A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

...A NAI QUE OS PAREU¡

Vas pola rúa e ves á xente con caras serias, de preocupación. Imos refunfuñando, derrotados. Tanto tempo escoitando que vamos de cranio, acotío, é normal que acabe por facer madeixa. E máis cando ves que Bankia, a "prima"de risco, Grecia e mil puñetas máis xustifican tanto pesimismo.
Hai quen se deixa vencer e xa está. Pero, por fortuna, hai quen aínda ten arrestos para rirse e elevar, de paso, a moral do próximo. Por iso, o xoves tiven a sorte de recibir un enlace cunha noticia do Mundo Today, ese portal que se toma a chirigota a actualidade con moito sentido da intelixencia.
A peza di o seguinte: «Os ministros de Economía da eurozona alcanzaron o pasado venres un consenso para pór fin á crise e concienciar á poboación de que a situación económica actual non pode continuar. É imposible seguir nesta crise coa recesión que hai, dado que as arcas dos países europeos non están para dispendios. ?A crise de 2011 saíu moi cara e non está claro que poida manterse para todo 2012. Levamos anos vivindo unha crise que non podemos permitirnos, está por encima das nosas posibilidades e xa non queda diñeiro para seguir facéndoo?, explicou o ministro Luís de Guindos aos medios españois». Ou sexa, o que queira crise, que lla pague cos seus recursos, que os nosos están xa máis que afectados.
Porque vale que teñamos os petos baleiros, que as nosas contas correntes estean peladas e que os aforros gardados baixo a almofada estean en números raquíticos. Pero, unha cousa é a crise material e outra son as ganas de seguir adiante con decencia, ganas de mellorar e dar con alternativas. E neste segundo escenario pouco cabe dicir por Merkel, Rajoy, as axencias de cualificación e a nai que os pariu. Máis que nunca, a mal tempo, boa cara.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-05-2012 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Plantar cara os especuladores.

E digo eu, se a prima esta de risgo está sobre os 500 puntos, ¿Por qué a compran?, suponse que se a prima sube a posibilidade de reembolso e menor, ou non será que en realidade a prima e pequeniña e o que queren e sacar tallada coma de costume.
En tódalas crises sempre gañan os mesmos, e sempre perdemos os de sempre.
Rajoy & company son unhas comparsas que non saben impoñerse.
Paises como España, Italia, Portugal... deberían de ter unha postura común frente os mercados, plantexar uns novos niveis de deficits que non nos afoguen e permitan inversión pública que é a única forma de xenerar emprego, ademais de forzar os bancos a que cumplan a s#blgtk08#ua misión de prestar cartos a xente que para iso llos prestamos nos a eles.
É de vergoña que lle teñamos que prestar 7500 millóns a Bankia e que o Sr. Rato cobre unha indennización de 1,2 millóns de euros.
Mexan por nos e queren que digamos que chove.
Sr. Rajoy deíxenos en paz, non nos arruine mais, non desfaga a nosa educación, a nosa sanidade. Porque non recorta fusuinando concellos, fixando soldos de alcaldes, limitando a un soldo os políticos, suprimindo deputacións, recortando diputados, suprimindo o senado, facendo que paguen os grandes ricos, suprimindo misións do exercito no estranxeiro, etc etc.
Pero claro iso a dereita non lle interesa. Aqui que paguemos os de sempre.
Comentario por socialista (22-05-2012 11:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal