A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RUINA XENERALIZADA?
Tras as reunións do Eurogrupo e do Ecofin, Mariano Rajoy compareceu o mércores no Congreso dos Deputados para expor medidas esperadas pero dramáticas, onte o ministro de Facenda e Administracións Públicas Cristóbal Montoro buscaba apertar as contas das Comunidades Autónomas no Consello de Política Fiscal e Financeira e, para rematar, antonte, un deses venres fatidicos celébrase Consello de Ministros que non pasou desapercibido por o batacazo que nos mete a crase media e baixa deste pais casi tropical e bananeiro.
A axenda consome todas as enerxías da Moncloa e aumenta a expectación cidadá que desexa decatarse do que sucede. Levamos tempo no que, un día si e outro tamén, apróbanse reformas que nos afectan. A actualidade non descansa e unha xornada tropézase coa outra.
A capacidade de aguante do Executivo non é infinita. Ningún ministro soporta toda unha lexislatura con esta tensión excepcional a propósito de que a sociedade está especialmente á espreita do que ocorre.
Por exemplo, difícilmente a ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, culminará o mandato. Polo menos, desde esa carteira. Porque se a reforma laboral que capitaneou estalle pasando factura hai que sumarlle que motivou críticas por mor da información que presuntamente saíu das súas dependencias sobre expedientes de regulación de emprego.
Está por ver a marxe de manobra das Comunidades Autónomas que igualmente pretendían beneficiarse da flexibilización outorgada por Bruxelas sobre o déficit público e Montoso deixounos co gozo no pozo.
Polo momento, o Banco Central Europeo aplaude as decisións de Mariano Rajoy. Pero a “Prima” de risco non dá tregua. E volve aumentar para mal de todos nós.
O problema final está en lograr o impulso ao crecemento, esto con a caida de poder adquisitivo e a baixada terrorífica do consumo interno levaranos a ruina xeneralizada.
E os fondos para mellorar este obxectivo non os temos. Ou proceden da xenerosidade do resto de socios comunitarios ou, dunha vez por todas, o Banco Central Europeo asume as tarefas que se lle presume a este tipo de organismos máis aló de controlar a inflación. Pero o que mais me cabrea e que todo esta desfeita e para salvar a banca, ponme dos nervios.
Otero Regal
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-07-2012 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 En efecto, toca a todos pagar las ruinas de unos pocos descontrolados pero muy poderosos. Estallidos intencionados aparte, nos sobra capacidad de sacrificio, y nos falta pod#blgtk08#er para controlar a los desmandados y castigarlos. Nuestra tragedia una vez más es que no habrá castigo para los culpables. Encima si no lo hacemos l tragedia será aún peor.
Comentario por Foriato (20-07-2012 11:54)
2 En efecto, toca a todos pagar las ruinas de unos pocos descontrolados pero muy poderosos. Estallidos intencionados aparte, nos sobra capacidad de sacrificio, y nos falta pod#blgtk08#er para controlar a los desmandados y castigarlos. Nuestra tragedia una vez más es que no habrá castigo para los culpables. Encima si no lo hacemos l tragedia será aún peor.
Comentario por Foriato (20-07-2012 12:07)
3 Isto non é un rescate de España, é un rescate dos bancos alemáns, que na época do ladrillo prestaban cun risco que agora non queren asumir.

Por suposto qu#blgtk08#e en España se fixeron as cousas moi mal, e malgastouse moito diñeiro, pero non vin a Angela Merkel queixarse cando en España compraban os Audi e os BMW de dous en dous.
Comentario por Segis (21-07-2012 12:50)
4 http://www.noticiasdenavarra.com/2012/07/13/economia/con-el-40-#blgtk08#de-las-fortunas-de-los-ricos-se-pagaria-toda-la-deuda-del-euro-
Comentario por Xan (21-07-2012 12:51)
5
Una lucha de versus para acompañar a mi #14:

1.1- congelar pensiones = + 1.200 millones de euros
1.2- bajada impuesto de sucesiones = – 2.552 millones de euros

2.1- recorte en sanidad = + 7.000 millones de euros
2.2- reducción Impuesto Sociedades a empresas con facturación > 150 mill.€/año = – 5.600 millones

3.1- copago sanitario = ¿?
3.2- deseable aumento de impuestos a las SICAV = ¿?

4.1- aumento del IVA = ¿?
4.2- deseable aum#blgtk08#ento el impuesto de Sociedades al 35% para empresas ganen > 1 mill. €/año = – 14.000 millones

5.1- destrucción de puestos de trabajo en servicios públicos = ¿?
5.2- deseable impuesto a las transacciones financieras = – 5.000 millones

6.1- cargarse estados del bienestar gestionados por las CCAA = ¿?
6.2- deseable reducción de la economía sumergida diez puntos = – 38.500 millones

Y nada, que poco más se me ocurre: ¿¿¿SALIMOS A LA CALLE Y EMPEZAMOS EN SERIO???
Comentario por Otra politica..... (21-07-2012 12:52)
6


pódese pór peor, moito peor.

hai moito marxe no prezo dos chales,
moitos#blgtk08# coches que resituar,
moitos intereses que cadrar,

pode seguir sen chover?

en fin.
Comentario por Picato (21-07-2012 12:55)
7


O meu avó sempre dixo que a grandes males grandes remedios, e que morto o can acabouse a rabia. Se o problema é a débeda, decídese non pagar, e fin do problema. Vale que entón ninguén nos volverá a prestar, pero ese é outro asunto. Se o problema é Europa ou o Euro, nos piramos e punto. Se o sistema político está podrecido, pódese ir a un proceso constituínte. O peor non é iso. O peor é que o podrecido sistema político é fiel reflexo da podrecida sociedade á que representa. E iso non se arranxa nin deixando de pagar a débeda, nin pirándose do euro, nin reconstituyendo o país.

E o resto do mundo tampouco está moito mellor. Vivim#blgtk08#os nun mundo podrecido, cunha crise demográfica terrible, unha superpoblación insostible, e unha profunda crise de valores, moito peor que calquera crise económica. E aínda por riba, temos ao virar a esquina unha crise enerxética asomando a cabeza.

Así que sinto dicirvos que non hai solución. Poderiamos intentar formatear o planeta e empezar de cero: unhas bombas atómicas aquí e alá, reducir a poboación mundial a uns poucos centos de miles de persoas e confiar en que o seu desenvolvemento futuro non lles volva a conducir a algo parecido á situación actual. O que vén sendo unha terceira guerra mundial, vaia. E se cadra non a temos tan lonxe como cremos.
Comentario por Rosa (21-07-2012 12:56)
8 Sí que hay alternativas y sí que hay dinero

http://#blgtk08#blogs.publico.es/vicenc-navarro/2012/07/20/%C2%A1si-que-hay-dinero/
Comentario por Covas (21-07-2012 12:57)
9 Un aplauso para Rosa (nº7), totalmente dacordo co teu pensamento. Menos mal que algén deixa de enredarse e entretenerse coas noticias diarias dos medios de comunicación (Prima de risco, Urdangarín, Gurtel, Ax#blgtk08#encias de calificación, Belén Esteban, etc.) e entra en maiores profundidades sobre a sociedade actual. Os cidadans perdemos tanto o rumbo que xa non sabemos ver mais aló de 1cm. de diante dos nosos fuciños.
Comentario por Sempre contigo (22-07-2012 09:22)
10 O peor é a corrupción sindical e dos partidos de e#blgtk08#squerda. Si non fosen corruptos isto non pasaría.
Comentario por Reflexión (22-07-2012 10:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal