A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ESTA TERRA DEPRIMEME
Vas medrando e pensas que é normal, todo o mundo mira por se mesmo, e en todos os países cocen fabas. Un alcalde rico da noite para a maña cun BMW non é para tanto. O caso, que che vas desembarcar na vida, como unha persoa normal, de ben, e non ves o xeito de esquivar as hostias. Poñense e costa arriba as cousas, ves que non cambia, que o pandeiro está aí, que é un mal endémico, aceptado e compartido por todos. “É o que hai”. Total, todos os políticos son iguais, nada vai cambiar, se eu estivese arriba tamén o faría, e o que non pilla cacho é que porque non pode e bobo o último. Todos faríano e eu vouno a facer.

Xa pensas por ti mesmo, e dástehe conta que é mellor non pensar. Pór a tele é un suplicio, Non é que as noticias sexan malas, ou o aceptas ou pegaste un tiro, inaguantable. Normalizas o esperpéntico.. O atropelo continuo. Barbaridade por barbaridade tras barbaridade. E todos sorrín. E o tu encabronaste. E todo segue igual. E nada cambia. E mañá fútbol.

Votas cada catro anos, poste a camisa de cidadán por un día, e vas ao teu, molestando o menos posible, porque che gañaron. Porque eles están preparados e saben manexar as cousas. Iso ou loita continua, cabreo continuo, porque o teu país deprímeche. As trescentas mentiras por día consómenche. O mesmo estás tolo. O outro día enviáronxe unha carta, casi 40 anos cotizados, e só píden un esforzo máis, que arrimes o ombreiro un pouquiño, que pagues catro cafés. Só é disuasorio. O gratis total tense que acabar. Un goberno que mente non ten lexitimidade, ¿contároncho na escola?. Tampouco un que tapa as mentiras con máis mentiras, que non dá a cara, que goberna por detrás. Traballan para nós pero teñenos medo. Parece que lle estean pondo a un continuamente a proba a ver canto pode aguantar, a ver cando salta, a ver cando di: Pero de verdade non imos facer nada?. Nunca? O noso deber contra os ataques e despropósitos é reaccionar, pero esta terra deprímenos e non imos facer nada. Aínda non empezaches e xa che venceron.

O paro está collendo visos de traxedia. Rapaz os teus estudos, a túa carreira e o teu máster vaschos a comer con patacas afritadas nun McDonals. O esforzo e as ganas van ser pisoteadas por catro castrons e millóns de palmeiros pasivos que van ao son, ríndolles as grazas, tan ou máis culpables que eles, que o problema non vén só de arriba.

A prosperidade económica non foi acompañada de prosperidade social, de prosperidade mental. Había diñeiro e idiotas. Agora só quedan os idiotas. Idiotas e covardes con medo a facer nada. Preocupábannos menos as cousas porque nos ía ben. Agora co futuro manchado de negro non nos queda nada. E coa mente abotargada, aparvada, envilecida e asustada as posibilidades de reacción tenden asintóticamente a cero. Sorte co que nos queda.
Otero Regal
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-05-2012 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Mais razon que o San Roque de a monta#blgtk08#ña que vixila os sonos dos de Viveiro
Comentario por Covas (02-06-2012 20:15)
2 A min gustame esto:A prosperidade económica non foi acompañada de prosperidade social, de prosperidade mental. Había diñeiro e idiotas. Agora só quedan os idiotas. Idiotas e covardes con medo a facer nada. Preocupábannos meno#blgtk08#s as cousas porque nos ía ben. Agora co futuro manchado de negro non nos queda nada. E coa mente abotargada, aparvada, envilecida e asustada as posibilidades de reacción tenden asintóticamente a cero. Sorte co que nos queda.
Comentario por Rosa (02-06-2012 20:16)
3 Patriotismo maltratador nivel la maté porque era mía.Li#blgtk08#stos para salir en los crímenes ejemplares de Max Aub.
Comentario por Fran (02-06-2012 20:18)
4
A Historia xa nos debería ensinar que é o que pasa en Europa cando os alemáns sóbense á #blgtk08#parra, e que é o que pasa en España cando a dereita faise moi amiga dos alemáns subidos á parra.
Comentario por rias baixas (02-06-2012 20:19)
5 La estrategia del PP durante estos años ha sido dinamitar el país ¿Nadie se acuerda de la declaraciones de Aznar y sus adlateres?

El PP siempre ha buscado que el rescate se produjese en la legislatura de Zapatero. Pero Zapatero, que parecía tonto, se la jugó. Viendo el pufo que dejaban las comunidades del PP, a posta, y la que estaban p#blgtk08#reparando en cajas como Bankia adelantó las elecciones y ahora el rescate se le presenta a Nianoniano.

De verdad que yo pensaba que ZP era tonto, pero al final va a ser más listo que estos canallas. Bueno, pero no tan listo como Espe, que va a ser la próxima sucesora de Mariano el breve.

¡Qué lista la condesa de Murillo!
Comentario por Madrid (02-06-2012 20:20)
6
A soberania é do pobo. Pensan que nola poden quitar, ou regalar a outros, e acabar coa democracia. Entón o p#blgtk08#obo se cabrea e recupéraa. Asi foi sempre: esa é a alternancia entre democracia, e fascismo e outros totalitarismos..
Comentario por Basanta (02-06-2012 20:22)
7 Canto máis miro a nianoniano dajoy e ao seu gabinete e analizo os seus comportamentos gestuales, máis acabados véxoos.
Pero#blgtk08# é que a análise do comportamento gestual da oposición dá menos ou peores esperanzas.
Todo isto non chega ao Corpus . BANG
Comentario por Foz (02-06-2012 20:23)
8 Desde hace ya meses, cada vez que alguien del Gobierno habla delante de la prensa, la imagen que se me viene a la cabeza es la de un niño con la camisa llena de migas, la boca ma#blgtk08#nchada de chocolate, y diciendo con cara de no haber roto un plato: “yo no sé qué ha pasado con las galletas”. Es una pena que el BCE no sea tan comprensivo como una buena madre.
Comentario por Maria (02-06-2012 20:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal