A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PASA O QUE PASA, DIN O QUE DIN E FAN O QUE FAN
Pasa que os mariñans parece que non somos deste mundo. pasamos a seman máis convulsa da economía, estivemos a piques da intervención, aprobamos o maior recorte da historia e nós seguimos de pontes, congresos políticos triunfalistas, de concertos con figuras enxebres e indo de churrasco e queimada a o verro ancestral de “Corre carmela que Chove”.
Pese a quen pese, da negrura da nosa pelexa coas contas correntes, aínda nos quedan cousas das que poder gozar, aínda que no recóndito inconsciente renaza o xuíz implacable e invisible que nos espolea e fainos presentes aos miles de parados que quedan fóra dos nosos exquisitos circuítos culturais.
Mentres tanto seguen a decir o que din: Para o Goberno de Rajoy, a Sanidade, a Educación e a Función Pública son os tres principais lastres do país e as causas do déficit español. Segundo a retórica oficial, os estudantes aprovéitanse dos contribuíntes,que veñen ser os seus propios pais traballadores, pois os ricos xa foron amnistiados-, coas bolsas. A Sanidade está en ruínas porque se atende a inmigrantes sen papeis e porque os anciáns abusan do sistema amoreando optalidones. E os funcionarios afundiron ao Estado porque se pasan o día tomando cafeiños e lendo o xornal.

E fan o que fan: Os partidos colocaron no poder xudicial aos seus amigos que gozan de "semanas caribeñas", isto é, traballan tres días e libran catro e cando se aburren, vanse a Marbella con cargo aos orzamentos públicos. Colocaron á fronte de Bankia a un señor que cobra millóns, contribúe ao afundimento da entidade, dimite, indemnízaselle, colócase a outro que xa cobrou -por adiantado- unha pensión de máis de 50 millóns-, e o novo experto conclúe a súa análise de profundo calado intelectual cun "rescátennos con diñeiro público".

Entón, chega o barómetro do CIS e constata que os cidadáns senten alleos aos seus representantes políticos. Non confían nin nos que gobernan, nin na oposición, e ningún ministro aproba. A continuación, saen os portavoces e achacan os datos a unha mala política de comunicación. Dino en serio, aínda que pareza unha broma: ninguén soubo comunicar ben o que a primeira ollada se ve, no mellor dos casos, como un desastre provocado por inútiles , eso si, con traxes de marca.
Otero Regal
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-05-2012 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Coma sempre estás moi atinado.

A dereita esta aproveitando esta crise para facer un modelo social a sua media, cambiando o que temos por que nunca lle gustou e busca un no que o público sexa de mínimos e teña que complementarse con sistemas privados. Así voltaremos a que estudien os fillos dos que teñen cartos, que certas operacións as fagan os que teñan cartos, e que volvamos a épocas onde certas cousas eran privilexios dos que tiñan cartos.
A derita quere cidadans sumisos e sen criterio e sabe que a educación da liberdade, por iso se recorta.
Non negarei esta crise, pero estou case seguro de que todo non é tan negro como no lo queren poñer, e en base a iso ter unha coartada para facer recortes.
A dereita enganou a moitos que a votaron pois está a facer o contrario do que xurou e perxurou que non faría, por iso eu digo que é un goberno pseudolexítimo e mesmo debería de pensar en facer novas eleccións, pois agora a xente s#blgtk08#e pode valorar ben as opcións. Xente como o Sr. Wert mesmo cambiou a sua imaxe de contertulio moderado a persoaxe da extrema dereita.
En base as inversións que temos ei de dicir que temos unha universidade de calidade, se ben é certo que faltaría parte practica, convenios con empresas..., o que é certo é que a xente sae moi ben formada. O que pretenden é desprestixala para facer os seus recortes en base a mentiras.
O mesmo poderíamos decir da sanidade, pretender poñer un sistema donde a asistencia sanitaria non sexa un dereito señon que sexa CARIDADE, queren darnos un carné para que o ir por ahí indiquemos o noso nivel social e económico, en fin, podería seguir e seguir...
Espero que a xente desperte e que paremos isto, tomenos nota en Galicia do que fixeron andaluces e asturianos, é tomenos nota os socialistas de que non podemos estragar as oportunidades que temos de facer unha sociedade libre e PÚBLICA cando temos ocasión de gobernar.
Comentario por socialista (24-05-2012 11:31)
2 Por certo, parece que esa xente de dereitas que soia op#blgtk08#inar neste blog case a diario de súpeto quedouse muda.
Comentario por socialista (24-05-2012 11:32)
3 Parece que vivimos la inercia del movimiento que el PP impulsó cuando estuvo en la oposición: “cuanto peor mejor”. No queda nada que no esté peor desde que entraron a gobernar excepto una cosa: la clase política. Ésta ya no podía estar peor de como lo estaba.

En este caldo de cultivo ya sólo nos queda esperar a que la cosa comience a fermentar y termine por descomponer de una vez a esta inefable derechona que se dice moderada de centro pero que ni se desvincula de la Iglesia y tampoco condena la dictadura ni el franquismo. Están tocadas todas las instituciones del Estado: Corona, Justicia, Parlamento sometido a dictadura de una mayoría absoluta con menos votos que la minoría que gobernó anteriormente, Ejecutivo destrozando la cohesión social mediante los recortes de los servicios sociales y privilegiando a los más chorizos del país, Banco de España desautorizado y el futuro, la ju#blgtk08#ventud, sin expectativas. De exteriores mejor ni hablar

Sólo falta la clase política, la responsable de todo lo anterior. Ha llegado el momento de decirles a los del PP que se vayan por las buenas y cuanto antes por su bien y el de todos. Me da que no está muy lejos el momento en el que el PP salte por los aires dada las presiones externas y el descontrol y falta de coordinación crecientes que se va percibiendo en el interior. Hoy no ganarían las elecciones y lo saben, la herencia no les justifica, es más se empieza a ver que la herencia la habían acumulado ellos (Madrid, Valencia, Baleares).

Pues eso, “cuanto peor mejor”: dimitan y convoquen elecciones, el 70% de la gente ampoya el 15-M y este ha demostrado que sabe lo que hay que hacer y de manera muy civilizada, lo que jode a unos pocos que son los que mandan.

NO HAY PAN PARA TANTO CHORIZO.
Comentario por Madrid (26-05-2012 09:09)
4 Bueno, al fin y al cabo solo es otro caso Made in Spain.

Nuestra única industria es la de la corrupción. Pro#blgtk08#ducimos corruptos a una velocidad despampanante.

Fíjate que ni los Chinos pueden mejorarnos en eso.
Comentario por Lola (26-05-2012 09:10)
5
¡Que se vaian todos á puta merda! E se unha persoa equivócase ao facer a declaración da renda e en lugar da devolverlle 1200 euros téñenlle que devolver 1100 envíanlle unha carta na que pon en maiúsculas: Debido a que vostede #blgtk08#intentou estafar á axencia tributaria, bla bla bla.
intentei estafar a facenda por 100 euros e esta panda de asquerosos gástase o noso diñeiro no que lle dá a gana e vanse de rositas.
Cada día estou máis asqueada de todo.
Comentario por Ada (26-05-2012 09:13)
6
Nestes meses o facherío deixou claro que cando pode pásallo todo p#blgtk08#olo forro dos collóns. Son dez millóns, que non se lles esqueza aos demais.
Comentario por Anton (26-05-2012 09:14)
7 Y no pasa nada …. Abusos tras abusos y no pasa nada. Habrá gota que colme el vaso? Los españoles tuvimos que esperar a que la naturaleza nos quitase a Franco, para que viniera la democracia, esta “supuesta” democracia. Merecemos estos a#blgtk08#busos? Si los permitimos, probablemente si los merecemos. Cuando no tengamos nada que perder, será cuando salgamos a las calles con la absoluta determinación de cambiar el sistema o morir en el intento, y quizá, sea ya demasiado tarde.
Comentario por Oscar (26-05-2012 09:17)
8 xa non e cuestión de dereitas ou esquerdas...a un ciudadano normal, fanlle una revisión en hacienda que lle ven dada con dous números decimales, y hay de ti como te equivoques, o mesmo grupo de auditores revisan grandes bancos, caixas e demais e bailan números de Billóns de euros, ex Bankia, y todo por consideracions políticas de uns e outros, a nos analizannos a prima de risco tan a fondo, que limitan créditos de subsistencia, ment#blgtk08#res que para inversións moi cuestionables como aeroportos en aldeas, ou macroobras en puebliños aparentemente teñen todas as bendicions para prestar os cartos que non temos...a conclusión para min é a mesma, a clase politica e xestora que temos tanto no estado como nas comunidades y axuntamentos non pasa ningún minimo criterio de eficiencia e moito menos de responsabilidade, mentras non sigamos a senda de Islandia seguiremos igual,
Comentario por Fran Garcia (29-05-2012 12:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal