixemos no camiño. Permítame defenderme da agresión, porque se non mo permite, defendereime de igual forma.
Otero Regal
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-08-2012 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 "Sr. Don Otero Regal": Noraboa polo novo nomeamento.
Aqueles que coincidimos no pensamento e no sentir con vostede, pero que non sabemos manifestalo ou defendelo coa palabra ou coa escritura, co brilo que vostede manifesta, e que por non ter a categoría humana, e o que vostede representa, as nosas manifestacións nunca terian a mesma contundencia e transcendencia, sempre estaremos profundamente agradecidos e o seu carón para arroupalo e animalo a que non desfalezca no seu empeño, e que nunca tire a toalla en tan digna labor.
Sendo así, eu en particular acabo de recibir con gran ledicia a noticia de que próximamente serás galardonado con outra distinción máis. Si, nada menos que te van investir "Cabaleiro do Mariscal Pardo de Cela".
Que ben che vai sentar a ti, amigo Sito, este título polo que representa: espíritu colectivo, independenza, lealtade, dignidade ... xusto o que ti tanto pregoas e defendes e que son as carencias da sociedade actual.
A ASOCIACIÓN CULTURAL MUNDO DE GALEA é a promotora deste acontecemento que hoxe en día se pode considerar como un dos actos culturales máis importantes da comarca e que destaca pola pulcritude e independenza, xa que estas investiduras non están patrocinadas nin subvencionadas p#blgtk08#or ningún partido político, nin organismo público ou privado, e os investidos nunca poderán ser políticos, nin representantes de ningunha entidade pública, política nin sindical. Podendo decir que é un galardón único en Galiza.
Preguntaronlle a Manuel Lourenzo como sería a Galiza por el soñada; e o persoeiro do noso teatro, respostou: soño cun país experto, que sexa culto e onde todas as persoas puideran ter fondo coñecemento da natureza, da historia e dos recursos cos que contamos, que non son poucos.
A resposta de Manolo podía, en boa medida, expresar a filosofía coa que naceu o Mundo de Galea.
Queremos que as nosas xentes, e as alleas coñezan a nosa historia e que valoren as pegadas que os acontecementos deixaron ó longo dos tempos, enriquecéndonos culturalmente. Coidamos que o persoaxe controvertido do Mariscal Pardo de Cela é a gran referencia común para toda a bisbarra. Con ese espíritu naceu, fai dez anos o Día do Mariscal.
A.C. MUNDO DE GALEA celebra anualmente o DÍA DO MARISCAL, e inspirado neste evento fundou a ORDE DO MARISCAL. Dita orde inviste cada ano a unha dona outorgandolle o título de Dona de Isabel de Castro, e a tres homes nomeandos Cabaleiros do Mariscal Pardo de Cela.


Comentario por Sempre contigo (04-08-2012 19:20)
2 Te dejo, amigo afonso, el enlace a mi último post acerca de nuestra actualidad vivariense. Va esta vez del Resurrection, los comerciantes, los beberciantes, el alcalde que ha sido, y el alcalde que es, su#blgtk08#s plagios, pocas ideas, y mangantería que tienen encima.

http://consuladogaramantaenviveiro.blogspot.com.es/2012/08/resucitando-la-ppolemica.html

Graciñas y un fuerte abrazo.
Comentario por Pentapolín del Arremangado Brazo, Rey de los Garam (09-08-2012 18:37)
3 Don:Alfonso Otero Regal.
Enhorabuena.
Me alegro muchisimo que te otorgen tan distinguido galardon,mi madre siempre decia,el tiempo pone a cada cual en su lugar,y a dios gracias, tu tienes el tuyo ,en base a tu esfuerzo, trabajo,sudor,empeño,constancia, inpetu,sacrificio,y lucha ,he dicho en otras ocasiones,que eres un gallego de lluvia ,pero no de calma,eres profundo en tus raices y te venaglorias por que asi sea y asi y de esta manera nos lo transmites,con tu arte,y con todas estas grandes virtudes que tienes, hac#blgtk08#es de esta Galicia ,particularmente de esta mariña que sea mucho mas magica,eres un GRAN ARTISTA con letras mayusculas no cabe duda,y que tienes gracias a dios y a tu esfuerzo todo lo que te mereces,soy de las que creo....que no hay un premio o un reconocimiento que te den ,que no merezcas 100.
Dios te de muchisima salud para que los demas podamos seguir deleitadonos,admirando y disfrutando tus obras,detras de ese gran artista,hay una gran y bellisima persona.No hay palabras.

Atte: Maika .San Ciprian
Comentario por Maika (11-08-2012 14:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal