A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O VERAN E OS VERANEANTES
Como fai unhos días entrou o verán e o mundo móvese como o molinillo dunha batidora, vou falar dun tema instranscendente: Os veraneantes. O
verán é verán cando dentro e fóra de ti coinciden as estacións. Hai invernos que xean as campas e montañas e que ti recordas como os máis cálidos días da túa existencia; tamén hai veráns que no medio da canícula e a calor máis sufocante ficarón xeando o corazón.
É certo que a cor dos días pode cambiar a intensidade da nosa propia mirada, e que para un galego do norte nordesio as mañás azuis son máis evocadoras e necesarias que eses plúmbeos e escuros amenceres nos que non se albisca a luz por ningunha parte.
Unha vez recuperado o alento grazas ao tino ( ou ao medo) dos gregos intento esquecerme de Dona Crise (por que será un termo feminino) e volver aos asuntos cotiáns, á micro realidade, que é o que me gustatamen en veran. Vamos falar do que se enrola a xente en estio. Podemos Rírnos pondo exemplos dos prólogos interminables que damos por estos lares cando nos fan unha pregunta. Dinnos: fai frío? e nós remontámonos ao pleistoceno antes de chegar ao quid da cuestión: Non, non fai frío, respondemos ao fin, cincuenta miunutos despois co noso interlocutor ao bordo dun ataque de ansiedade.
Polo que contan os médicos son unha das profesións que máis sofren a incontinencia verbal, en realidade, e soio un síntoma da necesidade que temos todos de que nos escoiten.
Escoitarnos uns a outros quizais sexa un bo medicamento para estes tempos de desazón. É unha solución barata e sinxela e parece rendible. Xusto o que necesitamos: cousas baratas que sexan efectivas.
O verán ten sabor a sandía e conserva o cheiro de todas as praias nas que un xogou a nosa nenez. Chegados aquí só quédanos desexarnos sorte para que podamos vivir esta estación tan necesaria coa mesma luminosidade case interminable que xa teñen as tardes. Por máis que queiramos vivir á marxe da natureza, nós, coas nosas caídas e as nosas euforias, non somos máis que estacións de paso, veráns, outonos, primaveras e invernos que van cambiando a cor das nosas paisaxes. Hai días en que levantaste estival e outros días que necesitan a caída dalgunhas follas para poder renovar esa árbore que só aspira a manterse en pé e a seguir ofrecendo boa sombra a quen se achegue a buscala.
Otero Regal
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-06-2012 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Don Crise, Don Crise, semp#blgtk08#re con a misma baina.....
Comentario por Rego (02-07-2012 15:11)
2 Aqui o que fa#blgtk08#lta e sol...
Comentario por Marisa (05-07-2012 08:36)
3 Preciosa#blgtk08# a foto.
Comentario por Basanta (05-07-2012 08:36)
4 Jo, y cuando empecé a trabajar para la administración pública pensé "un trabajo donde no das u#blgtk08#n palo al agua y fijo" pues nada de eso, ni fijo y ni se para de currar ni un momento, jo!!!!
Comentario por Contratado (08-07-2012 20:46)
5 Dura realidad: Tirando a blanquito, simpático cuando no me to#blgtk08#can las narices y un estresao que si para le da un patatús.
Comentario por Mero (08-07-2012 20:47)
6 Dedico el verano a construir vida, el resto del año me paso hacie#blgtk08#ndo reparaciones y mantenimiento. No sé que es más importante...
Comentario por Foriato (09-07-2012 13:23)
7 Sería vo pra todos, que non se "firmasen" artigos ou opinións, en nengún blog,somentes co apelido, (Rodriguez, Gomez, Perez etc.etc.)pois da lugar a dudibas entre os lect#blgtk08#ores, sobor do verdadeiro autoa do comentario.
O anonimato, non pode implicar confusión a terceiras persoas, que teñan apelidos iguales, os do anonimo "firmante".
Comentario por Nordés (16-07-2012 12:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal