A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS MAIS FANTOCHES E INCAPACES
Eu non creo na xustiza e síntoo moito, pero é a verdade. A interpretación sempre subxectiva duns señores que se chaman xuíces, atérrame, coñecín a verdadeiros imbéciles que eran e son xuíces, imbéciles e cretinos hainos en todas as profesións pero saltan máis á vista no caso dos xuíces. E levo unha seman cabreado, moi cabreado, pois mentres o Consello do Poder judicial, recomenda cerrar dous dos xuzgados do norte de Lugo e centralizar todo en un, que como sempre son unhos enchufados, Fraga, Rouco…ira para Vilalva cerrando Mondoñedo e Viveiro, seique para aforrar persoal e cartos e mentras tanto o seu presidente Carlos Divar gasta do erario do estado, pagado cos nosos impostor nas suas “correrias” en hoteles de 5 estrelas de Masrbella.

Norbert Elias no seu estudo sobre “O proceso de civilización”. Da conta de como ao longo dos anos foise construíndo o canon de modos e xeitos que había que imitar para parecer civilizado: desde a vestimenta ata o comportamento na mesa, o xeito de andar ou de tomar café. Hoxe, a forma sen contido caracteriza ás forzas vivas da nosa sociedade: uns líderes que só aparentan ser quen din que son.

Así, o ministro Wert, un don ninguén en Sociología, pontifica a diario con gran desenvoltura sobre as necesidades educativas de España, ata o punto de ruborizar aos reitores españois. Esperanza Aguirre elévase a experta mundial no liberalismo de Adam Smith, ao que probablemente non leu na súa vida. Carlos Dívar, que debería ser o custodio da legalidade española, ampárase na xustiza de Xesucristo para desdeñar a terreal. As lumbreras que rexen TVE claman pola liberdade para informar á vez que baixan o volume da pitada ao himno nunha retransmisión onde a noticia era xusto esa. O Rodrigo Rato, que se sacou o doutoramento en Economía sendo ministro (¡ai do tribunal que o suspendese!) e ascendeu aos altares dos expertos económicos, dos que non descendeu aínda que deixe Bankia feita unha trapallada.

"Vivir por encima das nosas posibilidades" é habernos deixado gobernar polos máis fantoches e incapaces, amparados por uns medios de comunicación que se traizoaron a si mesmos e a todos nós pola súa alianza co poder. Un malgaste imperdoable que ningunha democracia pódese permitir. E mentras tanto nos quedaremonos sin xuzgados e teremos que ir en perigrinaxe a pedir justicia, de aquela maneira ata a Terra Cha.
Otero Regal
PD: Si querem vostedes amables lectores leer todos os dias mais articulos meus ou selecionados por min do trascurrir diario deste pais, paisaxe e paisanaxe poden facelo en Facebook.. teñen que facerse amigos de Alfonso Otero Regal.
Ali os espero sin deixar de facelo aqui.
Graciñas de anteman.
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-06-2012 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Pais de pandereta.

O Sr. Ricardo Varela, diplomado en traballo social e cobra 6.200€ o mes, encima ahi algún que se atreve a decir que e#blgtk08#n España os políticos non están ben pagados.
Os políticos estanos a ROUBAR.
Que unha persoa cun CV así cobre estes cartos é ESCANDALOSO.
Comentario por luis (07-06-2012 09:59)
2


Con Zapatero non había crise e con Rajoy non hai rescate.
#blgtk08#
E que pensan os europeos que será o seu diñeiro o que rescate aos bancos españois?
Comentario por Basanta (10-06-2012 17:51)
3


Unha pregunta boba, se privatizan a sanidade, e logo de semirregalarles hospitais e infraestruturas, cando esta#blgtk08# crebe (que crebará), virá o estado a rescatala?

Outra Bankia pero elevada ao cubo?

¡Vaia futuro espéranos!
Comentario por Enfermera (10-06-2012 17:54)
4
” Manuel Lamela, ex consejero de Sanidad de Esperanza Aguirre en el Gobierno de Madrid”

Por si #blgtk08#a alguien se le ha olvidado quien era este hijodeputa

http://quemeatiendamontes.wordpress.com/
Comentario por Madrid (10-06-2012 17:56)
5
Estoy en contra de la privatizaciones, pero también en contra del mamoneo en el sector público.

No podría haber una fórmula mixta, como “mamociones” o “privaneo”?, porque si privatizas introduces la gestión privada, que desde el punto de vista organizativo está bien (hay que justificar cada gasto), pero también esconde la es#blgtk08#peculación y el regalo a los amiguitos de los bienes públicos.

Al final se está haciendo todo al revés, porque el origen de las ineficiencias del sector público se deben a cómo funciona realmente el sector público: “dinero para gastar de presupuestos” + “0% de ahorro” + “no se incentiva ni la eficiencia ni la productividad”.
Comentario por Ferré (10-06-2012 17:57)
6 A veces penso que nos gobernan os personaxes dos Simpsons:
http://pal#blgtk08#abradehomer.blogspot.com.es/2012/06/estamos-gobernados-por-los-simpsons.html
Comentario por Pepe Carrasco (10-06-2012 17:58)
7 "Un presidente que minte e lárgase a ve#blgtk08#r un partido de fútbol, ten que irse xa
Comentario por Pachi (10-06-2012 17:59)
8 A subida do IVA chamalle subida de impostos indirectos. As mareas negras chamaballes manchas ou Hilitos. Logo que espera a xente como chamar ao rescate, pois iso, "p#blgtk08#restamo en condiciones ventajosas". aDEMAIS DESPOIS CHoran porque en Francia nomean España como pais calamitoso. Despois eles din que non son Portugal e Grecia
Comentario por Rias baixas (10-06-2012 18:02)
9 Seica non temos nada que dicir, pois están decidindo por nós, sen consultarnos se queremos ou non queremos v#blgtk08#ivir hipotecados o resto das nosas vidas...? alomenos teremos dereito aínda a falar do que vemos e sentimos
Comentario por Gamela (10-06-2012 18:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal